Amosando publicacións coa etiqueta MAGOSTO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MAGOSTO. Amosar todas as publicacións

martes, 12 de novembro de 2024

MAGOSTO

 Polo San Martiño, magosto no Resío.

Fermoso día de festa, e convivencia. Grazas as familias colaboradoras, sen eles este Magosto non sería posible. 

Unha mañá que comezou con obradoiros nas aulas e que logo dun pequeno tempo de lecer, a rapazada gozou de diferentes obradoiros interniveis. 

TIRO DE CORDA 

PEÓNS


CARREIRA DE SACOS

 

ZANCOS

 

UNHA FERMOSA CASTAÑEIRA

 

E COMILONA DE CASTAÑAS ENTRE AMIGOS




Preme na seguinte ligazón para gozar coas imaxes da festividade. 

Os máis cativos, gozaron de:

CIRCUÍTO DE CASTAÑAS


TRAGACASTAÑAS

 

 


 

VARRECASTAÑAS 


DEBUXAR O MAGOSTO 

Logo, papamos moitas castañas! Que día máis divertido!



venres, 11 de novembro de 2022

MAGOSTO

 

Logo de moitos días de preparativos, hoxe a escola festexou a festividade de benvida do outono, coincidindo coa celebración do día de San Martiño.

 

Nesta festa, a castaña é a gran protagonista. No Resío, levamos moitos anos tentando manter vivas todas as nosas tradicións, polo que preparamos moitas actividades e obradoiros para celebralo. Tivemos tamén música, e reparto de castañas, grazas a aportación familiar e GRAZAS a colaboración da ANPA, que mercou nada máis e nada menos que 25 kg, para que todos e todas, poidesemos gozar de novo dun MAGOSTO ABERTO ÁS FAMILIAS. 


TEMPO DE LECER

CARREIRAS DE SACOS


BILARDA

A CORDA

A ESCOBA

ZANCOS

PEÓNS

ESCOBA





 

Presidindo a festa estaba, coma sempre, a nosa castañeira, que con esta festa de orixe Celta  nos lembra a chegada do outono e como non do "veraniño de San Martiño", polo que nesta xornada de festa gozamos de moi bo tempo.

Nas aulas, prepararon os cornetes, e traballaron unha unidade didáctica do magosto, mentras tanto, as familias colaboradoras, ataniscaron castañas, prepararon o asador, e estiveron toda a mañá traballando para que todos gozaramos deste rico alimento. GRAZAS.

Deixamos unha mostra do ven que o pasamos na seguinte ligazón.

https://photos.app.goo.gl/CMBknv3dXm1T3gf46

 




mércores, 17 de novembro de 2021

MAGOSTO 2021

 

O pasado venres día 12 celebramos na escola o MAGOSTO!

Esta festa tradicional unida ao bo tempo e as ganas de troula fixeron que todo saíra estupendamente!

O primeiro que fixemos foi montar a castañeira.

 

Moitas grazas ás familias e ao noso porteiro,  Carlos,  polas saborosas castañas.

E parabéns a toda a rapazada polo seu comportamento!

Fixemos obradoiros nas aulas, xogos populares no patio e compartimos unha estupenda merenda de castañas. Logo deixamos todo recollido.



Aquí vos deixamos un resumo en imaxes desta fantástica xornada!

Tamén fixemos un programa de radio especial. Aquí tedes a ligazón.

martes, 12 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

Preme na imaxe para gozar con todas as fotos do evento
Hoxe tivo lugar a tradicional festa do magosto. O alumnado durante as dúas primeras sesións estiveron cos seus titores para traballar aspectos culturais e tradicionais da festa. Namentras, uns entusiastas colaboradores axudaron a ataniscar ou amosegar as castañas, facer os cornetes e preparar a zona de traballo da Señora Maruxa, a castañeira.


 Dúas grandes axudantes tivo Señora Maruxa, Emma e Alba, traballaron arreo para que todo estivese a punto. O asador non tivo parada.
 Mentras tanto o alumnado, dividido por etapas, gozou de distintos obradoiros. En educación infantil, debuxaron o magosto, xogaron ao tragacastañas, fixeron un circuíto de castañas e estiveron nun obradoiro de pintacaras.

En primaria,  fixeron carreiras de sacos, tiro de corda, peóns, castaña na fronte, billarda, Zancos, Golf-castaña e o Rap do Magosto.
Por mor da choiva todas as actividades foron no interior.


Rematados os obradoiros, tocou papar as castañas e bailar. 
Se premes na imaxe poderás ver fotografías da etapa de educación infantil

Grazas a todos este Magosto foi posible!

martes, 13 de novembro de 2018

A GRAN FESTA DO MAGOSTO

Un marabilloso día de sol reinou hoxe na festa do Magosto. Rapaces, mestres, pais, nais, avós, avóas,. . gozaron dun día de xogo e diversión.
Os xogos tradicionais, encantáronlle ao noso alumnado.



Unha fermosa castañeira acompañounos na festa.


Se queredes gozar das fotos do día de hoxe, so tedes que premer na imaxe.

https://photos.app.goo.gl/5LgueYf1ywebJAJw6



domingo, 19 de novembro de 2017

A FESTA DO MAGOSTO

Unha celebración con moito arraigamento na nosa terra: O MAGOSTO.
Excelente a actitude das familias que achegaaron o seu entusiasmo e bo facer nos obradoiros.
O primeiro obradoiro, ataniscado de castañas na sala de mestres. As familias revisaron as castañas que trouxeron os nenos e nenas da súa casa e amosegaron os 25 kg. de castañas doados pola Anpa.
Logo, preparación do espazo para o asado. Houbo que trasladar os asadores, a leña e preparar a zona para evitar riscos co alumnado.
O seguinte obradoiro consistiu nun traballo de pintura e o último foi, converterse en verdadeiros castañeiros e castañeiras.
Sen esquecer o APOIO dado nos distintos obradoiros nos que participaron os nenos e nenas.
Estupendo o voso traballo! Grazas por colaborar cos mestres e cos alumn@s e facer posible esta actividade!
 
https://photos.app.goo.gl/eTy0JBVMMVkCldU72
SE PREMES NA IMAXE PODERÁS VER E DESCARGAR FOTOS DO MAGOSTO
 Logo foi a quenda dos nosos alumnos, que organizados en grupos cooperativos desenvolveron diversos obradoiros. Se queres ver como o pasaron, preme na imaxe de abaixo.

https://photos.app.goo.gl/byDSoziss8tudwIg2
MÁIS FOTOS DO MAGOSTO


"A horta en outono mantén o seu dono"

 "Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"
 "A horta do San Martiño ten para el e mais para o veciño".

xoves, 9 de novembro de 2017

MAGOSTO 2017

TEMOS TODO PREPARADO!
Mañá, venres día 10 de novembro, celebraremos a festa do MAGOSTO, coa colaboración das familias.
O alumnado está a traer unha manchea de castañas ataniscadas e leña, que xunto coa grande achega da ANPA, facilitará a organización da festa.
De nove a once, o alumnado estará cos seus titores nas aulas, levando a cabo actividades didácticas relacionadas con esta celebración. Logo do tempo de lecer, están programados os obradoiros da RECOLLEITA DAS CASTAÑAS
 O alumnado en grupos colaborativos de distintas idades realizarán catro obradoiros simultáneos:


Preme na imaxe
  • CARREIRAS DE SACOS
  • PEÓNS
  • TIRO DE CORDA
  • REMUDA DE CASTAÑAS
  • BILLARDA
  • RAP DO MAGOSTO
  • ZANCOS
  • GOLF-CASTAÑA
  • PESCAR BOTELLAS
  • CIRCUÍTO DE CASTAÑAS
  • TRAGACASTAÑAS
  • DEBUXAR O MAGOSTO 



Todas estas actividades acompañados pola nosa castañeira e na compaña dos pais/nais/colaboradores nas tarefas de ataniscado, obradoiros e asador.

Ás 13h. as portas da escola estarán abertas para as familias que queiran participar do Magosto da escola.
 

mércores, 8 de novembro de 2017

NA ESCOLA TEMOS UNHA VISITA

Hoxe, chegadas ás dúas da tarde, os nenos e nenas de primaria tiñan a unha persoa esperando a saudalos.
Sabedes quen é?

sábado, 12 de novembro de 2016

O NOSO MAGOSTO




Bo día de celebración, bo día de festa. A comunidade educativa do Rocío, xuntou tódalas súas forzas e preparou un gran MAGOSTO.


  • OBRADOIROS PARA AS FAMILIAS. Dende as nove da mañá un gran grupo de pais e nais colaboradores, adicaron todas as súas enerxías a atasnicar as castañas doadas pola ANPA da escola, revisar as traídas polas familias, preparar os asadores, pegar carteis, colaborar cos mestres na organización dos obradoiros de nenos,  e facer o gran cartel que presidía a festa.
  • OBRADOIROS PARA O ALUMNADO. Os nosos nenos e nenas, prepararonse de 9 a 11 nas clases, para celebrar do mellor xeito posible o Magosto. Foi dende as 11:30, cando en grupos cooperativos, con nenos de varias idades mezcladas, gozaron das distintas actividades preparadas para eles: rap do magosto, carreiras de sacos, remudas de culler-castaña, peóns, tiro de corda, billardas ou fisgas, tragacastañas, pesca botellas, bolos, golf-castaña e zancos, pinta o magosto, entre outros, foron os obradoiros desenvoltos.
  • CORNETES  E CASTAÑAS. Tempo dedicado á degustación do gran manxar que é a nosa castaña asada.
  • FESTA FINAL E BAILE. O alumnado gozou dun tempo de baile libre coas cancións máis coñecidas por eles. Este foi o gran final de festa.

venres, 4 de novembro de 2016

POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO

O mes de santos é o mes de novembro e é o mes dos magostos. E como non, na escola xa estamos preparando todo para celebralo noso por todo o alto. Pechado o tunel do medo, chega a nosa amiga castañeira que nos informa que o vindeiro martes día 8 o colexio encherase de lume, castañas, carreiras e as caras  con tisnaduras. 

                                 Que ben o imos pasar!

POLO SAN MARTIÑO TROMPOS AO CAMIÑO

O mes de santos é o mes de novembro e é o mes dos magostos. E como non, na escola xa estamos preparando todo para celebralo noso por todo o alto. Pechado o tunel do medo, chega a nosa amiga castañeira que nos informa que o vindeiro martes día 8 o colexio encherase de lume, castañas, carreiras e as caras  con tisnaduras. Os nenos e nenas deberán traer unha manchea de castañas amosegadas (cun pequeno corte), e roupa axeitada por se se manchan.

                                 Que ben o imos pasar!

COUSAS SOBRE AS CASTAÑAS UNHA CANTIGA

mércores, 18 de novembro de 2015

MAGOSTO



Un día moi especial, no que na escola se celebra unha das festas máis tradicionais da nosa terra.

POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO

GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.

luns, 17 de novembro de 2014

MAGOSTO 2014

  Coa  chegada do outono, chega o tempo de celebracións tan tradicionais coma o MAGOSTO. O pasado martes día 11, DÍA DE SAN MARTIÑO, celebramos na escola esta festa tan tradicional. Ornamentada a escola para a ocasión, coa colaboración das familias celebramos unha festa que estivo presidida pola nosa castañeira.


Xunto ás castañas asadas que o noso porteiro Quique, xunto coas familias prepararon no centro para a ocasión, sumáronse ao programa   desta festa unha morea de obradoiros polo que pasaron tódalas aulas. Puideron xogar aos trompos, á culler-castaña, carreiras de zancos, tragacastañas con fisgas, camiño de castañas e incluso un karaoke.

E a choiva cesou. Despois de facer estes obradoiros nos corredores da escola, pasamos a gozar do magosto no patio, xa que o sol decidiu sumarse a esta festa tan " marabillosa".