Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de maio de 2024

O VIOLÍN DE LUISA

 Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, e tendo en conta a faceta musical de Luisa Villalta, dende a biblioteca, proponse na sesión Steam, un proxecto no que o alumnado traballando en equipos colaborativos, sexa quen de facer un violín sonoro.

Os obxectivos da actividade consistían en aprender a usar a placa Makey Makey, comprender os seus principios  e conceptos básicos de circuítos eléctricos e desenvolver habilidades de programación elemental utilizando Scratch. Nesta actividade promovemos o traballo en equipo, a colaboración entre o alumnado e a resolución de problemas.

Ao chegar á aula, presentamos o Makey Makey e explicamos de xeito sinxelo aos rapaces  que é e como funciona.


A continuación facilitamosl a cada equipo encadernadores, fío condutor e o Makey Makey para que cortaran e montaran o violín, colocando de xeito axeitado os fíos condutores.


Logo do anterior, queda facer a Conexión do Makey Makey ao computador do alumnado e facer a conexión dos fíos condutores á placa mediante as pinzas crocodilo e comprobar a condutividade e o funcionamento do circuíto.

Unha vez comprobado, so queda facer a través do Scratch a programación para que cada corda soe cunha nota distinta, ou que cada corda soe como un instrumento diferente,...


 

Só queda que a rapazada faga as probas e axustes necesarios para mostrar aos demais os seus violíns sonoros e que nos expliquen como avalían o traballo desenvolvido.


 

Queda claro que Luisa Villalta foi unha escusa para desenvolver un proxecto que combina tecnoloxía, creatividade e programación.


 

Aproveitamos a ocasión para ensinarlles a condutividade do corpo humano. Probamos a tocar co Makey Makey, o Scratch mailo noso corpo.





 Foi unha experiencia marabillosa!

martes, 14 de maio de 2024

PROGRAMA ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

  Deixámosvos aquí o programa de Radio Resío do mes de maio, dedicado á celebración das Letras Galegas. Este ano 2024, a autora homenaxeada é Luísa Villalta.

PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR O PROGRAMA


 

Aproveitamos para compartir un Genially sobre a autora que nos cede Afundación.

 

mércores, 19 de maio de 2021

CONMEMORACIÓN DOS MAIOS E DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

 Hoxe mércores 19, tivo lugar na escola un acto conmemorativo do día das Letras Galegas e dos maios.

 La poeta Xela Arias será la homenajeada en las Letras Galegas de 2021

O acto deu comezo cun repaso á vida e obra de XELA ARIAS, autora homenaxeada, a través de pequenas instervencións do alumnado.



 

Posteriormente, cantamos a canción dos maios.

Tamén tivo lugar o Baile das Fitas por parte do alumnado do cuarto curso de primaria.

 

Para rematar o acto, cantamos todos xuntos o Himno Galego acompañados pola música dos gaiteiros.

 

Este curso botamos en falta a calor das familias. Subimos imaxes e vídeos para que na distancia, poidades gozar dun evento tan especial. Esperamos que vos guste.

LIGAZÓN ÁS IMAXES DO ACTO

VÍDEO DO ACTO


 



 

luns, 17 de maio de 2021

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Hoxe, 17 de maio, celebrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano dedícase á escritora XELA ARIAS. Para dar a coñecer un pouco a esta autora, na escola montamos o "TENDAL DE XELA", iniciativa levada a cabo pola maioría de Equipos de Normalización Lingüística da zona. 

Se nos detemos a lelo, descubriremos que XELA ARIAS naceu o 4 de marzo de 1962 na Granxa e Barreiros, en Sarria (Lugo), lugar onde o seu pai era mestre. Estudiou en Fingoi (Lugo) e rematou os seus estudos de primaria no CEIP SÁRDOMA-MOLEDO, na nosa cidade, Vigo e estudou o Bacharelato no IES. Castelao. Rematado o Bacharelato entrou a traballar na Editorial Xerais, polos seus coñecementos do galego.

Foi escritora, traductora, e profesora de Secundaria, impartindo clases de Lingua Castelá e Literatura. Escribiu poesía.


O mércores 19, conmemoraremos na escola o DÍA DA NOSA LINGUA, onde unha morea de alumn@s de infantil e primaria actuarán e recitarán diante dos nenos, nenas e mestr@s da escola en homenaxe a Xela Arias.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Se queredes coñecer a Xela moito máis, na contorna da escola, nestos días de descanso tedes moitas propostas e plans para homenaxeala.
  • As LETRAS GALEGAS nos Barrios, na Alameda dende ás 12h do sábado 15.
  • Na mostra organizada pola ASOCIACIÓN CULTURAL VILA DE BOUZAS o luns 17 na Alameda.
  • Poesía na curva de San Gregorio.
  • Exposición no Museo do Mar.

 

 

sábado, 23 de maio de 2020

domingo, 17 de maio de 2020

DÍA 63#NaCasa


Hoxe 17 de maio, tras 63 días de confinamento, celebramos #NaCasa o Día das Letras Galegas, dedicadas nesta ocasión a RICARDO CARVALHO CALERO.
Hoxe sentimos morriña; botamos en falta, a festa, os maios, o baile das fitas, ... no 2021, celebrarémolo  xuntos. Hoxe imos rememorar o vivido no curso pasado. Temos a sorte de contar co vídeo dunha familia que  presenta o seu particular baile das fitas en arredor do maio. 
A nós gustounos moito, esperamos que a vós tamén.






Volvendo ao día das letras, deixámosvos un dos  libros de Carvalho Calero máis acaído para os nosos cativos, “As Pitas Baixo a Choiva”,  que comparte con nós a Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra.

O CONTO:

 

Relato orixinal de Ricardo Carvalho Calero en formato conto, de balde (a través desta plataforma) e cedido por Ed. Embora
 .

luns, 11 de maio de 2020

ESCAPE ROOM O MISTERIO DA CASA DE R. CARVALHO CALERO

Facilitado por Alba Carril, do CPI de Vedra, e Ana Santos , do CEIP  Carril.
Para resolvelo podedes ler antes estos datos sobre  Carvallo Calero neste enlace  ou telos de apoio por se precisades buscar algo.

Se xa estades listos para xogar, aquí tedes o xogo.

PREME AQUI

xoves, 16 de maio de 2019

FESTEXAMOS NA ESCOLA: LETRAS GALEGAS E MAIOS




Bandera gallega


Hoxe, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019, no que o protagonista foi ANTÓN FRAGUAS FRAGUAS. Nas alulas coñecemos a súa vida e traxectoria profesional. Descubrimos que foi escritor, historiador, antropólogo e etnógrafo que dedicou a súa vida ao estudo da cultura e da terra galega.
Formou parate da Real Academía Galega, ocupando o asento de Castelao.
Fixemos dous murais, un retrato e outro baseabase na obra Peregrina e o insólito"caso Antón Fraguas"

Resultado de imagen de antón fraguas

Fixemos unha gymkana onde cun mapa e unhas pistas tivemos que investigar a resposta ás preguntas dadas e gañar cos nosos acertos as pezas do quebracabezas. Costounos moito pero co traballo e axuda de todos os membros do equico  fumos quen de deixalos feitos.
 







Nesta xornada festiva tamén celebramos os Maios. De pampillos a ovos foron ensertados polos nenos e nenas nas aulas.
 
Logo, colocáronse no maio e cantamos a canción dos maios.





Finalmente, chegou a entrega de premios do concurso de ovos de pascua, 

e para dar por rematada a festa, todos xuntos, acompañados polo profe Juan máis  uns compañeiros de grupo, tivo lugar o baile das fitas polo alumnado do cuarto curso de primaria.
 



E como colofón de festa cantamos o himno galego.


Se queres ver máis imaxes do día de hoxe, preme na foto. 
https://photos.app.goo.gl/fJRYR5KS1HLQvi4m7
PREME

venres, 18 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Mª Victoria Moreno é a cuarta muller á que se lle dedica o día das LETRAS GALEGAS. Nada en Cáceres no 1939, vén a galicia con 22 anos para traballar nun instituto  e queda na nosa terra escribindo e defendendo o noso idioma.
Para conmemoralo, na escola, ademáis de facer diferentes investigacións e estudos nas aula, fixemos unha actividade colaborativa baseada nunha gymkana, na que os nenos e nenas mesturados por idades, buscan pezas, e respostas para acadar entre todos construír tres puzles enormes que lembran a vida e obra da autora.
 
 

 Se queres ver todas as imaxes do evento, preme na seguinte ligazón. LETRAS GALEGAS

O acto rematou tocando e cantando entre todos o himno galego, obra de Eduardo Pondal, no seu poema Os Pinos.






HIMNO GALEGO

Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.




mércores, 17 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS 17

Onte celebramos todos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. O escritor homenaxeado foi
CARLOS CASARES
Este gran escritor, nado en Ourense no 1941, vivía moi preto da nosa escola, en Nigrán ata que á idade de 60 anos faleceu por mor dun infarto. Gran narrador e articulista caracterizabase por dinamizar a cultura e tentar renovar a literatura galega.
Autor de grandes obras, nas que podemos destacar  Xoguetes para un tempo prohibido, Ilustrísima,  Vento Ferido e Os mortos daquel verán, para adultos e a colección de Toribio, A Galiña Azul,   As laranzas máis laranxas de tódalas laranxas, O Principiño, O can Rin e o lobo Crispín, entre outras.
Dirixiu a Editorial Galaxía, a revista Grial e foi o presidente do Consello da Cultura Galega.

Para celebralo fixemos co alumnado de primaria unha Gymkana, na que mezclados por cursos e en trece equipos, debían atopar unhas pistas seguindo o mapa. Unha vez atopadas, os nenos dirixíanse aos mestres, que lles facían unha pregunta relacionada con CARLOS CASARES. Unha vez atopada a información, de ser correcta, acadaban unha das 130 pezas dos puzles que se montaron colaborativamente, en tres equipos, sobre a vida e obra de Carlos Casares.
O alumnado gozou moito coa celebración.



Esta  é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "BRINCA VAI!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo. Está publicado por KALANDRAKA.
Web: www.brincavai.com
Facebook: http://www.facebook.com/BrincaVai


A festa rematou cantando entre todos o Himno Galego.

domingo, 22 de maio de 2016

CERTAME LITERARIO MANUEL MARÍA. LETRAS GALEGAS 2016.

Tal e como comentaramos nas entradas anteriores, 
o ano 2016,
 dedícaselle o día das LETRAS GALEGAS a
 MANUEL MARÍA,
 polo que o alumnado da escola celebrouno entoando as súas poesías.




   

  Temos uns mestres, alumnos e alumnas que son uns artistas!!!

sábado, 21 de maio de 2016

O BAILE DAS FITAS

Dentro da celebración dos Maios, na escola temos arraigada unha tradición, na que o alumnado do cuarto curso de educación primaria fai o Baile das Fitas.
Ensaiaron moito, e o resultado é espectacular.
GRAZAS RAPACES!

mércores, 18 de maio de 2016

CELEBRANDO OS MAIOS E MAILAS LETRAS GALEGAS


O alumnado  de primaria  debuxou en equipos de traballo, un retrato  Manuel María, autor homenaxeado, neste ano 2016, para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS . Esta é unha das moitas actividades que nestes se desenvolven na nosa escola,  cos versos de Manuel María.
No corredor dispomos dunha gran exposición sobre o autor, e o vindeiro venres día 20, logo de celebrar a festa dos maios, e bailar o baile das Fitas, teremos un certame das letras nas que os nenos e nenas de tódalas aulas serán os verdadeiros artistas das cantigas inspiradas nos seus poemas.

  • 4º E.I. O CUCO
  • 5º E.I. O ARCO DA VELLA
  • 6º E.I. O MEU BURRIÑO
  • 1º E.P. CARACOL
  • 2º E.P. O MEU CUARTO
  • 3º E.P. GALICIA
  • 4º E.P. LABREGOS
  • 5º E.P. A FALA
  • 6º E.P. O ARCO DA VELLA,( VERSIÓN DOUS).
Hoxe 20 de maio, celebramos a tradicional festa dos maios. Nas imaxes podedes comprobar o ben que o pasamos.


No traballo dos alumnos do quinto curso de primaria do Colexio San Pio X de Ourense cóntannos a vida e obra deste gran autor.


E no CPI dos Rois, fixeron este magnífico telexornal.



POEMAS MUSICADOS




martes, 19 de maio de 2015

OS MAIOS E AS LETRAS NO ROCIO

Chegado o mes de maio é tempo de celebracións. Na escola, coma ven sendo costume, nunha mesma data celebramos dúas das grandes festas da nosa terra. Por unha banda, facemos un maio e pola outra traballamos o autor homenaxeado polo DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
A festa dos Maios, é unha celebración primaveral que se ten costume de celebrar o primeiro domingo do mes de maio. Nesta festa, contanse coplas adicados á primavera. Os alumnos e alumnas de primaria prepararon cadansúa estrofa e están unidas por un retrouso que xa todos coñecemos.
Na nosa comunidade a celebración desta festa é diferente dependendo na zona na que nos situemos, diferenciandose claramente as tradicións da zona norte de Galicia da do sur. Preto nosa son moi coñecidos os maios de Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Verín e Ourense entre outros.


Esta festa a acompañamos do baile das fitas, representado sempre polo alumnado de cuarto de primaria.



Este ano o autor homenaxeado no día das LETRAS GALEGAS  é Filgueira Valverde, natural de Pontevedra.

xoves, 22 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Este martes día 20, celebramos na escola o Día das Letras Galegas, que este ano dedicábase a Xose María Díaz Castro. Como xa ven sendo costume, elaborouse un álbum de cromos coa vida e obra do autor. Esta actividade segue a ser un éxito entre os maiores.Comprobade como a gozaron.


BAILE DAS FITAS.

mércores, 22 de maio de 2013

LETRAS GALEGAS E MAIOS 2013.

O XOVES,16 DE MAIO,VÉSPERA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ,TIVEMOS UNHA DOBRE CELEBRACIÓN TRADICIONAL GALEGA:OS MAIOS E O DÍA DAS NOSAS LETRAS ,DEDICADO ESTE ANO A 

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. 

 FACENDO O MAIO 

Flores, laranxas, ovos... e moita imaxinación. Estes son os  ingredientes do noso Maio, e de case tódolos Maios. Grazas á colaboración das familias conseguimos facer un maio que honra un dos costumes tradicionais da nosa terra.

  Malia a choiva, fixemos unha festa estupenda, unida ao BAILE DAS FITAS dos nenos e nenas de cuarto curso de Educación Primaria.

Despois sacamos o maio ao xardín, e fomos a completar un libriño elaborado polo Departamento de Normalización Lingüística sobre o máis interesante da vida deste ilustre personaxe. 

Para rematar a festa, cantamos o himno galego.





venres, 18 de maio de 2012

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Valentín Paz-Andrade (Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987)
Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a este home polifacético que destacou como xurista, economista, político, empresario, ensaísta, poeta e xornalista. Sempre tivo presente, tanto na súa obra literaria como na súa faceta empresarial, a Galicia e á súa lingua.
Podes consultar a súa biografía e obra na seguinte páxina: http://www.valentinpazandrade.es/

Nos seguintes arquivos podes visualizar os carteis, publicados pola Xunta de Galicia, que forman parte da exposición que está situada  nos distintos andares da escola.

Hoxe, dende as 12h. traballamos en conxunto para acadar completar o album de D. Valentín Paz Andrade. Aprendimos moitas cousas e  pasámolo fenomenal. Por se non revisachedes as mochilas ou simplemente non tivechedes tempo de lelo, aquí o tedes:


Unha vez rematados os albumes, cada curso leu unha poesía e para finalizar a celebración cantamos o noso Himno. Agora imos ver como traballamos.

Angela Novoa Blanco.

luns, 30 de abril de 2012

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DEDÍCASE A VALENTÍN PAZ ANDRADE.

Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a D. Valentín Paz Andrade. Este home estivo na nosa escola aló polo 1968, descubrindo o monolito dedicado a Concepción Arenal. Tentade adiviñar quen era.

ABRIL 1968.
Agora, coa seguinte actividade podedes aprender moitas cousas de Valentín grazas ao traballo do CEIP. CONDESA DE FENOSA.








Aquí tedes o traballo do CPI dos Dices de Rois.



 Actividades en liña do Seminario Galán.

Para saber máis,preme na seguinte imaxe:


mércores, 18 de maio de 2011

HOMENAXE A LOIS PEREIRO.LETRAS GALEGAS 2011.GRUPO AZUL.


FALADE E ESCRIBIDE EN GALEGO ,COMO LOIS,NA CASA,NA ESCOLA,NA BISBARRA,POLO TELÉFONO,POR INTERNET...,ONDE QUEIRAMOS E CON QUEN QUEIRAMOS.
BICOS,PICOLINDO.


domingo, 15 de maio de 2011

VISITOUNOS JACOBO FERNÁNDEZ...

O venres 13 recibimos a visita de Jacobo Fernandez, escritor e ilustrador de libros infantís e xuvenís.
 Os rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º leron un libro escrito e ilustrado por el chamado "A pedra das formigas". Os de 4º leron outro libro seu titulado "Mil cousas poden pasar" e os de 5º e 6º un  libro de Teresa González ilustrado por el.
 Faloulles do seu traballo como ilustrador e escritor... fíxolles debuxos, e falou dos seus libros.
falou dos seus libros e fixo debuxos

Tod@s atent@s ás súas palabras


Asinou no libro de visitas...

 Os nen@s fixéronlle unha chea de preguntas ás que Jacobo contestou e logo houbo sinatura de libros e, como non, dedicatoria no libro de visitas do cole.