Amosando publicacións coa etiqueta SAÍDAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SAÍDAS. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de outubro de 2021

CORRELINGUA

Hoxe martes 26 de outono no Auditorio Municipal o alumnado do quinto e sexto cursos de primaria participaron nun espectáculo protagonizado por :

  • Isabel Risco
  • Cé Orquestra Fantasma
  • Os John Deeres (2º no Cantalingua), 
Outros cursos seguiron a emisión en directo:    https://youtu.be/eP9kaLaeyKo



Aproveitaron esta saída para coñecer as murallas do castelo do Penso no O Castro, parque coas mellores vistas da nosa cidade. Este monte é onde se asentaron os primeiros poboadores. As vivendas castrexas, que datan  dos séculos III e I a.C., achegaron ao alumnado á arqueoloxía. 





Fixeron o traxecto a pé, o que lles custou un pouquiño pero descubriron, as enormes áncoras que lembran a Batalla de Rande.




 

luns, 21 de xuño de 2021

SAÍDAS FIN DE CURSO AS PARQUES FORESTAIS DE SAIÁNS, CANDEÁN E ILLAS CÍES.

 Non sendo posible a realización do tradicional campamento para o alumnado do sexto curso de primaria, este curso pandémico, decídese viaxar ao paraíso natural que temos máis preto da escola: as Illas Cíes.

Día no que gozamos de bo tempo para camiñar, desfrutar da praia e da naturaleza ademáis de pasalo moi ben no grupo burbulla establecido a principio de curso.

PREME NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTOGRAFÍAS DA SAÍDA

 


LIGAZÓN A TODAS AS IMAXES DA SAÍDA


 

mércores, 2 de outubro de 2019

SAÍMOS A UN HIPERMERCADO

O alumnado o primeiro curso de primaria, fixeron a súa primeira saída en Primaria. Pasamolo xenial co noso "disfraz". Estivemos paseando por todo o hipermercado e... logo visitamos a zona onde cortan e envasan a carne, na zona da panadaría e pastalaría vendo como fan o pan, as zonas de envasado e finalmente gozamos unha merendola coa que este centro comercial nos agasallou. 
Moi felices nesta primeira saída!

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS

mércores, 20 de xuño de 2018

HOXE FOMOS DE EXCURSIÓN

Para celebrar o fin de curso, o alumnado de educación primaria realizou unha saída didáctica a Allariz. Repartidos en tres autobuses, dividimonos ao chegar en catro grupos. Dous grupos foron ata O Rexo e os outros dous quedamos en Allariz para coñecer os museos do coiro e do xoguete. A media mañá,logo de tomar o petisco, intercambiamos as actividades. Ás tres da tarde comiamos todos xuntos á beira do río.
 Que ben se estaba!
 Gozamos dun día magnífico de convivencia! 

 Se queres ver máis imaxes, preme na ligazón
https://photos.app.goo.gl/XeWXcvYuaXRVAyc28


mércores, 14 de xuño de 2017

A XESTEIRA

Os alumnos e alumnas do sexto curso de primaria non sabemos se serán capaces de coller hoxe o sono perante o gran día que lles espera mañá, a ansiada excursión de despedida da escola, no centro Multiaventura de a Xesteira no Concello de A Lama.
Os nosos alumnos irán acompañados polo seu mestre titor, a xefa de estudos e a mestra de música.
As súas experiencias serán marabillosas!.


Grazas Juan, Ana e Cris, pola vosa predisposición altruista de acompañamento e por facer posible esta saída.

SAÍDA DIDÁCTICA AO ZOO

O alumnado do primeiro e segundo curso de primaria, dentro da súa programación, fixeron unha visita ao zoo.
Os animais e a súa contorna provocoulles moito interese e gozaron moito desta saída pois, perante un tema que provoca entusiasmo, o poder mirar os animais fronte a fronte, fai que a experiencia sexa única para eles.



venres, 27 de novembro de 2015

QUERES VIAXAR EN AVIÓN?

Hai uns días, os nenos do primeiro e segundo curso de educación primaria visitaron o aeroporto. Foi unha saída estupenda. Están desexando poder viaxar en avión.

luns, 8 de xuño de 2015

VISITA AO CONCELLO DE VIGO.

Os nenos e nenas de quinto e sexto curso de educación primaria, realizaron unha visita ao Concello de Vigo. Nesta saída, puideron descubrir como é o funcionamento do Concello dunha cidade tan grande coma a nosa.
A Casa do Concello é a casa de toda a cidadanía. Nela traballan moitas persoas. Os funcionarios desenvolven o seu traballo en distintos departamentos. Descubriron a lonxa, os laboratorios, o departamento de tráfego,... e estiveron na Sala de Plenos onde están os representantes que os cidadáns eleximos nas eleccións municipais.
Foi unha visita marabillosa!

sábado, 27 de decembro de 2014

ASTRONENOS.

Astronenos é unha exposición interactiva na que os nosos alumnos experimentaron algunha das sensacións que viven os astronautas. Vestironse xon traxes e cascos espaciais e traballaron en tres espacios, o Espacio Cultural, o Espacio Terra e o Espacio Lunar. 
Desta actividade gozou o alumnado do primeiro, segundo, terceiro e cuarto curso de educación primaria no Centro Comercial Travesía.