Dende a escola participamos no concurso da Deputación de Pontevedra E ti, que pensas da igualdade?
Un bo traballo de reflexión sobre o que é para nós a igualdade e unha representación en forma de debuxo ou cómic. O sexto curso de primaria participou con poema musicado.
Obtivemos varios premios:
3º premio categoría primeiro ciclo de primaria para:
ANDREA BLANCO CORTÉS
3º premio categoría terceiro ciclo de primaria para:
LETICIA FERNÁNDEZ MARÍA
1º premio categoría terceiro ciclo de primaria para:
IVÁN GAMALLO GÓMEZ
2º PREMIO GRUPAL POEMA
GRUPO AULA SEXTO PRIMARIA
Para rematar a festa, gozamos dun concerto con UXÍA LAMBONA e a BANDA MOLONA.
Grazas a tódolos participantes, o xurado tivo un traballo difícil para poder facer a selección dos identificativos dos padriños e madriñas lector@s e a dos afillad@s. Mañá coñeceredes o resultado!
Dende a aula de plástica participamos no concurso de debuxo "VIda Sostible" organizado polo xornal Atlántico Diario e Fomento de Cosntruccións e Contratas (FCC). O tema do debuxo foi "VIgo, a cidade máis limpa de España"
A través do suplemento educativo Xornal Escolar, os debuxos foron valorados por un xurado que elexiu aos gañadores.
A entrega de premios levouse a cabo no Auditorio Mar de Vigo. Na entrega, estivo presente o Alcalde Abel Caballero, a Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, e pola representante en Vigo de Fomento de Construccions e Contratas (FCC),
Mabel Ayo.
Chegando o tempo do outono e como preparación para o Samaín, presentamos a sexta edición do Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio, no que o alumnado e as súas familias teñen a oportunidade de participar e mostrarnos o seu talento narrativo.
As diferentes CATEGORÍAS nas que poden participar os vosos relatos son:
- AUDIO: Poderán presentarse a esta categoría os microrrelatos gravados nun audio.
Animámosvos
a participar nesta categoría! É moi sinxelo: pensa nun bo tema, escribe
o guión e grávate! A túa historia publicaráse nos programas de Radio
Resío que se emitan durante este outono.
- VÍDEO: Participarán nesta categoría os relatos que fagan un pequeno relato audiovisual en formato Vídeo.
Fai a túa curta! Móstranos o Alfred Hitchcock que levas dentro.
Fíxate ben nas normas que hai establecidas para ambas as dúas categorías. Que non quede fóra a túa historia por un pequeno despiste!
NORMAS para os relatos:
1- Estes pavorosos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega.
2- O tema ten que ser de medo ou de misterio.
3- Deben de ter unha duración máxima de DOUS MINUTOS.
4- Poden realizarse nas modalidades de Audio e de Video.
5- Tedes que envialos por unha destas canles:
· E mail: juanlf@colexiorocio.com
· WhatsApp da nosa escola 658715569
· Traer á escola nun Pen drive
6- A data límite para entregar os vosos relatos será o LUNS 23 de outubro ás 23:59h.
Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios:
CRITERIOS DE PUNTUACIÓN
-A corrección idiomática
-Os efectos especiais
-A participación do alumnado
-A entonación e interpretación
-A estrutura do relato: inicio, nó, e desenlace. (Non ten que ser necesariamente nesa orde!)
O
martes 31 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos
finalistas e coñeceremos aos autores destas terroríficas creacións.
Haberá uns horribles e monstruosos premios para os finalistas e gañadores das diferentes categorías do concurso.
Na aula Steam, traballando co programa Tinkercad, o alumnado do quinto e sexto curso de primaria deseña medallas e trofeos para os agasallos dos mellores lectores da biblioteca da escola. Entre todos os deseños elexiremos democráticamente os seleccionados para os premios do presente curso.
O procedemento foi o que segue:
Nunha folla con cadros, fixeron o deseño do obxecto a imprimir. Primeiro bocetan a medalla, o trofeo, o chaveiro,...
A continuación fan o deseño no programa tinkercad. Os seus deseños son todos preciosos. Hai rapaces que lle poñen colores ás distintas partes do deseño sabendo que na escola so podemos imprimir a unha cor.
Unha vez elaborado o deseño, exportamos a imaxe a formato .stl, o metemos nun pendrive e llo facilitamos á profe, quen ao longo da semana fai as impresións. Os deseños dos rapaces, leva moito tempo facelos, e a impresora 3d é moi caprichosa, tendendo a atascarse, québrase o filamento, atáscase a boquilla, pero, os deseños acaban impresos.
Unha vez imprimidos, coa axuda da tablet, facemos unha fotografía ao noso obxecto cun fondo neutro, a exportamos á galería da profe, para que nola imprima.
Por último, completamos a planilla.
Este é un gran traballo de deseño e producción de obxectos. A rapazada gozou moito con este traballo de creación.
Vir a escola ten moitas cousas boas pero días coma hoxe so acontecen unha vez.
Orgullosos de todo o noso alumnado, do noso profesorado, e das fermosas verbas de recoñecemento que nos dedicaron hoxe tanto a Presidenta da Deputación, Dona Carmela Silva, coma a grande escritora viguesa, Ledicia Costas.
Neste acto a protagonista foi Iria Portabales Fernández, creadora de Talento, personaxe principal do novo libro de Ledicia, ALMA E CORAZÓN.
Nesta presentación do libro, a Deputación agasallounos a todos cun exemplar do libro e co espectáculo ASDOMARE, a cargo de Vero Rilo, xunto ao acordeonista Santi Cribeiro, co que se aproveitou para celebrar o Día Mundial do Teatro.
Magnífica a celebración do acto de entrega do premio do Concurso "Búscase a Talento" da Deputación de Pontevedra.
So nos queda dar as Grazas á Deputación de Pontevedra, polo seu esforzo para que toda a escola puidese participar neste acto, grazas a Carmela, Presidenta da Deputación pola súa cercanía e por poñer en valor as actividades que levamos a cabo na escola, e grazas a Ledicia por convertir en arte todos os seus pensamentos.
Grazas por este premio tan especial e emocionante!, e...
Hoxe, o alumnado do cuarto curso de primaria, recibiu da man da presidenta da Excelentísima Deputación de Pontevedra o segundo premio do Concurso "Grazas, Xoguetes", dentro da campaña de Nadal, onde os nenos e nenas tiñan que deseñar e fabricar xoguetes orixinais, creativos, igualitarios e non violentos, exentos de esteriotipos de xénero. A principal condición foi que foran feitos con material de refugallo.
Dedicamos varias sesións da clase de plástica para elaborar en grupos colaborativos as creacións artísticas premiadas.
A entrega do premio foi no Salón de Plenos do Pazo Provincial de Pontevedra. Neste acto a presidenta da Deputación anunciou que estes xoguetes serán enviados a tódalas escolas da provincia.
Estamos moi contentos, estamos de noraboa. Sete dos nosos alumn@s acaban de ser premiados no I CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL "A SUPERCASA".
Desde a Xunta Directiva da Delegación en Pontevedra do COAG
acaban de poñerse en contacto con nós para comunicarnos que xa se teñen
fallado os premios do Concurso e nos comunican que as obras premiadas son as que seguen:
CATEGORÍA 2,1º PREMIO (vale 250€ en material de educación plástica e libros): Lucas Rodríguez, por " A casa da discoteca barbuda". 4º curso de primaria
CATEGORÍA 3,3º PREMIO (vale 100€ en material de educación plástica e libros): Irene Bastos, por "A casa verde".6º curso de primaria
CATEGORÍA 1 Accésit ( vale 75€ en material de educación plástica e libros ) : Javier Fernández. "Casa de Med" 1º curso de primaria.
CATEGORÍA 1 Accésit ( vale 75€ en material de educación plástica e libros ) : Jimena Dosouto. "Casa faladora" 2º curso de primaria.
CATEGORÍA 2, Accésit (vale 75€ en material de educación plástica e libros): Hugo Fernández, por "A Casa Hotel Cinco Estrelas". 4º curso de primaria
CATEGORÍA 2, Accésit mención especial COAG (regalos aportados polo comercio local): Tiago Carid, por "A casa coche"3º curso de primaria
CATEGORÍA 3, Accésit(vale 75€ en material de educación plástica e libros): Julia Rodríguez, por "Dream House", 6º curso de primaria
En breve saberemos o lugar, o día e a hora
do acto de entrega dos premios que terá lugar na cidade de Pontevedra.
Noraboa Lucas, Irene, Javier, Jimena, Hugo, Tiago e Julia, e tamén a tódolos alumnos e alumnas de primaria por participar. Os vosos traballos son fantásticos. Se queredes coñecelos, preme na imaxe que leva ligazón.