O alumnado do quinto curso de primaria, axudados polo seu titor Juan, indagaron sobre a orixe do nome das terras nas que se atopa a nosa escola e nos "ensinan" nesta preciosa obra de teatro, a orixe do topónimo.
O alumnado do cuarto curso realizou un exercicio de percusión corporal,
Como cada curso escolar, o noso alumnado agasalla ás familias cunha pequena actuación de Nadal. Como son en directo, as veces aparece o medo escénico, pois enfrontarse ao público é cousa de expertos,, por iso, no transcurso do festival acontecen imprevistos, caída de decorados, esquecemento de textos, ... pero como non, todo resulta estupendo!
Comezamos polos máis cativos, o alumnado de 4º de educación infantil,
Agora 5º de educación infantil,
e finalmente, os maiores da etapa, sexto de educación infantil.
Esperamos que o disfrutárades tanto coma nós. Un bo xeito de finalizar o primeiro trimestre, un Festival de Nadal, no que en equipo acádanse grandes resultados. Deixamos as imaxes nos seguintes enlaces.
PREME NA IMAXE E PODERÁS GOZAR DAS FOTOS DA CARTEIRA REAL
Estupendas foron as actuacións dos nenos e nenas da escola. Esta é unha pequena mostra das mesmas. Tedes que desculpar pola calidade do son, pois diante da cámara atopabanse 73 alumnos de educación infantil e detrás dela, que vos vou contar!!. De tódolos xeitos, un fermoso recordo.
EDUCACIÓN INFANTIL.
PRIMEIRO CURSO DE PRIMARIA. Colaboraron cos cativos os nenos e nenas de sexto de primaria.
Un fermoso agasallo de Nadal é o que fixeron os nenos, nenas e mestres da escola ás familias o pasado día 19 de nadal. Todos e cada un dos cursos deleitaron a grandes e pequenos coas súas actuacións. Ademáis permitironnos descubrir novas cualidades dalgún dos nosos alumn@s. Noraboa a todos!!!.
Como cada ano, os alumnos e alumnas da nosa escola poideron gozar da presencia na nosa escola do Carteiro Real. Todos e cada un dos cursos pasaron pola entrada da escola e lle entregaron as cartas cos seus desexos de Nadal.
Comezamos por Educación Infantil, unha panxoliña de nadal en inglés e,... RODOLFO O RENO
Seguimos cun conto musical
protagonizado polos
nenos de PRIMEIRO.
O ABETO.
CANTO DE REIS DE FUMASA
PROTAGONIZADO POLOS NENOS DE...
SEGUNDO DE PRIMARIA.
OS NENOS E NENAS DE TERCEIRO
CANTARON UNHA CANTIGA
LA VAI UMA
PANXOLIÑA EN INGLÉS PRESENTAN OS NENOS DE CUARTO.
Os nenos e nenas de quinto, agasallaronnos co
HIMNO DA ALEGRÍA.
E como non,
contamos coa presentación dos maiores da escola, os nenos e nenas de
sexto de E.P.
Velaquí tedes unhas diapositivas coas fotos sacadas ao noso alumnado antes,durante e despois do festival. Esperamos que vos guste, sobretodo aos que non puidestes asistir.
O claustro de mestres.