luns, 30 de novembro de 2020
VIDEO CONFERENCIA "TE LO CUENTAN LAS MATEMÁTICAS"
martes, 24 de novembro de 2020
25 de santos, DIA DA NON VIOLENCIA
Hoxe, mércores 25 de santos, é un día moi especial. Os organismos internacionais establecen esta data como o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
Xorde do movemento feminista latinoamericano (1981), pola data na que as irmáns Miralba foron asasinadas na República Dominicana. Este movemento tivo tanta forza que no ano 1999 a ONU, estableceu oficialmente esta data para conmemorar o movemento.
Na nosa escola festexamos que todas as persoas, homes e mulleres, vivimos en igualdade.
Agradecemos a vosa participación neste vídeo tan significativo. Esperamos que vos guste tanto como a nós.
luns, 23 de novembro de 2020
OS PEQUENOS ARTISTAS DOS CONTOS
Estamos artellando un mural, precisamos darlle forma ao cartaz do tema anual:
NO RESÍO CONTAMOS MOITO
Nas aulas de primaria o alumnado está traballando arreo. Faltan poucos días para que gocemos del na parede da biblio.
Esperamos que sexa do voso agrado.
domingo, 22 de novembro de 2020
FUNDACIÓN FRANCISCO DE SALES
O alumnado do 5º e 6º cursos da E. P. visitaron o xoves 19 a Fundación Sales, onde aprenderon moitísimas cousas sobre o mundo vexetal e mesmo plantaron unha leituga que levaron para as súas casas.
Un día espléndido acompañounos durante a súa visita, á que foron camiñando por unha ruta, elaborada sobre mapa, polo alumnado de 6º.
👌🌲🌴🌵 |
xoves, 12 de novembro de 2020
CONTANCHO AS MATEMÁTICAS
" Te lo cuentan las matemáticas"
martes, 10 de novembro de 2020
MAGOSTO 2020
PREMA NA IMAXE PARA GOZAR DO NOSO MAGOSTO. |
luns, 9 de novembro de 2020
Esconxuros no Samaín 2020
domingo, 8 de novembro de 2020
CANCIÓN DOS ESQUELETOS EN SAMAIN
martes, 3 de novembro de 2020
RECUNCHOS DE MEDO #NaCasa2020
Pediamos na convocatoria desta proposta que utiizarades a vosa imaxinación, que crearades o voso tunel do medo, real ou imaxinario, no corredor, na sala ou nunha habitación,...
Pediamos que simularades nunha caixa, nun caixón. Disfrazarse, porque non? Utilizar bonecos tamén era boa opción.
Queriamos que nos sorprenderades, e a verdade é que tedes moita imaxinación. Dende a escola esperamos que pasarades un Bo Samaín, con diversión en familia.
Aquí todas as vosas creacións.
Se premes nesta imaxe, poderás visualizar o vídeo de todas as vosas creacións.
domingo, 1 de novembro de 2020
SAMAÍN NO RESÍO 2020
GRAZAS!
GRAN COLABORACIÓN DAS FAMILIAS!
SAMAÍN, festa tradicional galega que significa "fin do verán". É unha festa de orixe Celta que celebraba o final da tempada de colleita e marcaba o inicio do "ano novo".
A proposta do centro tivo unha grande acollida. Nenos e nenas, chegaron orgullosos á escola e locen a súa cabaza. Fermosas creacións. A rapazada contannos quen lle axudou, a súa nai, o seu pai, o seu irmá, a súa avoa, o padriño,...
Fixemos tres exposicións de cabazas, tantas como portas de entrada temos na escola.
Deunos mágoa que as familias non poideran nesta ocasión, por mor do protocolo Covid, ver as exposicións e gozar cos túneles do medo, que este ano tiveron que duplicarse.
Compartimos as imaxes para que poidades gozar do traballo desenvolvido na escola.
Para gozar de todas as imaxes do Samaín Preme AQUÍ.