Hai uns días, os nenos do primeiro e segundo curso de educación primaria visitaron o aeroporto. Foi unha saída estupenda. Están desexando poder viaxar en avión.
venres, 27 de novembro de 2015
xoves, 26 de novembro de 2015
"APRENDÍN DO PASADO, VIVO O PRESENTE E PREPÁROME PARA O FUTURO". CHANO RODRÍGUEZ
Sebastián Rodríguez Veloso, coñecido como CHANO, visitou o pasado martes día 24 a nosa escola para dar unha charla aos rapaces. Estivo cos nenos de cuarto, quinto e sexto curso de educación primaria. Este vigués de adopción, de 58 anos, sorprendeu aos nenos e nenas pola súa gran traxectoria deportiva.
Participou nas paraolimpíadas de Sidney, Atenas, Beijing e London, acadando 16 medallas.
Finalizada a charla, os nenos e nenas do sexto curso de educación primaria, tiveron a sorte de poder facerlle unha entrevista, da que daremos conta máis adiante.
Esta actividade pertence ao grupo de conferencias deportivas do noso ANO PICOLÍMPICO.
mércores, 18 de novembro de 2015
MAGOSTO
Un día moi especial, no que na escola se celebra unha das festas máis tradicionais da nosa terra.
POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO
GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
xoves, 12 de novembro de 2015
O EXPERIMENTO CO PICUDO VERMELLO DOS NENOS E NENAS DE SEGUNDO DE PRIMARIA
Continuando co traballo iniciado cando as palmeiras da escola foron taladas e levadas a incinerar,...
Gustouvos?
OS NENOS E NENAS PARECEN ENCANTADOS.
OS NENOS DE SEXTO AMENIZAN A FESTA DO SAMAÍN
Como nos últimos cursos escolares, o día da festa do SAMAÍN, nenos e nenas de sexto curso de primaria tocan unha canción ao resto dos nenos de primaria e posteriormente fanno no túnel do medo.
SODES UNS ARTISTAS!!!
martes, 3 de novembro de 2015
INAUGURACIÓN ANO PICOLÍMPICO
Por fin chegou o momento que todos esperabamos!!
A publicación do vídeo da cerimonia de inauguración do ANO PICOLÍMPICO!!
Para celebrar o DÍA DAS BIBILOTECAS ESCOLARES demos comezo as nosas PICOLIMPÍADAS coa viaxe do facho ata o facheiro olímpico. Un día inesquecible!!
Se che gusta, participa no BLOGUE cos teus COMENTARIOS
e comparte o vídeo!!
luns, 2 de novembro de 2015
INAUGURACIÓN DO ANO PICOLÍMPICO
O ano Picolímpico,
polo que o pasado luns día 26 de
outubro, aproveitando a celebración do DÍA DA BIBLIOTECA, os nenos e nenas da
escola, axudados polos mestres e coa colaboración das familias festexamos por
todo o alto cun acto de inauguración.
Picolindo chegou á escola a iso das 12:20 h. portando na súa man un facho. Viña camiñando dende Grecia e precisaba comezar unhas remudas co alumnado.
O recibiron os nenos e nenas de tres aniños, que recolleron o facho,
e achegáronllo aos de catro anos, estes aos de cinco, e estes os de
primeiro,.... e así ata chegar xunta os nenos e nenas de sexto que estaban
convertidos nunha tribo
helena. Déronlle a benvida e acompañaron a Picolindo na
presentación do evento.
Explicaron a
tódolos presentes en que consistían os xogos olímpicos da antigüidade e cales
eran os valores fundamentais,
O RESPECTO, A AMIZADE E A EXCELENCIA
estes xogos, teñen un lema, citius, altius, fortius que na nosa lingua significa algo como: máis rápido, máis alto, máis forte. Pois ben, os nosos xogos Picolímpicos tamén teñen un lema:
LER MÁIS, PENSAR MÁIS, SABER MÁIS
O alumnado recibe na pista á tribo helena representando a bandeira olímpica:
Os nenos de educación infantil mailas familias asistentes de branco, simbolizando o fondo da bandeira olímpica, os de primeiro formando o aro verde, os de segundo o amarelo, os de terceiro, o azul, os de cuarto o negro e os de quinto o vermello.
Os nenos de educación infantil mailas familias asistentes de branco, simbolizando o fondo da bandeira olímpica, os de primeiro formando o aro verde, os de segundo o amarelo, os de terceiro, o azul, os de cuarto o negro e os de quinto o vermello.
Escoitamos o himno olímpico, izouse a bandeira e deuse por inaugurado este ano Picolímpico coa colocación do facho no facheiro. O facheiro foi elaborado polas familias. Está formado por tres pés, que simbolizan os tres piares da escola:
- os nenos e nenas,
- os mestres,
- e as familias.
Finalizado o acto, entregáronselle as medallas ao esforzo que farán ao longo do curso ao alumnado e repartíronse as mochilas viaxeiras que darán a coñecer moitos libros e materiais diferentes cos que conta a nosa biblioteca.
REMUDAS PICOLÍMPICAS
REMUDAS PICOLÍMPICAS
DISCURSO PICOLÍMPICO
O FACHO NO FACHEIRO
LER MAIS, PENSAR MAIS, SABER MAIS
O COLE QUEDA SEN AS PALMEIRAS. O CULPABLE: O PICUDO VERMELLO
Na escola estamos algo tristes. O outro día quedamos sen as palmas da escola. Os técnicos municipais decidiron talalas e incineralas. Estaban invadidas polo
PICUDO VERMELLO
No ano 1993,entraba en España, procedente da Arabia Saudí, una praga que dende entón acabou con infinidade de palmeiras. Foi agora, nestepasado verán cando chegou ao Baixo Miño, e hai uns días que percibimos que as palmeiras da escola estaban afectadas polo chamado "picudo vermello".
Os efectos deste bechiño, son devastadores. Cando vai frío, mantense en estado parasitario, e cando chega a calor, convértese nun insecto voraz.
Dende a dirección da escola, tentouse que o Concello tratase as palmeiras con algún praguicida que permitise que as palmas seguisen a presidir a entrada da escola. A intervención dunha empresa especializada, servíu para informarnos de que só se podía talalas e incineralas. Non había outra!
A actuación supuxo una atracción para o alumnado que non quería perder nin un só paso do acontecemento, agora que descubriran como é o proceso vital do picudo vermello... Na investigación directa, souberon que, a larva se envolve nun capullo que constrúen con febras da propia palmeira. Aquí convértese nun verme e logo, trala metamorfose, nun insecto adulto.
PICA NA IMAXE |
A actuación supuxo una atracción para o alumnado que non quería perder nin un só paso do acontecemento, agora que descubriran como é o proceso vital do picudo vermello... Na investigación directa, souberon que, a larva se envolve nun capullo que constrúen con febras da propia palmeira. Aquí convértese nun verme e logo, trala metamorfose, nun insecto adulto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)