Amosando publicacións coa etiqueta NORMALIZACIÓN LINGüÍSTICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NORMALIZACIÓN LINGüÍSTICA. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de novembro de 2014

MAGOSTO 2014

  Coa  chegada do outono, chega o tempo de celebracións tan tradicionais coma o MAGOSTO. O pasado martes día 11, DÍA DE SAN MARTIÑO, celebramos na escola esta festa tan tradicional. Ornamentada a escola para a ocasión, coa colaboración das familias celebramos unha festa que estivo presidida pola nosa castañeira.


Xunto ás castañas asadas que o noso porteiro Quique, xunto coas familias prepararon no centro para a ocasión, sumáronse ao programa   desta festa unha morea de obradoiros polo que pasaron tódalas aulas. Puideron xogar aos trompos, á culler-castaña, carreiras de zancos, tragacastañas con fisgas, camiño de castañas e incluso un karaoke.

E a choiva cesou. Despois de facer estes obradoiros nos corredores da escola, pasamos a gozar do magosto no patio, xa que o sol decidiu sumarse a esta festa tan " marabillosa".


xoves, 22 de maio de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Este martes día 20, celebramos na escola o Día das Letras Galegas, que este ano dedicábase a Xose María Díaz Castro. Como xa ven sendo costume, elaborouse un álbum de cromos coa vida e obra do autor. Esta actividade segue a ser un éxito entre os maiores.Comprobade como a gozaron.


BAILE DAS FITAS.

mércores, 13 de novembro de 2013

POLO SAN MARTIÑO.... CELEBRAMOS O MAGOSTO.

Un ano máis, na escola celebramos a tradicional festa do Magosto, que non é máis que  unha merenda, na que a castaña é a protagonista. Porén, esta é unha festa  moi importante para o noso cole, xa que pais, nais, avós, mestres e nen@s gozamos cunha actividade conxunta.
Todo comezou coa confección da nosa amiga a CASTAÑEIRA. Nesta ocasión tocoulle aos nenos e nenas de segundo de primaria e do sexto curso da educación infantil.
O gran momento viviuse no día de hoxe, cando os pais e nais colaboraron dun xeito formidable para que todos gozasemos da actividade. MOITAS GRAZAS!!!!

venres, 8 de novembro de 2013

12 de santos do 2013. MAGOSTO.


O magosto tradicional, enténdese como unha merenda, a base de castañas asadas. Adoita celebrarse no mes de novembro, arredor do San Martiño. Acéndese un lume, ata facer brasas, enriba delas póñense as grellas ou tambores furados, coas castañas dentro, vaiselles dando volta cun pao ata que estean ben asadas. Namentres, os demais participantes da festa, buscan un sitio axeitado para comelas. E, por suposto, a festa non sería tal sen contar coa práctica de distintos xogos: a corda, a petanca, a ra, xogos con aros, o brilé, o pano,...



Para facer esta festa é preciso que as familias colaboren coa ACHEGA DE CASTAÑAS. Precisamos que cada familia mande unhas poucas. Estas, deberán estar atasnicadas,  para que non estoupen no lume, e deixaranse nunha caixa que estará en cada unha das aulas, os días 11 e 12 de novembro. Moitas grazas.

 O programa previsto para o martes será:
11.30 a 12.30 h. Xogos populares para Educación Infantil e Educación Primaria.
12.30 a 14.00 h. Reparto de castañas.
 As familias que o desexen, poderán participar no asado das castañas poñéndose en contacto coa ANPA e o resto poderán acceder á escola a partir das 12.30 h.
Nas aulas, xa estamos a traballar esta festa tradicional con adiviñas, refráns, cantigas,... 



ADIVIÑA:

ALTO ESTOU
COR DE OURO TEÑO
E POR UNHA RISOTADA
PERDO O QUE TEÑO.


REFRÁNS: 

AS CASTAÑAS QUE DESPOIS DO SAN MARTIÑO QUEDAN NO SOUTO, SON DO MOUCHO. 

POLO SAN CIBRÁN CASTAÑAS MADURAS NA MAN.

SE XANTAS CASTAÑAS, DE VISITA NON VAIAS.

CASTAÑIÑAS A ROER, PIOLLIÑOS A NACER.

domingo, 16 de xuño de 2013

PORTAL DAS PALABRAS


  http://portaldaspalabras.org/




 Deixo aquí unha nova e interesante ferramenta da que podedes facer uso premendo na imaxe.
Podedes acceder dende o blogue de  
Dinamización lingüística
A voz do Resío

Se aínda non o coñecedes, xa vai sendo hora...É moi interesante!
                                                                                                                                                         


 

venres, 17 de maio de 2013

CORRELINGUA 2013.

TODO O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NA ACTIVIDADE 
CORRELINGUA 2013.
DESPRAZÁMONOS EN AUTOBÚS ATA O CONCELLO PARA DENDE ALÍ, CO LEMA
"O GALEGO A CHAVE DO MUNDO"
PERCORRER AS DIFERENTES RÚAS DA NOSA CIDADE ATA CHEGAR AO PARQUE DE CASTRELOS ONDE NOS ESPERABA UNHA SABOROSA MAZÁ E UNHA ANIMACIÓN. CAMIÑAMOS POLA  NOSA LINGUA.