mércores, 30 de marzo de 2011

Un video dos expertos PINTORES. O final dun ciclo

O grupo de nenos e nenas de 5 anos rematon o ciclo de conferencias de expertos. Todos demostraron saber moitisimo sobre as diferentes profesións relacionadas coa construción do novo cole!!
Parabéns para todos!!
Sodes magníficos!!

luns, 28 de marzo de 2011

Visita ao porto de Vigo

 Os nen@s de 3º, 4º e 5º fomos visitar o porto de Vigo. Aprendemos moitas cousas sobre peixes e mariscos.Miramos como desenvolvían o seu traballo os traballadores do porto tamén miramos moitas máquinas, barcos e gaivotas!!!




xoves, 24 de marzo de 2011

OS EXPERTOS EN... CARPINTERÍA.

Os pequenos carpinteiros. on PhotoPeach

Os pequenos carpinteiros. on PhotoPeach

Un video dos expertos CARPINTEIROS

SEGUNDO, EXPERTO EN DEMOLICIÓN.

OS DE SEGUNDO, EXPERTOS EN DEMOLICIÓN. on PhotoPeach

OS EXPERTOS ALBANEIS DE TERCEIRO.

OS EXPERTOS ALBANEIS. on PhotoPeach

DURANTE O ENTROIDO, FIXEMOS ORELLAS.

AS ORELLAS DE CUARTO. on PhotoPeach

OS DE PRIMEIRO SON FONTANEIROS.

Os expertos fontaneiros. on PhotoPeach

Un vídeo dos expertos FONTANEIROS.

ALGUÉN PETA NA NOSA PORTA.

A D I V I Ñ A S ?
Aproximase a estación do ano que se atopa entre o inverno e o verán. 
Comeza o 21 de marzo e remata o 21 de xuño.
Poderíamos chamarlle spring en inglés,
    Frühjahr en alemán, 
    printemps en francés, 
    primavera en italiano, 
    primavera en portugués, 
    primavera en castelán,
    " 春天"en chinés,
     e...
      PRIMAVERA EN GALEGO.

       Achégase a estación das flores,... polo que a nosa horta bota andar. Aquí tedes unha mostra do traballo que levamos feito nas últimas semanas. 
      Primeiro limpamos as rodas, pois as malas herbas medraran durante o tempo invernal. Logo pintamos as rodas para ter unha horta de cores, botamos terra con abono e... PLANTAMOS. Xa temos repolos, leitugas, pementos, tomates, cebolas, fresas e chícharos.
      Esperamos que gocedes con esta presentación. Un saúdo a todos.

      A NOSA HORTA on PhotoPeach

      GAÑADORES DE DÓUS MARATÓNS NA AULA DE 4 ANOS.

      TEMOS DÓUS CAMPIÓNS NA NOSA AULA.
      ESTA FIN DE SEMANA ,SILVIA E BRAIN,CAMPIÓNS.
      SILVIA QUEDOU DE TERCEIRA NO MARATÓN COUTADA-BEADE ,NO DOMINGO ,DÍA 20 DE MARZO ,E ESE MESMO DÍA QUEDA DE PRIMEIRO BRIAN NO MARATÓN DE TUI.E UN ORGULLO PARA NÓS ,POLO SEU ESFORZO E ADICACIÓN.



      NORABOA SILVIA E BRIAN.!

      martes, 22 de marzo de 2011

      sábado, 19 de marzo de 2011

      FELÍZ DÍA DO PAI.

      OS NENOS/AS DE 4 ANOS, VOS DESEXAN UN FELÍZ DÍA DO PAI ,NA COMPAÑA DE TÓDOLOS VOSOS FAMILIARES E AMIGOS.


      PARA TÓDOLOS PAIS DO MUNDO VAI ADICADA ESTA FELICITACIÓN E ESTE VÍDEO QUE ESCOLLEMOS POLO SEU SIGNIFICADO E COMO UNHA PEQUENA HOMENAXE A VÓS QUE TANTO DADES AOS VOSOS FILLOS/AS.
      APROVEITAMOS PARA LEMBRAR,CON ESTE VÍDEO DE DEBUXOS XAPONESES,A TÓDALAS FAMILIAS NIPONAS QUE ESTÁN A PASAR UN INFERNO POR MOR DA CATÁSTROFE ACONTECIDA.
      AMOSAMOS A NOSA SOLIDARIEDADE E O NOSO APOIO.
      ÁNIMO XAPÓN!


      O MUNDO ENTEIRO ESTÁ CONVOSCO.

      venres, 18 de marzo de 2011

      un video e unha escolma de fotos dos expertos nas MÁQUINAS DE CONSTRUCIÓN

      Hoxe, venres 18 de marzo, foron os nenos de 4 anos os que explicaron, nunha conferencia moi interesante, todo o que aprenderon sobre as máquinas que interveñen na construción do noso novo cole.
      Parabéns nenos e nenas de 4 anos




      CONFERENCIA DOS EXPERTOS NAS MÁQUINAS DE CONSTRUCIÓN.

      SOMOS EXPERTOS ALBANEIS

      Os nen@s de terceiro sabemos moitas cousas sobre o traballo dos albaneis... porque temos investigado moito.
      Explicaremos moitas cousas sobre o tema na nosa conferencia.
      Todos os cursos estades convidados a ela o vindeiro martes 22 na hora de ler. A conferencia terá lugar no comedor.
      Agardamosvos alí con moita información.
      Mentres tanto aquí tedes unha pequena mostra do noso traballo.



      EN PLÁSTICA APRENDEMOS A COCIÑAR.

      Non hai moito tempo que fixemos un taller de cociña durante a clase de plástica. Desta vez aprendimos a facer galletas de nata. Aquí podedes ver o ben que o pasamos.
      SOMOS COCIÑEIROS. on PhotoPeach

      xoves, 17 de marzo de 2011

      INVITACIÓN DE CORINA PORRO

      Os rapaces de 3º, 4º e 5º fomos invitados pola presedenta do Porto de Vigo, Corina Porro, á presentación de novos materiais didácticos sobre o porto da nosa cidade.
      Só foron invitados dous colexios de Vigo! O centro Santiago Apóstol (Xesuítas) e o noso.
                            Había moita prensa... TV, radio e prensa escrita.

      Presentaron un libro cun CD-ROM interactivo que logo nos regalaron:















      Fixémonos fotos con Corina Porro...
                                    


      Coñecemos algunhas instalacións do porto mais... volveremos facer outra visita para coñecelo un pouco máis a fondo.
            Grazas pola invitación, presidenta!

      mércores, 16 de marzo de 2011

      un video dos expertos en ARQUITECTURA

      Parabéns rapaces de 5º de primaria. 
      Sodes uns verdadeiros expertos en arquitectura!! O traballo de todo este trimestre pagou a pena!!
      Grazas por compartilo con nós!!



      OS EXPERTOS EN...

      Dende hoxe, e durante 9 días, na hora de ler, cada grupo-clase convertirase en experto nun oficio. Hoxe tocoulle a quenda aos nenos e nenas de quinto de primaria. eran expertos en Arquitectura.

       






      CHARLA DO SR. INSPECTOR DA BRIGADA DE SEGURIDADE CIDADÁ DE VIGO.

      Hoxe, de 17h a 18.30h, as familias tiveron a gran sorte de poder asistir a unha charla de grande interese sobre as vantaxes e os inconvenientes do uso da Internet nos fogares e con menores.
      A charla foi conducida polo Sr.  Luis Alberto Luaces Bustabad, Inspector da brigada de seguridade e atención cidadá da Policía Nacional de Vigo.





      Nesta charla tratáronse, entre outros,  temas tan importantes como a supervisión do que fan os nosos fillos/as na Internet, os perigos dos chats, redes sociais, webcams, a pornografía infantil na rede, os virus informáticos, "hackers", os envíos seguros dos e-correos, as conexións de redes inarámicas, as suplantacións de identidades, os perigos das emisións de datos persoais, as estafas, etc.





      As familias e os profesores quedaron encantados pola clara e sinxela exposición do Sr.Inspector, sempre amable e moi didáctico. Lembremos que este coloquio tamén foi realizado para os alumnos/as do terceiro ciclo de primaria no noso centro e os rapaces quedaron moi satisfeitos.
      A profe Isa gravou coa cámara de vídeo da escola, toda a conferencia.

      Dámoslle as grazas a tódalas familias asistentes e, por suposto, ao Sr.Inspector de Policía que tivo tanta amabilidade para connosco.
      NON ESQUEZAMOS QUE INTERNET É ESTUPENDA PERO TEN OS SEUS RISCOS.

      martes, 15 de marzo de 2011

      EXERCICIOS PARA SEDENTARIOS


      Estes exercicios están orientados a suavizar o segmento dorsal da columna e fortalecer os músculos extensores das costas e a musculatura da omóplata.
      1) Boca abaixo, os brazos estendidos á altura dos ombreiros e a fronte sobre o chan. Levantar a cabeza, os brazos e a parte alta do busto.
      Repetir 10 veces.
      2) Boca abaixo, os brazos estendidos e a fronte sobre o chan. Levantar alternativamente os brazos sen mover a cabeza nin as pernas. Repetir 10 veces.
      3)Boca abaixo, os brazos estendidos e a fronte sobre o chan. Levantar os dous brazos á vez sen mover a cabeza nin as pernas. Repetir 10 veces.
      4) A gatiñas, levantar o brazo e movelo en círculo de adiante cara atrás seguindo o percorrido do brazo coa mirada, ao final do percorrido cambiar o sentido. Repetir 10 veces con ambos  brazos.
      5) Sentado, as mans xuntas detrás da cabeza e os pés separados uns 50 cm. Inclinar o busto en lateral cara á esquerda e despois cara á dereita co lombo recto. Repetir 10 veces.

      martes, 8 de marzo de 2011

      8 DE MARZO:"DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA".




      DENDE ESTE BLOGUE,EU,MARICRUZ,UNHA MULLER TRABALLADORA,QUERE RECORDARVOS QUE HOXE,8 DE MARZO,CELÉBRASE EN TODO O MUNDO "O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA" .POR ISTA RAZÓN POÑO Á VOSA DISPOSICIÓN ESTES ENLACES DE INTERESE,QUE NOS FALAN DA HISTORIA DESTE DÍA E ALGUNHAS COUSAS INTERESANTES QUE TODO O MUNDO DEBERÍA SABER,ADEMÁIS DE RECORDAR Á NOSA AMADA "ROSALÍA DE CASTRO".

      AS MULLERES TRABALLARON,TRABALLAN E TRABALLARÁN SEMPRE DENTRO E FORA DA CASA,POLOS SEUS PRINCIPIOS,VALORES,DEREITOS E RECOÑECEMENTO,PORQUE SEMPRE,Ó LONGO DOS TEMPOS,LOITARON DURAMENTE POLO QUE AMARON:ÁS SÚAS FAMILIAS E Á SÚA TERRA.
      Maricruz





      luns, 7 de marzo de 2011

      EXERCICIOS PARA SEDENTARIOS

      Exercicios para a columna cervical

      A artrose afecta a gran cantidade de persoas que sofren dores nas súas articulacións, mesmo na columna cervical. Son frecuentes as dores a nivel da caluga e o pescozo, que se poden aliviar con estas rutinas que debe repetir polo menos 10 veces por día.

      1- Sentado nunha cadeira. Arrime as costas á parede, leve a cabeza para atrás até tocar a parede. Repita o exercicio; leve a cabeza para atrás coa boca pechada e cara abaixo. Debe tocar o peito co mentón.

      2- Tome asento e estenda os brazos aos costados. Alce ambos os ombreiros ao mesmo tempo unha e outra vez.

      3- Mova a cabeza ata que o seu mentón alcance o peito.

      4- Agora mova a cabeza cara atrás, todo o que poida.

      5- O mentón debe tocar o ombreiro dereito e logo o esquerdo, virando suavemente.

      6- Mova a cabeza cara  ambos os lados, inclinándoa cara ao ombreiro coma se fóra a tocalo coa orella, cara á esquerda e cara á dereita.

      7- Agora mova a cabeza en círculo completo, dun lado e logo do outro. Non o faga rápido senón lentamente para que non se maree.

      8- Parado cos brazos cruzados cos cóbados flexionados e un antebrazo sobre o outro manteña a posición por uns segundos e repita.

      9- Xunte as palmas das mans e logo mande os seus cóbados cara atrás en dirección ás costas tratando de tocar os homoplatos.

      10/11- Parado nunha esquina da habitación apoie as mans e estenda os brazos, inclínese cara adiante, coma se fixese flexións. Tente levar o máis preto posible a súa cara á parede. Volva á posición inicial.

      venres, 4 de marzo de 2011

      POR FIN A FESTA DE ENTROIDO NA ESCOLA!

      COMO XA SABEDES,OS NENOS/AS DE 4 ANOS DISFRAZÁMONOS,NESTE ENTROIDO, DE ESCAVADORAS, POIS ESTE ANO ESTAMOS COAS OBRAS DO NOVO COLE E COMO CADA CURSO TIÑA QUE ELIXIR UN DISFRACE DAS DIVERSAS PROFESIÓNS E MÁQUINAS PROPIAS DA CONSTRUCIÓN,NÓS ELIXIMOS QUIZÁIS UN DOS MÁIS DIFÍCILES.LEVOUNOS MOITÍSIMO TRABALLO PERO ESTAMOS ORGULLOSOS DOS RESULTADOS.FOI UNHA FESTA ESTUPENDA.
      A PROFE MARICRUZ FIXO UNHAS 110 FOTOS POLO QUE TIVO QUE FACER UNHA SELECCIÓN .AQUÍ TEDES UN RESUMO DESTE DÍA TAN ESPECIAL.

      FESTA DO ENTROIDO NO COLE ROCÍO on PhotoPeach
      MOITÍSIMAS GRAZAS A TÓDOLAS FAMILIAS,ANPA, PROFESORES ,COIDADORA MARGA E POLICÍA QUE COLABORARON NO PASARÚAS E NA ELABORACIÓN DAS SOBREMESAS TÍPICAS DO ENTROIDO.
      UNHA APERTA MOI FORTE E...
      FELÍZ ENTROIDO A TODOS/AS!

      PICOLINDO,PERECHO E MARICRUZ.

      Celebramos o entroido

      Os nenos e nenas de terceiro, despois de estudar a fondo o traballo dos albaneis vestímonos como eles e saímos celebrar o Entroido formando unha comparsa chamada:


      "CHAPUZAS A DOMICILIO"

      mércores, 2 de marzo de 2011

      TODOS/AS SOMOS MANI-MANITAS, NA AULA DE 4 ANOS.

      NESTE MÉRCORES DE ENTROIDO,ADEMÁIS DE ACATAR AS ORDES DO MECO ,REMATAMOS AS NOSAS MÁSCARAS DE MANI-MANITAS.

      A VER SE ADIVIÑADES QUE NENO/A SE AGOCHA DETRÁS DE CADA CARETA.
      VALENTINA,XIÁN,ALBA,BRIAN,TRISTÁN E SILVIA.

      MIGUEL,MANUEL,YAGO,IVÁN E AMBRA.

      SARA,LOLA,ADRIÁN,NICOLÁS E NOA.
      SUPERBONITIÑAS.SON UNS ARTISTAS.

      Proxecto ELECTRICIDADE 6º Primaria

      Os nenos e nenas de 6º de primaria están aproveitando as ensinanzas sobre electricidade para elaborar un circuito eléctrico. Este  proxecto conxunto con todos os rapaces da escola, sobre os oficios implicados na realización do noso novo cole, utilizarémolo tamén como idea para disfrazarnos no Entroido.