Dende a escola sumámonos a tódalas as iniciativas para reivindicar que se tomen medidas que conduzan a eliminar a violencia de xénero dunha vez. Nas aulas o alumando conmemorou esta data realizando distintas tarefas, entre as que se atopa a busca de expresións artísticas ou monumentos dedicados a mulleres e reflexionar sobre o que representan.
Tiña razón Picolindo, a nosa mascota, cando dicía que nos iamos converter en científicas e científicos dispost@s a explorar, aprender e divertirnos.
O traballo en familia dá os seus froitos. Nenos e nenas están a enviar vídeos con xogos e actividades relacionados con algún aspecto científico.
Esta mochila que sae da escola os venres e regresa os xoves, permítenos observar, manipular e facer uso EN FAMILIA de tódolos materiais que leva. Parece que está a gustar.
Imos amosarvos algún dos vídeos que chegaron esta semana á escola.
Un marabilloso día de sol reinou hoxe na festa do Magosto. Rapaces, mestres, pais, nais, avós, avóas,. . gozaron dun día de xogo e diversión. Os xogos tradicionais, encantáronlle ao noso alumnado.
Unha fermosa castañeira acompañounos na festa.
Se queredes gozar das fotos do día de hoxe, so tedes que premer na imaxe.
Por segundo ano consecutivo, a nosa leira de palabras comeza a xermolar. Dende o 1 de outono, aparece unha palabra por día relacionada co tema anual. Chegados a finais de mes, aparecen os xogos de participación en función dos niveis educativos dos nosos alumn@s.
Este mes, considerouse actividade de aula pero a partir do mes de santos, é unha actividade voluntaria, que se deposita, unha vez completada, na caixa de correo de Picolindo. A nosa mascota agasallará aos participantes máis espelidos con Pikeuros que se usarán no mercado do libro de ocasión.