Xa
estamos no outono e a primeira festa do ano xa se achega: O Samaín!
Como todos os anos, convocamos ao alumnado e ás súas familias para
que participen no CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO, que
este ano fai a súa sétima edición.
As
diferentes CATEGORÍAS nas que poden
participar os vosos relatos son:
-
AUDIO: Poderán presentarse a esta categoría os microrrelatos
gravados nun audio.
Animámosvos
a participar nesta categoría! É moi sinxelo: pensa nun bo tema,
escribe o guión e grávate! A túa historia publicaráse nos
programas de Radio Resío que se emitan durante este outono.
-
VÍDEO: Participarán nesta categoría os relatos que fagan un
pequeno relato audiovisual en formato Vídeo.
Fai
a túa curta! Móstranos o Alfred Hitchcock que levas dentro.
Fíxate
ben nas normas que hai establecidas para ambas as dúas categorías.
Que non quede fóra a túa historia por un pequeno despiste!
NORMAS
para os relatos:
1-
Estes pavorosos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua
Galega.
2-
O tema ten que ser de medo ou de misterio.
3-
Deben de ter unha duración máxima de DOUS MINUTOS.
4-
Poden realizarse nas modalidades de Audio e
de Video.
5-
Tedes que envialos por unha destas canles:
·
E mail: juanlf@colexiorocio.com
·
WhatsApp da nosa escola 658715569
·
Traer á escola nun Pen drive
6-
A data límite para entregar os vosos relatos será o LUNS 28
de outubro ás 23:59h.
Os
microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os
seguintes criterios:
CRITERIOS
DE PUNTUACIÓN
-A
corrección idiomática
-A
participación do alumnado
-A
entonación e interpretación
-A
estrutura do relato: inicio, nó, e desenlace. (Non ten
que ser necesariamente nesa orde!)
-Os
efectos especiais
O
mércores 30 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos
finalistas e coñeceremos aos gañadores das diferentes categorías
do concurso.