sábado, 24 de decembro de 2011
domingo, 18 de decembro de 2011
PARA TÓDOLOS NENOS/AS ROMANESES DA NOSA ESCOLA.
O NADAL EN ROMANÍA
A tradición máis importante de Romanía é que os nenos vaian de casa en casa cantando panxoliñas e recitando poesías e lendas durante a tempada do Nadal. O líder leva unha enorme estrela de madeira denominada steaua, que está cuberta con papel brillante e decorada con campás e cintas de cores.
Unha pintura da Sacra Familia está pegada no centro da estrela e todo isto colócase sobre o pau que suxeita quen o leva. O que máis gusta sobre os Nadais deste país é o espírito do Nadal que se sente no aire, todos esquecen os problemas do ano, a ilusión dos nenos ao recibir un agasallo, non piden cousas, porque alí hai pobreza, confórmanse co que sexa.
Antes de todo, as nais adoitan preparar COZONAC unha clase de panettonne, ou algo así, que é un pan doce, recheo de crema de chocolate e noces, e que os nenos esperan con impaciencia que saia do forno para probalo quente. Fanno nun forno con lume de leña. Despois preparan o xantar, que como aquí, ten que ser especial, xa que toda a familia se reune nas casas. Pasteis caseiros e preparados específicos de carne de porco que se mata unha semana antes de Nadal, cunha clase de ritual moi antigo, unha tradición que se gardou durante séculos. E a noite antes de Nadais, todos os nenos do pobo van a todas as casas do pobo a cantar panxoliñas, para que todos teñan sorte no aninovo. Dábanselles a troque noces e roscas, e voltaban a casa así pola mañá, xeados pero contentos, cun saquiño cheo de agasallos doces. Toda esa noite a vila énchese do canto e dos risos dos nenos. O día de Nadal van todos á igrexa, e alí está case todo o pobo, a xente non colle toda dentro.
Logo, todos volven ás súas casas e poñen a mesa porque os fillos van visitar ós seus pais con netos e sobriños, xúntase toda a familia, do máis vello ao máis cativo, e as festas continúan ata a noite. A xente bota moito de menos esta tempada a atmosfera de felicidade e de festa de alí. Tamén adornan a árbore de Nadal, con doces e bólas, luces e xoguetes, se hai nenos na casa, isto faise a noite antes de Nadal. Os agasallos non son cousas caras, pero para os nenos son o mellor do mundo xa que os trouxo o vello Papa Noël ou San Nicolás, depende da relixión que profesen.
Todo é alí diferente, a xente pásao mellor, dado que se poden permitir cousas así só tres veces ao ano: de Nadal, Noite Vella e Pascua.
Alí o Nadal celébrase algo diferente. O Nacemento do Neno Xesús, é unha tolemia de xente correndo na procura de agasallos, mesas festivas e pouco máis. Noutros países ortodoxos, como Bulgaria, Romanía ou Grecia, o que se conmemora é, no día 6, o bautismo de Cristo, mentres o Nadal é o 25 de decembro como en Occidente. En Romania, en Chipre e Grecia, os popes, ademáis, van de casa en casa e bendicen os fogares con albahaca mollada en auga bendita. Os romaneses, ortodoxos, non poñen o belén nin celebran o día de Reis. No seu caso, é San Nicolás o que, o 24 de decembro, chega cargado de agasallos.
E AGORA,UNHA PRECIOSA PANXOLIÑA POPULAR DE ROMANÍA.
CRACIUN FERICIT SI UN AN NOU FERICIT!
venres, 16 de decembro de 2011
Unidade Didáctica do Nadal
Aquí vos deixamos unha unidade didáctica sobre o Nadal, para que non vos aburrades nestas vacacións.
FELICES FESTAS!
FELICES FESTAS!
xoves, 15 de decembro de 2011
ACTIVIDADES DE LECER PARA O NADAL
Desde a Concellería de Normalización Lingüística, ofrécennos unha chea de actividades e actuacións para este Nadal. Preme na seguinte ligazón para ver as distintas actividades.
UN MAR DE NADAL.
ESTA É A LETRA DA PANXOLIÑA QUE SONA NA PRESENTACIÓN:
"A MIÑA BURRIÑA".
PANXOLIÑA MOI ANTIGA DE GALIZA,IMPROVISADA ,AGÁS "A MIÑA BURRIÑA...",
XA A SABEN ALGÚNS RAPACES DE ED. INFANTÍL.
PODÉDELA APRENDER VÓS E PODEDES INVENTAR O RESTO,COMO O FACÍAN OS NOSOS ANTERGOS.
A LETRA PRINCIPAL É ASÍ:
A MIÑA BURRIÑA CANDO VAI PRA O MUIÑO VAI,
TODA ENFARIÑADA E CHEIÑA DE FRÍO.
CHEIÑA DE FRÍO E MÁIS DE XIADA ,AI!
A MIÑA BURRIÑA, SEMPRE VAI CARGADA.
ESTA NOITE HAI UNHA FIA E TAMÉN UNHA ESPADELA.(BIS)
QUÉNTAME O CALDO MAMAI ,AI!,
QUE EU TAMÉN QUERO IR A ELA.(BIS).
QUE EU TAMÉN QUERO IR A ELA.(BIS).
A MIÑA BURRIÑA...
E AGORA ,A IMPROVISAR!
mércores, 14 de decembro de 2011
domingo, 11 de decembro de 2011
DIA DOS DEREITOS HUMANOS.
Hai xa bastante tempo dende que se proclamaron os dereitos humanos, concretamente 63 anos. Ano a ano celebramos esta data tan importante pois é preciso lembrala porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación.
CALENDARIO DAS EMOCIONS.
Ao igual que outros anos por estas datas, os nenos e nenas da escola esfórzanse por traballar no tema anual que propón Picolindo a través da Biblioteca e ilustran o calendario que levan como agasallo ás familias. Este curso traballamos o tema "Un mar de emocións". Esperamos que vos guste.
O MAR DE VIGO EN NADAL.
Como cada curso escolar, chegadas estas datas, celebramos o Nadal na escola. Unha das actividades que levamos a cabo na aula de plástica é facer unha ou dúas postais de Nadal. Aproveitando que este ano temos como tema UN MAR DE EMOCIÓNS e o Concello ofrécenos a posibilidade de participar no Concurso da Concellalía de Educacióin co tema O MAR DE VIGO EN NADAL,a felicitación navideña que enviaremos a tódala Comunidde Educativa terá ese tema. Esperamos que vos guste.
xoves, 8 de decembro de 2011
A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
O DÍA 6 DE DECEMBRO É O ANIVERSARIO DA NOSA CONSTITUCIÓN, QUE FOI ASPROBADA NO ANO 1978.VOTADE CONTAS DOS ANOS QUE TEN!!, NELA ESTÁN RECOLLIDOS TODOS OS NOSOS DEREITOS E TAMÉN AS NOSAS OBRIGAS. AQUÍ VAI UN PEQUENO REPASO, CON XOGO INCLUÍDO, TRABALLO DO CEIP MENÉNDEZ PELAYO DA XUNTA DE ANDALUCÍA.
ttp://www.juntadeandalucia.es/averroes/menendezypelayo/actividadestic/webtematica/constitucion/index.htm
ttp://www.juntadeandalucia.es/averroes/menendezypelayo/actividadestic/webtematica/constitucion/index.htm
sábado, 3 de decembro de 2011
DÍA 3 DE DECEMBRO:"DÍA INTERNACIONAL DOS DISCAPACITADOS".
COMO OS NENOS/AS DE 5 ANOS ESTAMOS MOI SENSIBILIZADOS CON ESTE TEMA,QUEREMOS LEMBRAR, A TÓDALA COMUNIDADE EDUCATIVA,ESTE DÍA ESPECIAL PARA NÓS PORQUE...
E NÓS E TÓDOLOS PROFESORES,PROFESORAS E COIDADORAS DO CEIP"VIRXE DO ROCÍO"TRABALLAMOS DURAMENTE,TÓDOLOS DÍAS,POR E PARA QUE TÓDOLOS NENOS/AS SE SINTAN CUN GRAN
E NON BUSCAMOS O AGRADECEMENTO DAS FAMILIAS,NIN AGASALLOS,NIN GRATIFICACIÓNS.
O ÚNICO QUE BUSCAMOS E TRANSMITIR AFECTO,COMPRENSIÓN E COÑECEMENTOS,DE CORAZÓN A CORAZÓN.
ESPERAMOS QUE A SOCIEDADE PENSE COMA NÓS.
XA SE FIXERON MOITAS COUSAS PERO ELES SÓ QUEREN UNHA :
QUE SE LLES TEÑAN EN CONTA.
EN CONTA CANDO FAGAN UNHA BEIRARRÚA,CANDO APARCAN NAS SÚAS PRAZAS DE APARCAMENTO,QUE FAGAN MÁIS SEMÁFOROS SONOROS...
PENSADE QUE HAI 4.000.000 DE DISCAPACITADOS/AS.
E AGORA,UN CONTO MOI ESPECIAL.
E AGORA,UN CONTO MOI ESPECIAL.
xoves, 1 de decembro de 2011
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)