Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA PAZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA PAZ. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de xaneiro de 2026

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 

Hoxe, ás 12h o alumnado da escola xuntouse no ximnasio da escola para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. A rapazada levaba días traballando nas aulas e hoxe, fixemos o acto común de celebración. Reflexionamos sobre a paz, buscamos onde existen conflitos armados e entre todos fixemos unha pomba de paz.

 

En plástica, basándonos no libro DENTRO DO GUERNICA, de Ana Alonso, da Colección Pizca de Sal, ANAYA,  reflexionamos sobre o que aconteceu na Guerra Civil Española e como o ilustrou Pablo Picasso. 


O Guernica do Resío, basado no Guernica de Pablo Picasso

 Xa, nas sesións de Biblioteca, coa profe Ana, a rapazada buscou información, indagou, e creou un Genially, onde aparecen os maiores conflitos armados da actualidade.

Na aulas prepararon a canción de paz de Pablo Diaz, "TIC, TAC, TOC" e decían unha verba relacionada coa paz os mais cativos e unha frase de paz os maiores. Un bo momento para que a rapazada comprenda o que significa a guerra e o gran valor da PAZ. Esperemos que o noso alumnado, tralos días de reflexión, teñan pulos de cambiar o mundo no que vivimos para mellor. 


O acto foi presentado polos alumnos de quinto, Ane Cid e Daniel Fernández. 






 Aquí tedes un pequeno video da celebración do día de hoxe. 

A música é de PABLO DÍAZ, a canción TIC TAC TOC.

luns, 3 de febreiro de 2025

ÉXITO ROTUNDO! GRAZAS FAMILIAS!


Hoxe colocamos os 107 niños recibidos na escola nas últimas dúas semanas, feitos por vós. Acompañounos o sol, os pais, as nais, os avós, as avoas e mailos veciños. 

Contamos tamén cun grupo moi importante de profesorado e alumnado do Centro de Educación Especial San Rafael, que non so contribuiron con aportación de niños, senón que viñeron ata a Avenida de Castelao coas súas escaleiras para colocar con nós moitas casiñas de aniñamento para paxaros.


Comezou un acto coa lectura dun manifesto, no que contamos o fachendosos que estamos por ter acadado o reto e por pertencer a esta comunidade educativa.


 

Continuou o acto coa canción "Paxariños a voar", co que celebramos o Día da Paz, na escola deste xeito tan especial.


 

Para finalizar, colocamos de xeito colaborativo todas as casiñas de aniñamento. 

Estade atent@s, sairemos na prensa escrita e na televisión.


 

 

A Avenida de Castelao vista polo alumnado


luns, 12 de febreiro de 2024

PERSOEIROS POLA PAZ

 

 

 O alumnado do quinto e sexto curso de primaria preparou para toda a escola un xogo con persoeiros e organizacións que tiveron un papel activo na procura da paz.





 

 

martes, 30 de xaneiro de 2024

DÍA DA NON VIOLENCIA

 Hoxe celebramos na escola o Día da NON Violencia e a Paz. Levamos días facendo obradoiros creativos e decoracións para os nosos corredores.

 


 Para comezar, o alumnado do segundo curso recita un poema de Gloria Fuertes, "Poema ao non"


 

Despois do tempo de lecer, todos os alumnos e alumnas, mestres e mestras da escola concentrámonos no patio de educación infantil para facer a representación do libro de "El muro", de Giancarlo Macri e Carolina Zanotti, Edicións Lu.

Nesta representación, unha raiña dun pais onde todo o mundo se recoñece pola súa cor, fainos descubrir que as veces, tomamos decisións inapropiadas e ridículas. O bonito e saber recoñecer os erros e camiñar xuntos.

 Os muros sepárannos, pero o futuro constrúese coa axuda de todo@s

Esperamos que gocedes coas imaxes, nós tamén gozamos preparando esta pequena representación. 




Finalizamos o acto do día da paz, cantando:Happening- Alto el fuego, nunha versión en galego.

Temos moitos muros que romper!, vivimos nunha sociedade onde debemos aprender a querernos e respetarnos. 

Pero hoxe, non podemos deixar de celebra o DÍA DA ILUSTRACIÓN.

Aproveitamos o traballo destes días, e os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria, ilustramos o conto "O Muro". Temos uns grandes artistas no noso alumnado.








 

POEMA AO NON DE GLORIA FUERTES

 O alumnado do segundo curso de primaria traballou na aula o POEMA AO NON de GLORIA FUERTES para celebrar o Día escolar da Non Violencia e da Paz .


 

luns, 30 de xaneiro de 2023

CHANZOS DE PAZ, PASOS POLA PAZ

 Hoxe se conmemora o día da non violencia, polo que na escola tivemos un acto moi especial. Logo de varios días traballando no obradoiro de imprenta, fixemos cos nenos e nenas maiores da escola un mural no recibidor da escola de verbas de paz.

 


Un gran traballo colaborativo no que todos aportamos o noso gran de area.

 


 

Por outra banda, ás 12h, concentrámonos diante dos chanzos do primeiro andar, para colocar uns fermosos cartaces con verbas de paz. Así, tódalas mañás ao chegar ao cole, subindo para as aulas lembramos moitos dos nosos propósitos e desexos.  Unha actividade moi bonita, da que vos deixamos unha fotografía. 


 

 

Xa para rematar, xuntámonos todos no patio de educación infantil para cantar a canción CAPAZ COA PAZ.

 


 

 

Para finalizar o día, en horario de tarde, CINE EN FAMILIA. Proxección da película Valiant. Éxito total, na biblioteca non collia nin un alfilete máis! Grazas por participar! 






COMUNICAR PAZ

 Agradecemento a todas as familias participantes nesta iniciativa de paz e refugallo.


 

venres, 27 de xaneiro de 2023

UNHA IMPRENTA ITINERANTE NA ESCOLA: ALOUETTE MACHINE

 Magnífica a experiencia vivida este xoves e venres de xaneiro na escola grazas a participación da escola no programa de Biblioteca Creativa, que a Consellería nos ofrece dentro do programa de Bibliotecas escolares.

PICO PENSA E CREA LINDO, fai que traballemos no mundo das letras, das palabras, da comunicación,... Recuperando o traballo artesanal da imprenta, Cris e Jeanba, explicaronnos en que consistía o funcionamento dunha imprenta. O proceso de copia é sinxelo. Trátase de facer pequenas pezas de metal cunha letra ou signo e colocarlo ao contrario, para elaborar o texto. Este feito sorprendeu, e nos primeiros intentos, as letras quedaban escritas do revés. Logo, acadaron escribilas correctamente.

Amosáronnos o material que traían na súa imprenta ambulante, ensináronnos a traballar coa tipografía. Fermosas tipografías que tiñan diferentes procedencias. Un pracer poder telas ao alcance da man.



Coas tipografías de madeira e de chumbo, mailas prensas, as tintas e os papeis, traballamos palabras e expresións de paz.

 

 Estivemos valorando a sorte que temos de vivir nun territorio onde reside a paz, nun tempo no que a guerra se atopa preto de nós, fainos reflexionar e desexar que pronto debe rematar, xa que non tiña nin que empezar.

 

 

 Neste obradoiro traballamos en equipo e creamos conxuntamente postais e cartaces de paz que imprimimos entre todos.


Agora, con todo o que imprimimos, esta semana faremos un fermoso mural colaborativo dun bosque de paz. Desexando ver o resultado dese obradoiro! 


 

venres, 28 de xaneiro de 2022

A PAZ NO RESÍO


 Hoxe conmemoramos na escola o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA.

 Na biblioteca colocouse unha gran exposición de libros de Paz.


 Nas aulas traballouse o concepto PAZ e todo o que conleva e a rapazada chegou á conclusión de  que a paz a temos que traballar tódolos días. A continuación,  levamos a cabo, seguindo o protocolo Covid,  unha actividade colaborativa conxunta basada na reproducción, "ao noso xeito" do mural situado na Rúa Martínez Garrido, que se fixo na honra deste alcalde, fusilado en agosto de 1936. 

 


Finalizou o acto cantando e bailando unha canción de  Mama Cabra. 

Se premes na imaxe accedes á ligazón a tódalas imaxes da conmemoración.



 


 

A PAZ EN VIGO

 Na nosa cidade temos moitos recunchos de paz, xoga e goza con eles!

 

PREME NA IMAXE

<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200px" height="675px" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/61eefda7ba8ae2001218b50f" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>
<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1200px" height="675px" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/61eefda7ba8ae2001218b50f" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

O ROSCO DA PAZ

 


PREME NA IMAXE


xoves, 27 de xaneiro de 2022

CONTACONTOS " O HOMIÑO DE PAPEL" E OUTRAS ACTIVIDADES DE PAZ

 Hoxe o alumnado do quinto curso de infantil gozou dunha sesión de contacontos enmarcado dentro do Día Escolar da Non Violencia, titulado " O homiño de papel".



Ao tempo, o alumnado de primeiro e segundo curso de primaria, crearon unha pomba coas súas mans. Foi unha actividade moi divertida!