Festexamos o Nadal cun programa de actividades pensado para que os nen@s puideran divertirse e sentir os costumes desta festa tan popular.
Comezamos coa visita do Paxe Real para que todos os nen@s puideran entregar as súas cartas e contarlle en persoa os seus desexos para o vindeiro ano.
As 10 da mañá xuntámonos todos no ximnasio da escola para formar grupos mesturados con nen@s de tódalas idades dende 3 a 12 anos. Despois comezaron os obradoiros.
Obradoiros de maquillaxe
Obradorios de contacontos
Obradoiros de panxoliñas
Obradoiros de Bingo
Mira na presentación todas as imaxes
Despois da visita do Paxe Real e os obradoiros chegou o momento da tradicional CHOCOLATADA e AS BADALADAS que marcan o comezo do novo ano. Para rematar, bailamos e cantamos no ximnasio gozando dun fantástico día de festa!!
Vive connosco as 12 badaladas!!
Mira a presentación de imaxes e descubre como o festexamos!!
Chegadas estas datas, comeza o momento de decorar a nosa escola de Nadal. Comezabamos decorando os cristais dalgún corredor e dalgunha aula e continuamos facendo unha árbore de Nadal moi colorista. Sabedes onde está?. Esperamos que xa a atoparades. De tódolos xeitos e para os máis despistados, aquí vai unha foto. Quedou preciosa.
Na aula de plástica estivemos a facer uns debuxos para o CONCURSO ANUAL de POSTAIS de NADAL.
Os debuxos amosan a creatividade de cada nen@. A preselección foi difícil para os mestres encargados e agora chega o proceso democrático. Tódolos nen@s votarán polos tres debuxos que máis lle gustan correspondentes aos ciclos educativos nos que non están matriculados. Dezaseis son os debuxos elixidos, catro por nivel. Estes son os afortunados.
NORABOA RAPACES!. TODOS SODES GAÑADORES.
Mañá coñeceremos os catro nenos e nenas que terán a honra de ser os máis votados. Os seus debuxos servirán para felicitar o Nadal ás familias da nosa comunidade educativa.
Por outra banda, nas aulas estase a traballar arreo no CALENDARIO ANUAL que recibiredes como agasallo de Nadal,
BOUZAS,
12 MESES, 12 LUGARES.
E... xa iredes descubrindo todo o que estamos a traballar para coñecer a vila de BOUZAS .
De momento, GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NA DECORACIÓN DAS CUNCHAS E ESTRELAS.
O NOSO CABALEIRO DAS CUNCHAS XA ESTÁ ENGALANADO.
luns, 10 de decembro de 2012
Continuamos a traballar no noso proxecto anual "BOUZAS", polo que antes de facer un roteiro por Bouzas, imos traballar diversos lugares significativos da vila onde se atopa situada a nosa escola. Tódolos nenos e nenas de primaria fixemos a nosa representación, con algún destes debuxos as profes farán a portada do noso calendario anual. Que vos parece?
Xuntos festexamos e coñecemos o cole novo gozando das instalacións cun programa de actividades excelente!!
O día de festa comezou pola mañá!!
A visita do Rey Midas, un mago cómico; deixou abraiados a todos os nenos e nenas da escola. A súa actuación estivo chea de sorrisos, gargalladas e maxia, moita maxia!!
Todos os rapaces querían participar nos xogos do mago!!
Mirade a presentación e gozade coas caras dos nen@s!!
Foi unha ledicia!!
Pola tarde a festa continuou...
O mellor aínda estaba por chegar...
A numerosa participación de familias fixo posible unha tarde chea de diversión: obradoiros, xogos, merendola, actuacións...
Aqueles que estivemos na festa sabemos do esforzo que tiveron que realizar as persoas encargadas da comisión da festa para que todo aquilo fora posible!!
Para elas, un agradecemento infindo!!
Grazas polo voso interese, a vosa implicación, o voso entusiasmo...
Grazas por compartir as vosas ideas, por querer formar parte da escola, por ensinar, por educar...
Lembrando unha frase de Paulo Freire:
"La educación no cambia el mundo, cambia a las personas que van a cambiar el mundo"
Desta tarde máxica tamén temos imaxes para compartir.
MAGOSTO E SAMAÍN, SAMAÍN E MAGOSTO son as festas tradicionais que teñen
máis pulo no outono. Traballamos arreo para ter unha decoración da
escola o máis bonita posible.
Foi un traballo colaborativo, no que tódolos nenos e nenas de
educación primaria colaboraron. Os máis cativos participaron coas súas
familias e as celebracións foron todo un éxito.
Bo día familias. Non sabemos se apreciades o traballo que levamos, tendo activos tantos blogues na nosa escola. Facemos moitas entradas pero non temos comentarios en case ningún. Fainos moita ilusión saber que utilizades, observades, valorades,... as distintas informacións que neles aparecen.
Para os despistados, lembramos que temos os seguintes blogues: O BLOGUE DA BIBLIOTECA. O BLOGUE DE PICOLINDO.
SE SODES CURIOSOS E QUEREDES SABER MÁIS SOBRE ESTA TRADICIÓN NOSA,PREMEDE NA FOTO DE PERECHO E VEREDES QUE SORPRESA...SABEREDES COUSAS ESQUECIDAS E QUE FORMAN PARTE DA NOSA CULTURA .VEREDES COMO,OS NOSOS RAPACES E RAPAZAS DE 3 ANOS,VOS ENSINAN UNHA LEMBRANZA ,DE FAI SÉCULOS,MOI BONITA E ESQUECIDA.
GOZADE DO SAMAÍN E NON COMADES MOITAS CHULAS E DEIXADE SITIO NO BANDULLO PARA O MAGOSTO,JI,JI,JI...!
UN BICO DE PERECHO,A PROFE MARICRUZ E OS NENOS/AS DE 3 ANOS.
Benqueridas familias, chegado o tempo do outono temos que celebrar as festas máis salientables. Adicaremos un tempo especial ao SAMAÍN, e dende logo ao MAGOSTO. Tampouco podemos esquecernos das paisaxes típicas do outono, polo que imos montar dúas exposicións.
Diante da porta de Dirección, teremos a exposición de FROITOS E FROITAS DO OUTONO e diante da BIBLIOTECA o noso recuncho dedicado ao SAMAÍN. Aquí podedes ver como van os preparativos. Agora estamos á espera dos cabazos e das cestas de froita. GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR.
NÓS,OS NEN@S DE 3 ANOS,DECORAMOS A NOSA AULA PARA A CELEBRACIÓN DO "SAMAÍN".SE QUEREDES MIRAR O CHULA QUE QUEDOU E APRENDER ALGUNHAS COUSAS SOBRE ESTA FESTA ANCESTRAL,PREMEDE NA FOTO.
XA VEREDES AS SORPRESAS QUE TEMOS ESTE SAMAÍN NA NOSA ESCOLA.
UNHA APERTA AFECTUOSA PARA TOD@S DOS NEN@S DE 3 ANOS,PERECHO E A PROFE MARICRUZ.
O nome da nosa escola é o Rocío, que provén do termo O Resío que foi o nome co que se coñeceu durante séculos a este barrio (antes aldea) situado entre a parroquia viguesa de Coia e a de Bouzas, no que se atopa a nosa escola.
REMATOU O PERÍODO DE ADAPTACIÓN DOS NEN@S DE 3 ANOS DO NOSO COLE.
TODO FOI ESTUPÉNDAMENTE E OS RAPACES E RAPAZAS VEÑEN Á ESCOLA SUPERCONTENTOS.SE QUEREDES SABER MÁIS,PREMEDE NA FOTO.
LEMBRAMOS ÁS FAMILIAS DE ED. INFANTÍL QUE O MARTES,25 DE SETEMBRO,ÁS 17h.,NO COMEDOR ESCOLAR,HABERÁ UNHA XUNTANZA XERAL PARA TRATAR TEMAS DE MOITÍSIMO INTERESE PARA AS FAMILIAS.
Todo parece indicar que a nosa escola estará lista para o inicio do curso escolar.
As obras de mellora e ampliación do noso cole parece que tocan ao seu fin despois de dous longos cursos. O pasado día 1, Dna. Mª José Bravo Bosch e D. César Pérez Ares, Delegada Territorial en Vigo e Xefe Territorial de Educación, visitaron as instalacións para ver como ían as obras de cara á próxima recepción das mesmas que será a finais de mes. O tempo é moi xusto e só se dispón da primeira semana de setembro para facer a mudanza. Estade atentos, solicitaremos a vosa axuda!
Queremos lembrar a tódalas familias que o vindeiro curso escolar ademáis de estar integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas escolares, somos un dos centros seleccionados para formar parte do Proxecto Abalar.
A inauguración oficial non sabemos cando será pero convidarémosvos a todos a participar da festa da nova escola que sempre será despois do inicio do curso escolar o vindeiro 12 de setembro.
GRADUACIÓNS 6º CURSO DE EDUCACIÓN INFANTIL E 6º CURSO DE PRIMARIA.
ENTREGA AGASALLOS BIBLIOTECA, MELLORES LECTORES CURSO 2011/2012.
E...
AS BÁGOAS DA DESPEDIDA.
PREME NO DEBUXO DO CABALEIRO DAS CUNCHAS E DECUBRE ESTA FERMOSA LENDA DE BOUZAS ,ADEMÁIS DE CONSULTAR O PROGRAMA DAS FESTAS DESTA FERMOSA VILA ,ONDE ESTÁ UBICADA O NOSO COLE,QUE SERÁN ESTA FIN DE SEMANA.
NON VOS PODEDES PERDER ESTAS FESTAS QUE SON DE INTERESE TURÍSTICO NACIONAL,NIN A SÚA TIRADA DE FOGOS DE ARTIFICIO.
A pesar das grandes restriccións económicas que sofren os equipos de dinamización lingüística, a nosa escola fai un esforzo por manter a Revista Escolar. Non sabemos se o vindeiro curso poderemos seguir imprimindoa pero de momento imos a gozar co traballo de tódolos nenos e nenas. Unha pequena presentación para abrir boca. Esperamos que sexa do voso agrado.
Que ben o pasaron os rapac@s!, Como bailaban!. En recompensa apareceu Bob Esponja. Se non puideches asistir, comproba o ben que o pasamos. Grazas, ANPA, polo voso traballo e esforzo!.
A Consellería de Educación, Cultura e O. U. acaba de facer pública a relación de centros seleccionados para adscribirse á rede Abalar no curso 2012-2013. Na citada relación aparece a nosa escola entre os 165 centros seleccionados. Isto vai supoñer que o noso centro conte no vindeiro curso escolar con importantes equipamentos informáticos para o nivel de 5º curso de E. P.
Cada aula dixital contará co seguinte equipamento: * Un ultraportátil para cada alumno/a. * Un portátil por aula para o uso dos docentes. * Un encerado dixital interactivo. * Un proxector. * Un armario para a carga dos equipos. * Rede wifi. Abalar é o proxecto que procura a integración plena das TIC na práctica educativa e tende cara á modernización e mellora da educación.
Abalar organiza os recursos existentes cara a acadar o aproveitamento efectivo dos contidos dixitais existentes nas redes e pretende maximizar o aproveitamento dos recursos na mellora das competencias dos vosos fillos e fillas. Isto non podería ser posible sen o grande apoio do profesorado que se forma día a día de cara á modernización do ensino.
Prometemos camiñar pasiño a pasiño e queremos comunicarvos que estamos de noraboa.
Para rematar as Xornadas de Expertos os nen@s do 3º ciclo de Primaria (quinto e sexto) fixeron unha conferencia sobre o AMOR. A proposta do 3º ciclo mesturaba representacións, adiviñas, vídeos, e moita información aprendida no aula TIC a través da investigación na rede. Cos rapaces de quinto xogamos a adiviñar o tipo de amor que representaban.Os rapaces de sexto amosaron un power point de investigación con definicións, sinónimos e antónimos, imaxes que representan amor, como se pronuncia e escribe noutros idiomas, sons e vídeos creados por eles mesmos; demostrando a súa habilidade no uso das ferramentas tecnolóxicas.
Hoxe foi a quenda dos rapaces de 2º ciclo de primaria (terceiro e cuarto), EXPERTOS no ANOXO. Aprendimos moitas formas diferentes de dicir "estou enfadado" en idiomas do noso país ou doutros próximos, ou en idiomas de nen@s extraxeiros que estudan na nosa escola (romanés, ruso, árabe, grego, alemán, chinés).
Representaron dúas pequenas obras para amosarnos que "algunhas veces" cando nos enfadamos con alguén e sentimos esa sensación que tanto nos desagrada, podiámolo evitar fixándonos nos "pequenos detalles". As veces, os enfados non son máis que "malos entendidos" ou confusións que se poderían arranxar falando.
Os protagonistas de hoxe foron os nen@s do 1º ciclo de primaria (primeiro e segundo). Xuntos fixeron unha conferencia divertida que espertou os sorrisos de todo@s os nen@s e mestres que os escoitabamos. Explicaron o que os fai felices, as músicas e obras de arte que lles inspiran felicidade e como recoñecer e vivir esta emoción. Tamén contaron chistes e recitaron poemas. Ao final, proxectaron vídeos graciosos para rematar rindo ás gargalladas.
Hoxe o protagonismo foi dos nen@s de 5 anos que explicaron en profundidade o sentimento daTRISTURAfacendo fincapé en "A MORRIÑA". Co apoio dun power point con imaxes-resumo do seu proxecto de aula e a súa mestra Maricruz, os nen@s conseguiron manter a todo o público interesado por coñecer e aprender máis sobre o fascinante "MUNDO EMOCIONAL"
Despois dun curso traballando "AS EMOCIÓNS" chega o momento de explicarlles aos nosos compañeir@s o que aprendimos. Cada
clase escolle unha emoción e convértense en EXPERTOS, preparando unha
conferencia na que explicarán ao resto do alumnado a súa "especialidade"
Esta actividade ten un importante valor
para os nen@s que esperan con ilusión o día da súa conferencia e viven
con moitos nervios o momento de falar en público.
O programa de conferencias é o seguinte:
LUNS: 3 anos, presentación de TODAS AS EMOCIÓNS 4 anos, expertos no MEDO MARTES: 5 anos, expertos na TRISTURA MÉRCORES: 1º ciclo (1º e 2º primaria) expertos na LEDICIA XOVES: 2º ciclo (3º e 4º primaria) expertos no ENFADO VENRES: 3º ciclo (5º e 6º primaria) expertos no AMOR
Onte, inauguramos as II Xornadas de Expertos, esta vez, sobre "As Emocións" e os nen@s de 3 anos e 4 anos foron os protagonistas!!
Nesta exposición déronse a coñecer e compartiron con tod@s os seus sentimentos.
Parabéns nen@s!!
Sodes uns artistas!! nin a vergoña, nin os nervios, nin todo o público pendente de vós...fixo que perderades a concentración... Traballastes moito e todos os aplausos recibidos son a vosa recompensa!!
Unha mostra da conferencia de presentación....
Imaxes do gran momento!!
Hoxe tamén tiveron protagonismo os nen@s de 4 anos. Expertos no MEDO, explicaron o que lles asustaba e cantaron unha fermosa cantiga para espantar o medo!!
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou onte na II xornada de novas tecnoloxías ‘Educaclic’, celebrada en Santiago de Compostela. O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, representou ao departamento educativo da Xunta de Galicia nesta cita. Durante a inauguración, o director xeral salientou o papel chave do profesorado na integración das TIC no sistema de ensino-aprendizaxe.
Dúas mestras desta escola participaron na xornada e serviulles para coñecer novas experiencias e ferramentas de traballo, animándoas a continuar potenciando o uso das TIC no centro.
Traballar con masa de sal foi todo un éxito. Os nenos e nenas gozaron coa actividade de amasado, modelado e posterior pintado das figuras creadas. Nada máis que contar, visualizade a presentación e enviade os vosos comentarios. Un saúdo. Angela.
Este
ano dedícase o Día das Letras Galegas a este home polifacético que
destacou como xurista, economista, político, empresario, ensaísta, poeta
e xornalista. Sempre tivo presente, tanto na súa obra literaria como
na súa faceta empresarial, a Galicia e á súa lingua.
Nos
seguintes arquivos podes visualizar os carteis, publicados pola Xunta de
Galicia, que forman parte da exposición que está situada nos distintos andares da escola.
Hoxe, dende as 12h. traballamos en conxunto para acadar completar o album de D. Valentín Paz Andrade. Aprendimos moitas cousas e pasámolo fenomenal. Por se non revisachedes as mochilas ou simplemente non tivechedes tempo de lelo, aquí o tedes:
Unha vez rematados os albumes, cada curso leu unha poesía e para finalizar a celebración cantamos o noso Himno. Agora imos ver como traballamos.
Outra das actividades realizadas para celebrar o Día Mundial do Libro foi a visita de Abraham Carreiro, un grande ilustrador de contos e de bandas deseñadas, con él tivemos a oportunidade de aprender e pór en práctica diversas técnicas de debuxo.Cunha gran rapidez comezou a crear divertidos personaxes enchendo un papel branco nun intre. Presentounos aos seus piratas cibernéticos, mentres, explicába como conseguir corpos proporcionados, expresar sentimentos,... Falamos do seu libro Xoeliki, aventuras dun ciberpirata e aprendemos a debuxar os personaxes. Tanto o alumnado como o profesorado puxeron moito interese nas cousas que contaba. Aquí tedes imaxes da súa visita.
ANGELA NOVOA BLANCO.
Outra das actividades entorno ao Día do Libro foi a visita de Fina Casalderrey á nosa escola.
Naceu en Xeve (Pontevedra). Dende os dezanove anos, exerceu a profesión
de mestra .O pasado venres día 11 achegouse á nosa escola para falar con nós dos libros que estivemos a ler dela. É moi simpática e fixo que estivesemos atentos en todo momento. Gustoulle moito a nosa mascota, Picolindo, que decidiu darlle unha aperta de agradecemento.
Esta mestra escribiu moitos libros e ademáis colabora en prensa e revistas especializadas, así como en diversos
eventos literarios (congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio,
mesas redondas...), desenvolvendo conferencias relacionadas coa LIX, a
Gastronomía... e recibiu moitos premios e distincións honoríficas, unha delas polo libro que limos os nenos de terceiro e cuarto de primaria "CHAMIZO".
Fai uns días, os nenos e nenas do primeiro ciclo de educación primaria, tivemos unha visita moi especial. Ángela, a representante de FRUTAS NIEVES, veu desinteresadamente a facernos un obradoiro de alimentación, que tiña como finalidade fomentar hábitos de alimentación saudables. Este obradoiro non so o fan na nosa escola senón que o desenvolven en distintos colexios de Vigo e a súa contorna.Organizaron unha degustación de froitas variadas. Había plátanos, mandarinas, mazás, amorodos, piña, kiwis, melón , sandía,... Cada un de nos colleu un pauciño e fixo unha brocheta de froitas. A algúns soubéronos unha chea!!! De feito NON DEIXAMOS NADA!!! E como fomos moi bos catadores de froitas, para rematar agasalláronnos cun vale para visitar unha tenda próxima de FRUTAS NIEVES, e recoller un agasallo do Club vitaminas. Pasámolo moi ben.
Onte
sábado ,día 12 de maio, disputouse en Vigo oOpen
Escolar de nataciónna súaV
edición. Como en anos anteriores o evento estivo organizado poloC.N.Galaicoe oC.N.Rías Baixas. Catro
alumn@s da nosa escola pertencen a este equipo.
As probas que se nadaron foron 25 crol, 25 espalda e os relevos 4x25
crol. Este evento que fomenta a natación de base, xa un clásico na cidade, é
apoiado e moi valorado polas institucións, que son conscientes da importancia
do deporte nos nenos/as en idade escolar. Un total de 75 futuros deportistas
non federados representaron a 10 colexios deVigoe os seus arredores, moitos deles
participaron en todas as edicións. O graderío estivo completo por parte de pais
e familiares que disfrutaron cos nen@s nun deporte tan complicado como é a
natación.
Na nosa escola participaron tres alumn@s:
Ingrid Caamaño Tubío,
Nicolás García Iglesias e,
Sandra Caamaño Tubío.
Para
a entregada entrega de medallas,trofeos e diplomas, o evento contou coa
presenza do alcalde de VigoD.Abel
Caballeroe o concelleiro de
deportesD. Manel Fernández,aos cales entregaron aos nosos alumnos
dúas medallas de bronce e unha meritoria medalla de ouro. Foi unha pena que non
se puidesen anotar ao evento máis alumnos/as, pois non puidemos participar nas
remudas e quedamos sen opción ao trofeo.
GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
O NOSO CAMPIÓN ,NICO,E OS SEUS MOMENTOS ESTRELARES.
A OUTRA SORPRESA FOI DE MAR:
PEIXE LÚA OU MOLA-MOLA.
Os nenos/as da profe Rosa fixeron un proxecto sobre o "Peixe Lúa" e,a derradeira semana déronnos invitacións para asistir ao evento na súa aula.
Foi moi divertido e os nenos/as de 4 anos demostraron ser uns verdadeiros expertos neste extrano e descoñecido peixe.
Na presentación veredes todo o aprendido,pero antes,o vídeo do Mola-Mola ou Peixe Lúa.