mércores, 26 de outubro de 2016

SAMAÍN

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondrosen Ourense...etc ( VIEIROS DA ESCOLA Nº 10, novembro de 2006).

Este curso e GRAZAS a todas e cada unha das familias colaboradoras, podemos volver a construir o tunel do medo.
 Non podes pasar de visitalo!
ESTADES CONVIDADOS!!!

CONTACONTOS MIGALLAS TEATRO

Qué sorte poder contar de novo con MIGALLAS TEATRO para deleitar ao noso alumnado do quinto e sexto curso de Educación Infantil na biblioteca da escola.

Actividade de contacontos, na que Bea e David, trouxeron unha manchea de fermosos contos. Os nenos e nenas estiveron abraiados e encantados. Non fai falla máis que miralos...

Os contos foron contados pero tamén cantados, pois David, trae o seu acordeón.

Moitas grazas polos vosos contos solidarios.

CONTACONTOS BEA CAMPOS

Qué sorte poder contar de novo con CONTACONTOS BEA CAMPOS  para deleitar ao noso alumnado do quinto e sexto curso de Educación Infantil na biblioteca da escola. Todo grazas a campaña IMPÓRTANOS.

Actividade de contacontos, na que Bea e David, trouxeron unha manchea de fermosos contos. Os nenos e nenas estiveron abraiados e encantados. Non fai falla máis que miralos...

Os contos foron contados pero tamén cantados, pois David, trae o seu acordeón.

Moitas grazas polos vosos contos solidarios.

A campaña IMPÓRTANOS!

é unha campaña de sensibilización promovida polo “Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade” que ten como obxectivo promover a reflexión acerca das relacións de interdependencia Norte-Sur e o paradigma de cidadanía global.
Unha campaña que pretende:
  • Poñer en valor a conexión entre o global e o local resaltando o carácter interdependente de ambas dimensións e insistindo nas interconexións entre pasado, presente e futuro para aumentar o coñecemento sobre a realidade do Sur e a realidade do Norte
  • Facilitar a toma de conciencia sobre as causas que explican a existencia da pobreza, da desigualdade e provocan que unha maioría da poboación mundial non poda satisfacer as súas necesidades básicas e careza de oportunidades e dereitos
  • E promover o compromiso para o cambio, a través da acción participativa (pensar globalmente, actuar localmente)

  • Unha iniciativa do Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade, órgano colexiado permanente de participación e punto de encontro entre o Concello de Vigo e as persoas e asociacións sen ánimo de lucro que traballan no ámbito da cooperación internacional e a solidariedade entre os pobos, dependente da Concellería de Política Social.

ACHÉGASE O SAMAÍN

Foto:

Coa chegada do outono entramos no tempo do Samaín. Como en cursos pasados, as familias estades a traer cabazas decoradas na casa con aspecto de caveira. Lembrade que mañá remata o prazo de entrega de cabazas que formarán parte do noso...

TUNEL DO MEDO

Este venres, o alumnado poderá vir disfrazado con motivos desta festividade.

martes, 25 de outubro de 2016

LITTLE BOY

O alumnado do quinto e sexto curso de Educación Primaria, acompañados polos seus titores, asistiron hoxe á proxección do filme LITTLE BOY , no cine Salesianos, dentro do programa CINE ENSINO. Esta é unha película producida no ano 2015 por Alejandro Monteverde, é nela se conta a vida dun neno de oito anos apodado, 'Little Boy', debido a súa baixa estatura. O neno que padece problemas de crecemento, é ridicularizado e acosado polos seus compañeiros de clase e veciños, sen embargo, él non se sinte molesto, él está feliz porque ten ao seu pai ao seu carón. 
Cando chaman ao seu pai para combatir na Segunda Guerra Mundial, o seu mundo desfaise. Facéndolle caso ao pastor da cidade, e grazas a súa fe, trata de rematar coa guerra e de traer ao seu pai de volta a casa.Resultado de imagen de little boy

QUE GRANDE EXPERIENCIA!!. PINTANDO COAS MANS

ARTE RUPESTRE
Foto:

Non houbo mellor inicio de proxecto que, traballar coa dáctilo pintura ou pintura de dedos. Tódolos nenos e nenas de educación primaria, convertéronse por un día en homes e mulleres da prehistoria, e aprenderon a descubrir o tacto e espertaron a súa creatividade.  Grazas ao contacto coa pintura, os nosos alumnos e alumnas desinhibíronse e expresáronse pintando coas mans, dedas, unllas,...

Foto:

Houbo que protexer moito o laboratorio das artes da escola, e algún manchou a roupa pero gozaron coa actividade na que mamuts, cervos, arcos, frechas, siluetas de mans, petróglifos,... apareceron na obra de cada un deles.

A tarefa era sinxela, so tiñan que observar e debuxar.

Foto:

Tamén tivemos que investigarse existían as pinturas e os pinceis. Claro que non existían, os artistas daquela época tiñan que fabricarse tódolos materiais. Utilizaban carbón, terra, sangue,... e para pintar utilizaban mechóns de pelo dos animais, pero xeralmente, utilizaban as súas mans.
Tódalas pinturas realizadas no interior das covas coñécense polo nome de ARTE RUPESTRE. 
Naquela época os homes e mulleres protexíanse do frío e do ataque das feras en covas. As pinturas localizábanse nas partes máis profundas das cavernas. Nós, tamén fixemos a nosa cova rupestre, nela representamos bisontes, cervos, mamuts, osos e touros.
Por certo, na nosa cova vive a TATARA TATARA AVÓA DE PICOLINDO. Fúchedes a saudala?

Foto:

luns, 24 de outubro de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA 2016

Cada año, o día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca para homenaxear a esta institución cultural imprescindible nos nosos pobos e cidades, e por suposto, para recoñecer a extraordinaria labor que desempeñan os bibliotecarios e bibliotecarias na nosa sociedade, como axentes promotores da cultura en xeral, e da lectura en particular. Esta celebración nace no ano 1997, por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil, en lembranza do incendio da Biblioteca de Saraxevo durante o conflito dos Balcáns de 1992. Este ano, as autoras seleccionadas para elaboraren o pregón e o cartel conmemorativo foron Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premio Nacional de Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente. Neste pequeno fragmento da película de Roald Dahl, podemos descubrir que o interese pola lectura nace en cada un de nós.

Hoxe, a nosa mascota Picolindo, fixo unha visita aos nenos e nenas de educación infantil, e lles agasallou cos novos carnets, e levou as mochilas viaxeiras que rodarán polas casas de todos e cada un deles.

mércores, 19 de outubro de 2016

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Os nenos e nenas da escola participaron no programa "O Sabor dá Aventura está no Mar" visitando o porto e a lonxa de Canido, e o Museo do Mar de Vigo. Esta actividade, ofertada dentro do PLAN PROXECTA "ALIMENTA-T BEN", está ofertada pola Xunta de Galicia e é de balde para o alumnado.

Os nenos e nenas NON puideron coñecer na lonxa de Canido o etiquetado do peixe, o sistema de poxa da lonxa, porque a chegada dos barcos retrasouse. O que si puidemos facer foi  dar unha volta polo porto de onde viron as redes, as nasas, o raño e os distintos tipos de embarcacions. 

A media maña disfrutaron dunha merenda mariñeira para despois seguir a visita no Museo do Mar onde visitaron o acuario e a exposición, vendo antigas embarcacions, bateas, coñecendo a salga, a conserva, a carpinteria de ribeira e os arpóns empregados na caza das baleas.