martes, 31 de outubro de 2023

FESTA DO SAMAÍN

 Hoxe, 31 de outono, véspera do Día de Tódolos Santos, todos os rapaces da escola viñeron disfrazados  para celebrar o SAMAÍN. Esta festa, marcaba hai tempo o fin do periodo das colleitas e o comezo do frío e a escuridade.  Os vellos dín que esta era a noite na que se abría unha porta pola que as almas dos mortos podía cruzar ao mundo dos vivos.

Este era un rito pagán do que pervive o feito de que nalgunhas casas galegas se deixe acesa unha candea nas ventás. Posteriormente, esta tradición emigrou a Estados Unidos  e co paso do tempo esta festa trasnformouse no actual Halloween.

Na escola hoxe vivimos a actividade terrorífica de pasar polo túnel do medo, onde aparecen personaxes terroríficos tales como a bruxa do saltón, a bruxa verde, a bruxa do cadaleito, o esqueleto, o albatros, os  teixugos, as cabazas decoradas, as arañeiras,...

Pasámolo,... de MEDO!

Se premedes na imaxe poderedes gozar da galería de fotografías do día de hoxe.


 Fíxose entrega dos premios da VI Edición do Concurso de Microrrelatos de medo e os maiores da escola deleitaronnos cun concerto de cancións terroríficas con diferentes instrumentos musicais.


 

 

RESOLUCIÓN VI CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO

 Trala deliberación do xurado, os relatos presentados, e os premiados son os que seguen.

Esperamos que gocedes tanto cos relatos coma nós!

 

luns, 30 de outubro de 2023

FALADOIRO SOBRE OS RISCOS DA INTERNET

 O alumnado do 5º e6º curso asistíu no día de hoxe a un faladoiro sobre os riscos da internet, coa policía nacional. Intercambiaron información, oñinións e experiencias e tamén tomaron conciencia das consecuencias do mal uso da rede.



 

QUEN VEU HOXE VISITARNOS?


 

luns, 23 de outubro de 2023

DIFERENTES PERO IGUAIS. IDENTIDADE PERSOAL

 Como primeiro traballo de biblioteca creativa, imos traballar coas tablets. Familiciaremonos coa cámara e grabaremos un pequeno video no que falemos de nós mesmos. Buscaremos que os demás nos coñezan un pouquiño máis, descubriremos algún dos nosos talentos e demostraremos que as persoas compartimos características semellantes pero somos tan diversos que non atoparemos a ningunha persoa igual que nós. Somos UNICOS E IRREPETIBLES.

Queredes coñecernos?. Traballar en equipo non foi sinxelo, pero este só é o noso primeiro traballo.

 

QUEN VEU HOXE VISITARNOS?

 



sábado, 21 de outubro de 2023

VI CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO


 Lembrade, que este luns día 23 de outono ás 23.59h. remata o prazo de presentación dos microrrelatos.

ANIMÁDEVOS!

xoves, 19 de outubro de 2023

SUPER RECICLIÑO

 

O obxectivo desta actividade consiste en deseñar a Super Recicliño., a mascota que nos guiará ao longo do curso e nos ensinará a reciclar e reutiizar. Cos pequenos fixemos uns medallóns con cartón e papel de xornal traballo individualizado porque os cativos acaban de chegar a primaria, non coñecen aínda as normas dos traballos grupais e serve de avaliación inicial. Co resto fixemos un traballo con grupos colaborativos.

Deseñamos a mascota, a creamos con cartón e posteriormente as coloreamos e con tea fixemoslle a roupa.

Os obxectivos da actividade atópanse enmarcados dentro dos obxectivos da axenda 2030 e baixo o paraugas da temática do PDI anual UN PLANETA CHEO DE VIDA.







O ATLANTICO DIARIO, deu publicidade do noso proxecto no xornal escolar.





luns, 16 de outubro de 2023

QUEN VEU HOXE VISITARNOS?

 Algo acontece na casa de Picolindo. Temos que axudalo a descubrir quen se presentou  cear na súa casa.

Tódolos luns, sairá unha Edición Especial do Xornal do Resío, baixo o título QUEN VEU HOXE  VISITARNOS?. Só tedes que escribir un comentario no Blogue de Picolindo ou no instagram da escola indicando de quen se trata.

Tod@s @s que adiviñen quen se presentou, recibirán pikeuros. Se ademáis entregades un debuxo do animal indicado na biblioteca, obteredes un raña.

 


TRABALLO COLABORATIVO EN FAMILIA: LECTURAS ENFIADAS. CELEBRAMOS O DÍA DAS ESCRITORAS

 Hoxe, 16 de outono celébrase o DÍA DAS ESCRITORAS. Esta é unha celebración de carácter anual que se convoca dende hai cinco anos, o luns máis próximo á data do 15 de outono, en conmemoración a data do falecemento de Tareixa de Ávila.

Esta conmemoración xorde por iniciativa da Bibliteca Nacional de España, a Asociación Clasicas e Modernas e da FEDEPE ( Federación de mulleres directivas e empresarias) para recuperar o legado das escritoras, visibilizar o seu traballo no ámbito da literatura e combater a discriminación histórica.

A nosa aportación a VIII celebración do Día das escritoras, é grazas ás familias que atenderon á proposta. Grazas a tod@s pola vosa axuda e colaboración.

Esperamos que gocedes co video.






 




domingo, 15 de outubro de 2023

CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO

 VI Edición do CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO

Chegando o tempo do outono e como preparación para o Samaín, presentamos a sexta edición do Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio, no que o alumnado e as súas familias teñen a oportunidade de participar e mostrarnos o seu talento narrativo.
 
As diferentes CATEGORÍAS nas que poden participar os vosos relatos son: 

- AUDIO: Poderán presentarse a esta categoría os microrrelatos gravados nun audio. 
Animámosvos a participar nesta categoría! É moi sinxelo: pensa nun bo tema, escribe o guión e grávate! A túa historia publicaráse nos programas de Radio Resío que se emitan durante este outono.

- VÍDEO: Participarán nesta categoría os relatos que fagan un pequeno relato audiovisual en formato Vídeo.
Fai a túa curta! Móstranos o Alfred Hitchcock que levas dentro. 

Fíxate ben nas normas que hai establecidas para ambas as dúas categorías. Que non quede fóra a túa historia por un pequeno despiste!

NORMAS para os relatos: 
1- Estes pavorosos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega. 
2- O tema ten que ser de medo ou de misterio. 
3- Deben de ter unha duración máxima de DOUS MINUTOS. 
4- Poden realizarse nas modalidades de Audio e de Video
5- Tedes que envialos por unha destas canles: 
· E mail: juanlf@colexiorocio.com 
· WhatsApp da nosa escola 658715569 
· Traer á escola nun Pen drive 
6- A data límite para entregar os vosos relatos será o LUNS 23 de outubro ás 23:59h. 
 

Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios

CRITERIOS DE PUNTUACIÓN
-A corrección idiomática 
-Os efectos especiais 
-A participación do alumnado 
-A entonación e interpretación
-A estrutura do relato: inicio, nó, e desenlace. (Non  ten que ser necesariamente nesa orde!)

O martes 31 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos finalistas e coñeceremos aos autores  destas terroríficas creacións. 
Haberá uns horribles e monstruosos premios para os finalistas e gañadores das diferentes categorías do concurso. 

Agardamos a vosa participación!!!
 

martes, 10 de outubro de 2023

10 DE OUTONO, DÍA DA SAÚDE MENTAL. RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Hoxe celébrase o Día da Saúde Mental. Dende a escola facemos diferentes recomendacións lectoras. Alumnado do sexto curso de primaria, fai booktrailers recomendando algún deles.

 


 




venres, 6 de outubro de 2023

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS ESCRITORAS

 Familias, o vindeiro día 16, celébrase a nivel Nacional o DÍA DAS ESCRITORAS. Un bo punto de partida para traballar e gozar en familia é a seguinte proposta:

Lembrade grabar o video cun texto en galego, facelo en formato vertical e enviar os vídeos ao wasapp da escola 658715569 antes do día 13.