Hoxe tocou unha nova xuntanza do Club de Lectura do Resío. Esta vez foi Miguel Ángel Alonso Diz que nos fixo viaxar a tempos pasados da man dos nosos avós. Contounos vivencias moi interesantes de músicos e escritores e aprendeunos segredos do mundo das editoriais para cando @s famos@s sexamos nós. Por suposto, falamos moito do seu libro "Música no faiado" da Ed Xerais.
Grazas Miguel!
Miguel quedou gratamente sorprendido ao escoitar o programa de radio que gravaron as alumnas co gallo deste libro. Podedes ESCOITALO aquí debaixo: