Amosando publicacións coa etiqueta DÍA INTERNACIONAL DOS DISCAPACITADOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA INTERNACIONAL DOS DISCAPACITADOS. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de decembro de 2024

3 de nadal DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Hoxe, no tempo de lecer desenvolvemos un obradoiro de decoración de paraugas co obxectivo de concienciar sobre a situación destas persoas e buscar a eliminación de barreiras que dificultan a súa inclusión. 

BAIXO UN MESMO PARAUGAS, 

foi o lema utilizado para a elaboración do photocall.





Xa na hora de ler, a alumna do sexto curso CLARA SILVA FRIAS, desenvolveu un fermoso contacontos co alumnado de Educación Infantil. Contoulles o conto : "El paraguas de cebra".

Grazas, Clara!


 

 

Por outra banda, o luns mailo martes o alumnado do primeiro ciclo e educación infantil gozou dun obradoiro intercentros co CEE. SAN RAFAEL, onde desenvolveron un obradoiro de adobios de nadal, e aproveitaron para visitar e gozar do gran Belén creado neste centro educativo. Grazas pola vosa acollida! 








 Por certo, gozamos dun bo paseo por rúas case descoñecidas do noso barrio.

 


 

sábado, 3 de decembro de 2011

DÍA 3 DE DECEMBRO:"DÍA INTERNACIONAL DOS DISCAPACITADOS".


COMO OS NENOS/AS DE 5 ANOS ESTAMOS MOI SENSIBILIZADOS CON ESTE TEMA,QUEREMOS LEMBRAR, A TÓDALA COMUNIDADE EDUCATIVA,ESTE DÍA ESPECIAL PARA NÓS PORQUE...
E NÓS E TÓDOLOS PROFESORES,PROFESORAS E COIDADORAS DO CEIP"VIRXE DO ROCÍO"TRABALLAMOS DURAMENTE,TÓDOLOS DÍAS,POR E PARA QUE TÓDOLOS NENOS/AS  SE SINTAN CUN GRAN 
E NON BUSCAMOS O AGRADECEMENTO DAS FAMILIAS,NIN AGASALLOS,NIN GRATIFICACIÓNS.
O  ÚNICO QUE BUSCAMOS E TRANSMITIR AFECTO,COMPRENSIÓN E COÑECEMENTOS,DE CORAZÓN A CORAZÓN.


ESPERAMOS QUE A SOCIEDADE PENSE COMA NÓS.
XA SE FIXERON MOITAS COUSAS PERO ELES SÓ QUEREN UNHA :
QUE SE LLES TEÑAN EN CONTA.
EN CONTA CANDO FAGAN UNHA BEIRARRÚA,CANDO APARCAN NAS SÚAS PRAZAS DE APARCAMENTO,QUE FAGAN MÁIS SEMÁFOROS SONOROS...
PENSADE QUE HAI 4.000.000 DE DISCAPACITADOS/AS.
E AGORA,UN CONTO MOI ESPECIAL.
CONTO PARA A INTEGRACIÓN.

UN BICO MOI MOI FORTE DOS NENOS/AS DE 5 ANOS E PERECHO.