domingo, 31 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ 2021, BICOS E APERTAS.

 O prometido é débeda,  o venres celebramos na escola o DÍA DA PAZ. Todos os anos xuntabámonos no patio para cantar unha canción; este ano, non ía ser menos, para celebralo adaptamonos as novas circunstancias pola COVID-19, e... cantando todos ao unisono nas nosas aulas, e coa axuda das novas tecnoloxías... esto é o que sucedeu. 

venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA


Hoxe conmemoramos na escola o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA, unha celebración moi especial que levamos preparando coas familias dende hai días. 

Grazas, pola vosa axuda, grazas pola vosa colaboración, grazas...

Neste ano tan especial, no que as celebracións conxuntas non están permitidas, e nun momento de alto risco sanitario, decídese facer unha celebración nas aulas coa colaboración das familias. 

FAGÁMOLO XUNTOS!

Moitas, moitísimas as fotos e preciosas todas e cada unha delas, para formar entre este marabilloso equipo da comunidade educativa do Resío, este fermoso agasallo de paz.

Contamos coa aprobación de CÉ ORQUESTRA PANTASMA, para utilizar as súas cancións na montaxe.

Esperamos que vos guste tanto como a nós!

 https://youtu.be/BKZnzGbE3NQ


 
 


Nas aulas, entre todos, tamén temos unha pequena sorpresa. Esperade un pouco, en breve, vola subimos.

mércores, 20 de xaneiro de 2021

TERCEIRA CARTA: PERSONAXES OKUPAS

 

Unha terceira carta chegou á escola,   por fín descubrimos o misterio de Picolindo. Él proponnos un RETO EN FAMILIA. Esta é a nosa proposta:
  1. Elexide algunha  personaxe  de conto. Debuxádea na folla do concurso.
  2. Buscade un recuncho de Vigo, onde imaxinedes que a vosa personaxe lle gustaría vivir. Podedes imprimir unha foto e colala na folla do concurso ou debuxala.
  3. Recortade as personaxes dos contos debuxadas e coládea no debuxo ou fotografía elexida.
  4. Agora tedes que imaxinar e entre todos, redactaredes a historia que inventedes coas personaxes do conto e o lugar elexido para vivir.
  5. Debedes utilizar sempre as follas de participación no concurso.
  6.  Coidade a orde e limpeza do traballo entregado.
  7. A historia ten que estar redactada en galego.
  8. Animádevos a participar;  é moi divertido!
  9. O prazo de entrega é ata o xoves 18 de febreiro, xusto á volta das vacacións de Entroido.
  10. Haberá premios pola participación, pola orixinalidade,  a creatividade, a ilustración,...

Aquí tedes algún exemplo:





 CANTAS HISTORIAS IMOS CREAR!

martes, 19 de xaneiro de 2021

OUTRA CARTA: REBUMBIO NOS VITRASAS


 Iago non podía crelo, hoxe, volveu atopar a caixa de correo chea de cartas, de novo, cartas escritas pola nosa mascota, Picolindo; todas dirixidas aos rapaces de todas as aulas da escola. Primeiro púxose triste, él tamén quería unha carta, e logo pediulle a unha mestra que lle contase o que acontecera nos vitrasas, pois o día anterior estivo limpando a biblioteca coa fregona e os rapaces enfadaronse con él cando baixaron á biblioteca a ver as pegadas das personaxes dos contos e él lles contou que as limpara coa fregona, pois él non sabía nada do acontecido.

Cando as mestras leron esta intrigante carta,  os rapaces comezaron a pensar, a indagar, ... Os mestres pedimosvos que  nas casas lles axudedes pero... 

                              ONDE ESTÁN?

luns, 18 de xaneiro de 2021

CHEGA UNHA CARTA ÁS AULAS DO RESÍO: DESAPARICIÓN NO RESÍO

 
Hoxe, o noso porteiro Iago, estaba moi nervioso cando chegamos á escola. Como tódalas mañás, foi abrir a caixa de correo e... parecía que levaba semanas sen abrila. A  caixa de correo estaba chea de cartas; ían dirixidas as distintas aulas da escola e estaban escritas pola  nosa mascota, Picolindo. 

Queredes saber o que nos escribiu?


domingo, 17 de xaneiro de 2021

ESTUDAMOS A PRADEIRA MARIÑA

 O alumnado do 5º e 6º cursos de E.P. recibiron o mércores 13 a unha experta do CEIDA na escola. Verónica, que así se chama, explicoulles que é unha pradeira mariña e fíxolles ver a sorte que teñen por vivir moi preto de unha. A charla foi moi interesante!!!

O venres 15, o mesmo alumnado, acompañado de catro expertos do CEIDA, visitaron, coñeceron e estudaron a pradeira mariña de Bouzas. Desenvolveron unha interesantísima investigación. Esta, continuará no mes de marzo cunha nova visita á pradeira da praia de Bouzas para ver e analizar os cambios ocorridos nestes meses. 

 

 
Aquí podedes velos desenvolvendo

a súa investigación.





 Mesmo descubriron unha posta de chocos!!!

Coñeceron as plantas mariñas con flor e aprenderon a distinguilas das algas. Observaron a cantidade de plantas que hai e mesmo calcularon a porcentaxe de cobertura de plantas.

Aproveitaron, tamén, para recoller todo o lixo que atoparon.

por se queredes saber máis do CEIDA: 

                     PREME AQUÍ