venres, 24 de abril de 2015

UNHA NOVA MARAVILLA.... O LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celebramos na escola o DÍA DO LIBRO.  A actividade a realizar é unha das máis bonitas que se fan ao longo do curso , na que cada neno e nena maior leu un conto aos seus afillados pequenos... E para este día, tivemos que ter preparados os distintivos .
A gañadora foi 
INGRID CAAMAÑO TUBÍO


Outros autocolantes presentados foron:

Que ben o pasamos!


Canción interpretada dentro da presentación do libro-disco Tic Tac de Pablo Díaz coa súa banda (Diego Barral, Antón Díaz, Alex Fente, Carlos Freire e Olga Kirk) no Fnac da Coruña

martes, 21 de abril de 2015

HAPPY EASTER NO ROCIO

Ao longo da Semana Santa, os nenos e nenas da escola, axudados polos seus pais e nais, adicaronse á decoración de ovos . Esta é unha actividade moi divertida que lle permite aos nenos desenvolver unha grande cantidade de actividades. A escola quedou fermosa e as familias fixeron unha manualidade que lles permitiu pasar un rato agradable.
Podedes gozar coa mostra.



Moitas grazas familias pola vosa colaboración.

mércores, 15 de abril de 2015

ONDE ESTÁ PICOLINDO? 6º POSTAL

Ola rapaces!!! A viaxe MARABILLA está a piques de rematar!!
Encántanme todos os países que vou visitando!! pero despois de tanta cidade e monumentos precisaba NATUREZA!! 
Parabéns polo voso traballo de investigación!!

Sodes uns grandes investigadores!!

  A  6º marabilla podes atopala no continente Americano pero esta vez non estou en Brasil.

A cultura do país da 6º MARABILLA tamén é singular.

http://es.wikipedia.org/wiki/Per%C3%BA


  INVESTIGA 

e

 escribe o lugar onde me atopo nun COMENTARIO

Busca información sobre a cultura e as diferencias e similitudes con nós.

Conta a túa experiencia ou dalgún dos vosos familiares ou amig@s ou

achegua webs ou ligazóns para investigar XUNTOS!!

Os nen@s que escribiron COMENTARIOS conseguiron PIKEUROS cos que gañarán agasallos ao final do curso!!

Moita sorte!!

A sexta POSTAL xa chegou a escola...

utiliza estas ligazóns para descubrir ONDE SE ATOPA 

  Bandeira PERÚ
MACHU PICHU.
Antiguo poblado inca construido a medidados do S. XV nas montañas do Machu Pichu e Huayna Pichu.
QUE É A CULTURA INCA?
Aprende co caderniño LIM do CRA de BERLONGO. Nel atoparas información e xogos.
 Tes que lle dar a entrar como CONVIDADO se non cho abre directo.
Observa e busca: Preme na imaxe
http://www.cincopatas.com/agencia/machu_picchu.html?utm_source=tiching&utm_medium=referral

No PERU atopamos unha das maiores xoias do Planeta Terra: a AMAZONIA, un lugar onde se limpa o aire que respiramos


Atopa os animais da selva amazónica
Atopa a saída da Selva Amazónica
Axuda a Mr, Whiskers a conseguir  alimentos na selva...

Pero a xoia dos animais do  PERU é o golfiño rosa


martes, 14 de abril de 2015

MES DOS LIBROS. CONTACONTOS ESPECIAL.

A escritora OLALLA GONZÁLEZ, co ilustrador MARC TAEGER contaron e ilustraron infinidade de contos e os situaron nas maravillas do mundo.
MOITÍSIMAS GRAZAS!
SODES UNS ARTISTAS!





Unha pequena mostra do acontecido.


E agora unhas cantas fotografías do evento.
Esperamos que voltedes axiña!!


xoves, 9 de abril de 2015

MES DE ABRIL, MES DOS LIBROS.



  OLALLA GONZÁLEZ E MARC TAEGER
Olalla, é a mestra que estivo connosco dende o mes de novembro ata hai uns días sendo mestra de lingua española. Olalla é especialista na animación á lectura, impartindo talleres cos nenos.
  Marc Taeger, é suizo pero está afincado en Galicia. Traballa como ilustrador e deseñador. Recibiu numerosos premios como ilustrador de contos.

Resultado de imaxes para olalla gonzalezResultado de imaxes para marc taeger                       

V XORNADAS EXPERTOS.

Na última quincena do mes de marzo, celebraronse na escola as
 V XORNADAS DE EXPERTOS,
que nesta ocasión foron
 EXPERTOS NAS MARABILLAS DO MUNDO.

Os nen@s da escola, tentaron amosar parte do  aprendido ao longo deste curso e explicaron, como conferenciantes EXPERTOS,  diante de todo  alumnado e profesorado da escola.
Todos eles, e do mellor xeito posible, expresaron as súas ideas en público, vencendo en moitas ocasións o medo e a vergoña de falar diante de tanta xente.

Cada clase especializouse nalgunha das
  MARABILLAS DO MUNDO 

  • 4º EDUCACIÓN INFANTIL: MACHU PICCHU
  • 5º EDUCACIÓN INFANTIL: PIRÁMIDE DE EXIPTO (Mención honorífica)
  • 6º EDUCACIÓN INFANTIL: COLISEO ROMANO
  • 1º EDUCACIÓN PRIMARIA: TAJ MAHAL
  • EDUCACIÓN PRIMARIA: MURALLA CHINESA
  • EDUCACIÓN PRIMARIA: CRISTO REDENTOR
  • EDUCACIÓN PRIMARIA: PETRA
  • EDUCACIÓN PRIMARIA: Antigas marabillas do mundo
  • EDUCACIÓN PRIMARIA: CHICHÉN ITZA