Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de abril de 2023

HOXE VISÍTANOS: XABIER DOMÍNGUEZ



 Logo da lectura do libro "Maxía de pedra", hoxe tivemos o pracer de contar na nosa escola con Xabier, autor deste marabilloso libro. Grazas á editorial Xerais, puidemos falar con él desta historia que nos fala de Ánxela, un gato, poderes máxicos, petróglifos,... mestura a nosa realidade coa historia antiga de Galiza, coa época dos romanos e coa cultura castrexa.

Pasamos un rato moi divertido e aprendemos moitas cousas, grazas!


 

luns, 24 de outubro de 2022

24 DE OUTONO DÍA DA BIBLIOTECA

 Como cada 24 de outubro, celebramos na escola o Día da Biblioteca.  Para conmemoralo, a nosa mascota Picolindo agasallounos a todos e todas co NOVO CARNET DE BIBLIOTECA que será imprescindible para poder facer os empréstitos, pois a Consellería cambiounos o sistema Meiga polo Koha.

Tamén fixo entrega dos carnets de voluntariado e ofreceu ás distintas aulas dúas mochilas: A mochila lectora maila mochila creativa. Pico pensa e crea lindo é o tema anual; pero a nosa mascota quere que todos pensan e crean lindo; pais, nais, mestres e nenos e nenas.

Rematou o acto coa canción do album TIC TAC de Pablo Díaz e a canción de Parabéns polo seu aniversario.





luns, 25 de outubro de 2021

DÍA DA BIBLIOTECA 2021

 Hoxe celebramos na escola o DÍA DAS BIBLIOTECAS que como cada ano e dende o 1997, conmemorase o 24 de outono. A edición deste ano ten o lema:


“Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”
 
quere indicar que "as bibliotecas son espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos".
As bibliotecas escolares son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. 
Na escola, fixemos un acto ás 12.20h. Concentrámonos todos no patio de educación infantil, e Picolindo, a nosa mascota fixo entrega dos carnets de biblioteca ao novo alumnado, cun tríptico explicativo do funcionamento da mesma. Aos máis cativos lles entregou a carpeta de usuario e ás aulas entregoulles ás mochilas viaxeitas. Aproveitou a ocasión para amosarnos a nova MOCHILA VIGUESA, que levaremos nuns días para casa e nos amosou os materiais dos que disporemos.
Para rematar o acto, lembroulle á rapazada que a biblioteca está aberta todos os días, agás o martes, de 4 a 6 h. e lles amosou o contido da mesma na que atoparán moitas sorpresas.

Na seguinte ligazón poderedes acceder ás imaxes do evento.

Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración.  
 

 

 
 



 


 

xoves, 2 de abril de 2020

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2020 E BOOKTUBERS NA CASA

Ola a todas e todos, son Picolindo e veño recordarvos que  hoxe 2 de Abril é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil porque celebramos o nacemento dun dos mais grandes escritores de historias para nenas e nenos: Hans Christian Andersen , o autor de contos como O patiño feo, A Sereíña, A traxe nova do emperador, A Raíña das Neves... e tantos máis .
Iste é o cartel que este ano presenta o IBBY  (International board on books for young people)  



Sei que estades na casa facendo un pouco de todo, supoño que tamén ledes contos, os da biblioteca quedaron alí  aburridos, botándovos en falla...
O que vos propoño é que vos animedes a mandar vídeos, (cortiños 2 minutos como moito ) contándonos qué libro estás a ler , ou recomendando algún especialmente guay. Papá, mamá, avós ... tamén podedes participar !!
Poñerémolos eiquí e irá ao recanto BOOKTUBERS NA CASA.

Animádevos estou agardando impaciente...

Ah! que a onde mandades os videos ? coma sempre, ao correo: 
biblioteca@colexiorocio.com ou ao móbil do cole.

Xa sabedes que ademáis son moi xeneroso cos Pikeuros con todas e todos os que participedes . He he he!!!


xoves, 24 de outubro de 2019

24 OUTONO, DÍA DA BIBLIOTECA

Como nos últimos anos, na escola conmemoramos o Día da Biblioteca
Por mor do tempo, o acto desenvolveuse no ximnasio. Todo o alumnado xunto cos mestres, esperaban a ansiada visita da nosa mascota, Picolindo.
 Chegou envolto dunha salva de palmas, cunha capa e un antiface verde, para lembrarnos que este ano somos unha escola ECO-LÓXICA
Trouxo a arca das novidades repleta de libros novos e ecolóxicos e un carriño coas mochilas viaxeiras. No presente curso escolar, ademáis, teremos unha mochila ECO-LÓXICA, chea de xogos, experiencias, receitas, libros, e material experimental para gozar da ecoloxía en familia.
Fixo entrega das carpetas e carnets ao novo alumnado.
Para despedirnos, cantamoslle a canción de TIC-TAC "Imos a contar un conto".
Moi ledo polo recibimento,  despediuse de nós, con apertas e fotos.
PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS DO EVENTO

GRAZAS PICOLINDO!

venres, 26 de outubro de 2018

24 DE OUTONO: DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe 24 de Outono,  Picolindo visitou aos nenos e nenas da escola e encargouse de repartir as mochilas viaxeiras que irán a todas as casas. Ademáis fixo entrega dos carnés científicos e mailos pasaportes que nos permitirán vivir intensamente o mundo da ciencia.
 Aproveitou para mostrarlles aos nenos e nenas o contido das mochilas científicas con xogos, instrumentos, e diverso material de investigación. 




 O novo alumnado  recibiu a carpeta e o carné da biblioteca. Todos recibiron o seu carné científico.
A arca das novidades comezou a súa andadura. 
 

venres, 27 de outubro de 2017

MONICREQUES NA ESCOLA

O alumnado do cuarto curso de Educación Primaria, coa axuda da profe Cris, preparou unha obra de monicreques para conmemorar o Día da Biblioteca. Representaron para os máis cativos da escola.
Noraboa, bo traballo!


martes, 24 de outubro de 2017

A BIBLIOTECA ESTÁ DE ANIVERSARIO

Hoxe, 24 de outubro celébrase o día da biblioteca escolar, polo que na escola celebramos o seu aniversario. Este é un día importante posto que as mochilas viaxeiras volven comezar a súa aventura de casa en casa. Picolindo, a nosa mascota, as levou ás aulas e presentoulle aos cativos os seus contidos. Aos novos alumnos, fíxolles entrega do seu carnet de usuario, e as normas de uso.
Cos maiores da escola, Picolindo coa colaboración  da profe Cris e os nenos e nenas de sexto, prepararon un teatrillo para explicar dun xeito moi sinxelo o funcionamento da CDU.




Dende a Consellería, este ano decidiron que o cartel que fai visible a tarefa das bibliotecas escolares fora a de Xosé Tomás, que é o ilustrador elexido para representar o lema Aprender a pensar coa biblioteca escolar.



 Agora unha pequena curta dos libros,



FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!

mércores, 4 de outubro de 2017

OS NOVOS ALUMNOS E ALUMNAS COÑECERÁN A PICOLINDO

 24 de outubro: Día da Biblioteca. 

Desde hai algúns anos, concretamente dende o 2008, a Consellería de Educación vén editando, a comezos de cada curso escolar un cartel co que se pretende facer visibles as bibliotecas das escolas.

O lema do presente curso é:

  A biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro.

E como sempre, Picolindo, a nosa mascota, aproveitará para facerse ver nas aulas dos máis cativos e os sorprenderá co seu agasallo, o carnet de usuario da biblioteca escolar.

Que sorte!



luns, 24 de outubro de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA 2016

Cada año, o día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca para homenaxear a esta institución cultural imprescindible nos nosos pobos e cidades, e por suposto, para recoñecer a extraordinaria labor que desempeñan os bibliotecarios e bibliotecarias na nosa sociedade, como axentes promotores da cultura en xeral, e da lectura en particular. Esta celebración nace no ano 1997, por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil, en lembranza do incendio da Biblioteca de Saraxevo durante o conflito dos Balcáns de 1992. Este ano, as autoras seleccionadas para elaboraren o pregón e o cartel conmemorativo foron Ledicia Costas e Elena Odriozola, Premio Nacional de Literatura Infantil e Ilustración 2015, respectivamente. Neste pequeno fragmento da película de Roald Dahl, podemos descubrir que o interese pola lectura nace en cada un de nós.

 


Hoxe, a nosa mascota Picolindo, fixo unha visita aos nenos e nenas de educación infantil, e lles agasallou cos novos carnets, e levou as mochilas viaxeiras que rodarán polas casas de todos e cada un deles.





sábado, 28 de maio de 2016

I TORNEO DE XADREZ VIRXE DO ROCÍO


Este xoves botou a andar o noso I TORNEO DE XADREZ para o que tanto estivemos adestrando estes meses. Sorte a tódol@s participantes!

luns, 2 de novembro de 2015

INAUGURACIÓN DO ANO PICOLÍMPICO

O presente curso escolar, celebraremos
        O ano Picolímpico,
polo que o pasado luns día 26 de outubro, aproveitando a celebración do DÍA DA BIBLIOTECA, os nenos e nenas da escola, axudados polos mestres e coa colaboración das familias festexamos por todo o alto cun acto de inauguración.
Picolindo chegou á escola a iso das 12:20 h. portando na súa man un facho. Viña camiñando dende Grecia e precisaba comezar unhas remudas co alumnado.
O recibiron os nenos e nenas de tres aniños, que recolleron o facho, e achegáronllo aos de catro anos, estes aos de cinco, e estes os de primeiro,.... e así ata chegar xunta os nenos e nenas de sexto que estaban convertidos nunha tribo helena. Déronlle a benvida e acompañaron a Picolindo na  presentación do evento.



Explicaron a tódolos presentes en que consistían os xogos olímpicos da antigüidade e cales eran os valores fundamentais,


O RESPECTO, A AMIZADE E A EXCELENCIA

estes xogos, teñen un lema, citius, altius, fortius que na nosa lingua significa algo como: máis rápido, máis alto, máis forte. Pois ben, os nosos xogos Picolímpicos tamén teñen un lema:


LER MÁIS, PENSAR MÁIS, SABER MÁIS
O alumnado recibe na pista á tribo helena representando a bandeira olímpica:
Os nenos de educación infantil mailas familias asistentes de branco, simbolizando o fondo da bandeira olímpica, os de primeiro formando o aro verde, os de segundo o amarelo, os de terceiro, o azul, os de cuarto o negro e os de quinto o vermello.

Escoitamos o himno olímpico, izouse a bandeira e deuse por inaugurado este ano Picolímpico coa colocación do facho no facheiro. O facheiro foi elaborado polas familias. Está  formado por tres pés, que simbolizan os tres piares da escola:
  • os nenos e nenas,
  • os mestres,
  • e as familias.
O facho ten nove lapas que simbolizan cada unha das aulas da escola. O facheiro permanecerá na entrada da escola durante todo o curso escolar.





Finalizado o acto, entregáronselle as medallas ao esforzo que farán ao longo do curso ao alumnado e repartíronse as mochilas viaxeiras que darán a coñecer moitos libros e materiais diferentes cos que conta a nosa biblioteca.















REMUDAS PICOLÍMPICAS


DISCURSO PICOLÍMPICO
O FACHO NO FACHEIRO
LER MAIS, PENSAR MAIS, SABER MAIS

sábado, 25 de outubro de 2014

24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares.

Dende o blogue das bibliotecas escolares de Galicia, nos recordan que o día 24 de outubro está sinalado, no Calendario do Libro de Galicia, como o 
Día das Bibliotecas
 Coa celebración deste día, preténdese destacar a importancia das Bibliotecas como lugares de encontro coa cultura, como ferramentas de formación e espazos para a convivencia e o aprendizaxe.

Como cada ano, a Consellería de Educación e Cultura fainos chegar os carteis conmemorativos deste día. Nesta ocasión,  co lema  

Biblioteca escolar... Matemático!!! 
 o cartel é obra de David Pintor. 

Nós queremos aproveitar esta data tan sinalada para dar  a saída oficial das 
MOCHILAS VIAXEIRAS 
e facer a entrega oficial dos carnets dos novos usuarios e o tríptico de funcionamento da mesma.

Picolindo, a nosa mascota , visitou todas as aulas e lles informou aos nenos e nenas da escola como é o funcionamento das mochilas. 
Bo Día das Bibliotecas!!!!

mércores, 6 de novembro de 2013

UNHA CURTA ESPECIAL SOBRE OS LIBROS. LOS LIBROS VOLADORES.

Co gallo do DÍA DAS BIBLIOTECAS celebrado a semana pasada, agasallámosvos cunha curta especial.

Ademáis aproveitamos para darvos as grazas pola vosa participación nas recomendacións lectoras. Velaquí unha mostra das primeiras que chegaron. En breve poremos todas. Angela.

sábado, 26 de outubro de 2013

24 DE OUTUBRO. DÍA DA BIBLIOTECA.

 Dende a escola propoñemos celebrar dun xeito especial o DÍA DA BIBLIOTECA, a pesares de coincidir co día da folga no ensino, polo que extenderemos a actividade ao longo da semana que vén.  Propomos unha actividade en familia: 
RECOMENDA LIBROS A TODOS E TODAS.
Seguro que tedes moitos, un para cada día do ano ou para cada estado de ánimo: teredes libros para días de chuvia, para os días tristes, contos para o Nadal ou para ler nas vacacións, libros para celebrar ou para chorar, o voso libro favorito,...
O noso obxectivo é conseguir 
365 recomendación para ler!!
Picolindo enviouvos nunha nota informativa con
versos para ler segundo o tempo meterolóxico

Nos días de chuva ou vento: 
libros de entretenemento.
Nos de néboa e poalla:
libros de risas a esgalla.
Días de nubes con sol:
libros de contos de amor.
Para días de treboada:
libros de meigas e maxia.

Nos días de moito frío:
libros que falen de amigos.
E nos días de calor:
algúns libros de terror. 

e
versos segundo o estado de ánimo!!
Días nos que estou furioso:
libros para nenos curiosos.
Días de moita alegría:
libros..., libros de poesía!
Días de tristura e choros:
libros de música e coros.
Para os días sen paciencia:
libros de animais e ciencia.
Nos días de aburrimento:
libros de historias, a centos.
Para eses días escuros:
Libros de cómics, seguro!
E para tódolos días...
libros das "estanterías"! 
 
Animádevos a participar!

Dende o día de hoxe, comezan a rodar polas casas as nosas mochilas viaxeiras, cheas de recomendacións.
 
E os novos alumnos e alumnas coñecerán a nosa mascota picolindo que lles agasallará co seu carnet da biblioteca.