Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de febreiro de 2026

ENCHEMOS BOUZAS DE MÚSICA, COR E EMOCIÓN. UN ENTROIDO BRILLANTE!

 Por fin chegou o día. Logo de ter que adiar o tan esperado pasarrúas, este venres, aínda que non luciu o sol, a comunidade educativa da nosa escola conseguiu sair da escola para desfilar polas rúas acompañados pola comunidade educativa do CEE SAN FRANCISCO. Non foi doado. Logo de prepararnos nas aulas coas mellores galas baixo o lema “O feito a man”, de colocar o Meco no teito do coche e poñer a música festeira a punto, xuntámonos no patio de Infantil para as fotos de grupo.

COMPARSA ENREDADOS NO MAR

COMPARSA CAOS NA COLMEA

COMPARSA OS POMPÓNS TOLOS


COMPARSA METID@S EN FARIÑA

COMPARSA MÁIS BOS CO PAN


COMPARSA @S RONDALLEIR@S DO RESÍO

COMPARSA MÁIS QUE LEITE

COMPARSA FIBRAS NATURAIS

 

Ás 11.00 horas estaba todo listo… pero faltaba a Policía Local. Sen a súa presenza, o Concello non autoriza a saída. Tocou facer chamadas e xestións de última hora porque, malia ter permiso municipal, esqueceran avisalos. Cómpre agradecer a rapidez coa que actuaron desde Comisaría. Ás 11.30, por fin, a comitiva botou a andar nun desfile cheo de vida e ganas de festa.

 

A vila de Bouzas gozou dunha mañá especial co pasarrúas organizado pola nosa escola, O Resío. Alumnado, profesorado e familias converteron as rúas nun espazo de encontro e celebración. Poucos metros despois da saída, incorporouse tamén o alumnado e profesorado do CEE SAN FRANCISCO, sumando aínda máis ambiente á comitiva.

 

Os disfraces, preparados con agarimo nas últimas semanas, renderon homenaxe aos oficios e á cultura tradicional. Desfilaron panadeiros e panadeiras, bonecas de trapo, peixes de cores, leiteiras e leiteriros, colmeas con apicultores facendo de guías, e unha creativa representación das fibras naturais. Non faltaron os rondalleiros e rondalleiras, que animaron o percorrido facendo soar pandeiretas, cunchas e charrascos, mentres as bandeiras se movían ao ritmo da música.


 

A veciñanza saíu ás beirarrúas para aplaudir, fotografar ao paso da comitiiva e acompañar o desfile. A festa continuou na Alameda, onde cada grupo realizou o seu pequeno desfile acompañado da súa propia música, enchendo o espazo de ritmos tradicionais e contemporáneos, acompañados polos aplausos. 

 

Antes de regresar, pequenos e maiores saborearon un doce petisco de chocolate. 

 

A xornada aínda non rematara, agardaba un dos momentos máis esperados. Xa na escola celebrouse o tradicional xuízo do Meco. 


Entre risas e moita expectación, foi condenado e “castigado”  cunha divertida chuva de globos de auga que puxo o punto divertido á mañá.

 

 


A xornada rematou cunha pequena merenda compartida e festa con baile na pista polideportiva.

 Un día sinxelo e fermoso que demostrou, unha vez máis, que cando a escola sae á rúa, toda a xente camiña con ela.

 LIGAZÓN AS IMAXES DO NOSO ENTROIDO 


xoves, 12 de febreiro de 2026

CONCURSO DE CREACIÓN DE HISTORIAS

As aventuras de OLLO-MAN e Picolindo

Atréveste a crear a túa propia historia?

Convocamos a todo o alumnado a participar no Concurso de Creación de Historias no que os protagonistas serán os nosos personaxes estrela: OLLO MAN e  a mascota da nosa biblioteca,  PICOLINDO.

Poderedes presentar a vosa obra en calquera destes formatos:

  • Cómic

  • Historia en verso

  • Conto 

Inventa unha aventura sorprendente, divertida ou misteriosa  onde OLLO MAN, co seu único ollo, a súa lingua rebelde e a súa gran capa e PICOLINDO vivan unha historia sorprendente.

  • Serán super heroes? 
  • Resolverán un misterio? 
  • Salvarán o cole?...

Deixade voar a vosa creatividade! 

Valoraremos:

  • A orixinalidade da historia

  • A creatividade 

  • A presentación e o coidado do traballo

  • O uso da lingua galega

Podedes participar dende hoxe ata o vindeiro mércores día 25 ás 14h.

Próximamente informaremos das datas de entrega e dos agasallos.

Animádevos a participar e demostrade canto talento tedes para contar historias!




domingo, 8 de febreiro de 2026

OLLO-MAN É O MECO DO RESÍO, ESTOS SON OS SEUS MANDATOS

Benqueridos nenos e nenas, pais e nais, mestres e mestras, eu son... OLLO-MAN, o que manda nesta festa. Todos os días, ás 14.30h,  poderedes ver aquí os meus mandatos. Imos divertirnos...

 

xoves, 5 de febreiro de 2026

CHEGA O ENTROIDO, CHEGA OLLO-MAN




  

 Levamos na escola moitos días tentando crear no laboratorio das artes ao Meco 2026. Non foi tarefa sinxela, pero gozando do proceso podemos ensinarvos xa ao noso meco FEITO A MAN.

 Benqueridas familias o Entroido xa chegou, hoxe, coñecimos de primeira man ao noso meco, o Meco OLLO-MAN 

 

Ao chegar á escola, este singular personaxe do Entroido estaba a esperarnos no recibidor da escola. Que susto! 

Será un super heroe?

 

Posando con Ollo-Man logo de facer o seu retrato

 

Non sabemos se terá súper poderes, pero el é quen manda e ordena, e a quen todos e todas deberemos obedecer, se queremos gozar da festa sen problemas. 

 

sábado, 1 de marzo de 2025

CREAMOS TEATRO DE MONICREQUES DE ENTROIDO


 Actividade moi competencial e divertida. O alumnado do sexto curso de primaria, elaborou con cartóns de refugallo o seu disfrace. Caixas,tesoiras, cola, silicona, témperas e moita imaxinación. Cada un elaborou o seu cabezudo, logo, fixo a súa presentación.

Gústavos?

Eles gozaron moitísimo na creación  dos monicreques, sacando as fotografías e na grabación dos chatterpix.




 

venres, 28 de febreiro de 2025

O ENTROIDO A ESCENA

Chegou o día... 


HOXE, NA ESCOLA, CELEBRAMOS UNHA MARABILLOSA FESTA DE ENTROIDO.

Neste día tan luminoso, as aulas desbordaban ledicia e  cor. Que emoción, foi incrible.

CEE SAN FRANCISCO COMO A ORQUESTRA SINFÓNICA


 

 

 

4º EI. OS PALLASOS DO RESÍO




5º EI. OS PALLASOS DO RESÍO

  


6º EI. OS PALLASOS DO RESÍO

 

 



1º EP: MIMOSIÑOS




 


 

2º EP: @S NEN@S PRODIXIO

  


3º EP. OUTRO BALLET

 


 

4º EP. OS BAILONG@S


 

5º EP. FANTASMAS NA OPERA

  


6ºA EP. @S TEATREIR@S

 

 

6º B EP . CARTAS MÁXICAS

 


O colexio encheuse de  pallasos, mimos, Mozarts, bailaríns, rapeiros, máscaras, magos e fantasmas da ópera entre outros, foron os protagonistas do Entroido do Resío xunto co noso sonado meco, O MECO TRAMPULLEIRO.

Logo dunha semana aturando os mandadiños do Sr. Meco, os castigos en man dos Merdeiros (personaxe do entroido vigués, nacido para ridicularizar), chegou hoxe o noso tradicional pasarrúas para ambientar as rúas da nosa vila de Bouzas.

Agradecer en primeiro lugar á Policía Local, por acompañarnos no desfile, e pola paciencia e sobretodo agradecer ao CEE SAN FRANCISCO por participar con nós neste día de festa.

Logo do pasarrúas, o esperado Xuízo do Meco.


 
 

 Seguimos coa merendola, música e festa tola.

 

 

 

Grazas a todos por facer posible este Entroido! 

  

 

Se queres ver máis imaxes do evento, non tes máis que premer na última imaxe.