Amosando publicacións coa etiqueta OS MAIOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta OS MAIOS. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de maio de 2021

17 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE

Hoxe, 17 de maio celébrase o día mundial da reciclaxe. Na escola co gallo da tradicional festa dos maios, e por mor da actual situación socio sanitaria, temos de deixar de facer a tradicional recreación da festa dos MAIOS e buscar unha alternativa segura. Por ese motivo, fíxose unha proposta "en familia" para crear uns maios de reciclaxe. Grazas pola vosa colaboración, os maios quedaron espectaculares.


 





Moita creatividade e ilusión demostrades nas vosas produccións.

 Grazas pola vosa axuda e colaboración, ...

As FAMILIAS sodes parte esencial

 da nosa escola, O RESÍO.

venres, 22 de maio de 2020

DÍA 68 #NaCasa, SOGAMA PUBLICITA O NOSO TRABALLO


 Hoxe SOGAMA, faise eco da nosa actividades. Grazas por contar con nós.

"Crea o teu maio con material de refugallo"


martes, 19 de maio de 2020

DÍA 65 #NaCasa, 17 de maio, DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE

No marco do DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE, dende a escola propúxose ás familias: 


CREA O TEU MAIO 
CON MATERIAL DE REFUGALLO,

proposta que tivo unha  excelente acollida; polo que temos que agradecer a  colaboración e implicación de tódalas familias e do alumnado. 





Grazas pola vosa participación!

domingo, 10 de maio de 2020

CREA O TEU MAIO, DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE


Benqueridas familias, agardamos que sigades ben. Confiemos en que, aos poucos, comecemos a ver a luz. Namentres, coidádevos moito.
 
Debido ás excepcionais circunstancias nas que nos atopamos neste maio de 2020 por mor da epidemia do COVID-19 non se puideron levar a cabo moitos dos proxectos que desde a nosa escola facemos cada ano para conmemorar dúas festas tradicionais na nosa terra:


  •       A festa dos maios
  •       O día das Letras Galegas.

No marco do “Día Mundial da Reciclaxe”, que se celebrará o próximo 17 de maio, queremos facervos unha proposta:

CREA O TEU MAIO
CON MATERIAL DE REFUGALLO


1.   Fai un cono con cartón
2.   Recúbreo cun manto verde, sempre de refugallo 
3.   Decórao como máis che guste, botóns, tapóns, macarróns,...


Unha vez feito o teu mini-maio, 

1.   Sácalle unha foto
2.   Mándaa ao watshap da escola 658715569
3.   O prazo vai dende o luns 11 ao luns 18 de maio.

Animádevos!    Participade!
Haberá Pikeuros para tod@s.


mércores, 17 de maio de 2017

OS MAIOS

E despois de días de traballo, chegou á escola a Festa dos Maios. Esta é unha das festas máis fermosas e tradicionais galegas que se celebra o primeiro día do mes das flores. Na escola recuperamos esta tradición galega que festexa a chegada do bo tempo, o triunfo da primavera sobre o inverno. Grazas á achega de flores, herba, fentos, e ovos, construímos entre todos o noso Maio.










A continuación, cada curso cantou as súas coplas dedicadas á primavera.






 E o alumnado de cuarto, como é tradición na escola, despois de días de preparación agasallounos a todos co BAILE DAS FITAS.



Para finalizar a celebración paseamos o maio
.


xoves, 22 de maio de 2014

OS MAIOS 2014

 


 A festa dos Maios, tamén coñecida simplemente como os Maios, é unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración da primavera celebrase habitualmente o 1 de maio.
CANTIGA AO MAIO:

mércores, 22 de maio de 2013

LETRAS GALEGAS E MAIOS 2013.

O XOVES,16 DE MAIO,VÉSPERA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS ,TIVEMOS UNHA DOBRE CELEBRACIÓN TRADICIONAL GALEGA:OS MAIOS E O DÍA DAS NOSAS LETRAS ,DEDICADO ESTE ANO A 

ROBERTO VIDAL BOLAÑO. 

 FACENDO O MAIO 

Flores, laranxas, ovos... e moita imaxinación. Estes son os  ingredientes do noso Maio, e de case tódolos Maios. Grazas á colaboración das familias conseguimos facer un maio que honra un dos costumes tradicionais da nosa terra.

  Malia a choiva, fixemos unha festa estupenda, unida ao BAILE DAS FITAS dos nenos e nenas de cuarto curso de Educación Primaria.

Despois sacamos o maio ao xardín, e fomos a completar un libriño elaborado polo Departamento de Normalización Lingüística sobre o máis interesante da vida deste ilustre personaxe. 

Para rematar a festa, cantamos o himno galego.





mércores, 8 de maio de 2013

ACHEGANSE OS MAIOS. DECORAMOS OVOS NA CASA.

Decorar ovos de Pascua non é unha tradición nosa pero grazas ao contacto con outras culturas, o que chamamos interculturalidade, podemos facer disto algo noso. É unha actividade moi divertida para facer cos nosos fillos e fillas. É moi sinxelo e os nosos cativos sintense moi orgullosos do seu traballo. Os ovos quedaron chulísimos e o maio vai a estar moi engalanado. Aquí tedes o traballo de moitos nenos e nenas da escola.

  GRAZAS!



luns, 30 de abril de 2012

OS MAIOS, FESTA POPULAR GALEGA.

Por segundo ano consecutivo,  celebramos na escola a festa dos Maios. Como sabedes é unha festa popular galega na que se celebra o comezo da primavera e na que se fai unha exaltación da natureza. En Galicia, os Maios celébranse os primeiros días do mes de maio.
Primeiro imos a ver un vídeo para aprender cousas da historia dos maios.




Temos que contar que foi un día de moito traballo no cole porque estivemos moi atarefados facendo o noso Maio e preparando todo para a actuación.
O programa desta xornada foi:
-De 9h a 11:30:
Confección de grilandas nas aulas e colocación do verde no maio.

 
-De 11:30h a 12:00h:
Tempo de lecer.
-De 12h a 12:30h:
Montaxe do maio.
 
Cantiga do maio co retrouso común e estrofas creadas nas aulas. 

 
-De 12:30h a 13:50h:
Visítannos uns gaiteiros e acompañannos no
baile das fitas,
 

na procesión e remate da festa co Himno Galego.

 
 ANGELA NOVOA BLANCO.



 Nestas presentacións queremos amosarvos como traballaron os vosos peques e non tan peques. Cremos que o esforzo tivo unha recompensa.

 GRAZAS FAMILIAS polas flores, fentos, fiúnchos, froitas,...


martes, 3 de maio de 2011

O primeiro maio no Rocío

Este ano 2011, festexamos por primiera vez unha das festas máis antigas da nosa cultura. A creación dos maios remóntase a era da Prehistoria. Hoxe os nenos e nenas do Rocío gozaron da creación do seu primeiro maio. Foi un día estupendo!!!




sábado, 30 de abril de 2011


A festa dos maios ten moita tradición na nosa comunidade. Pero sabemos algo da súa orixe?
Se queres saber máis preme no título, e se queres ver un video antigo dos maios preme na imaxe.
Bicos




venres, 29 de abril de 2011

Que son os Maios?

Este ano será o primeiro no que festexemos os Maios no noso cole. Esperamos que esta experiencia sexa o comezo dunha andaina...
Deixámosvos información sobre os Maios elaborada polo Cep. Ventín