sábado, 26 de febreiro de 2011

O NOSO LIBRO DAS MÁQUINAS.

CADA NENO/A DE 4 ANOS FIXO UN CADERNO COAS MÁQUINAS MÁIS IMPORTANTES E AS FERRAMENTAS QUE AXUDAN A FACER O NOSO NOVO COLE.
AQUÍ TEDES A PRESENTACIÓN DO LIBRO.
ESCOLLÉRONSE PÁXINAS DALGÚNS NENOS/AS.
TAMÉN APRENDEMOS COUSAS IMPORTANTES SOBRE A SEGURIDADE NO TRABALLO NUNHA OBRA.





xoves, 24 de febreiro de 2011

Entroido

 Estamos a preparar  o Entroido dende hai tempo no cole, e na aula de 3 anos os máis pequeniños estamos moi ilusionados porque imos ser os carpinteiros que poñerán as fiestras e portas do novo cole . Estamos a coñecer e practicar coas ferramentas  que eles  usan  e fainos moita ilusión.
Benvido, Entroido!!
ADIVIÑA QUEN SOMOS

luns, 21 de febreiro de 2011

ADIVIÑA QUEN SON...

A TRAVÉS DE SINXELAS MONTAXES COAS NOSAS FOTOS,PODEMOS TROCARNOS EN PERSONAXES OU COUSAS DIFERENTES.É MOI DIVERTIDO.PEKY,A NOSA AMIGA FOTÓGRAFA E EXPLORADORA,ADEMÁIS DA PROFE MARICRUZ,FIXERON POSIBLE ESTA MONTAXE PARA QUE RIADES UN POUQUIÑO NESTE ENTROIDO FOTOGRÁFICO NA AULA DE 4 ANOS.
ADIVIÑA QUEN SON. on PhotoPeach

UN E SETE. UN CONTO DE PAZ.

domingo, 20 de febreiro de 2011

Ao chegar o Entroido,,, chegan as orellas!

IMOS FACER UNHAS SABOROSAS ORELLAS
                                                   









                        ORELLAS DA VICENTA
                                   ( receita tradicional )


INGREDIENTES:

      * 800 g. de fariña
      * 100 g. de manteiga cocida
      * 2 ovos
      * 1 vaso de auga morna
      * 1 copa de anís
      * un chisco de sal
      * aceite para fritilas e azucre para salferir por riba.


 PREPARACIÓN:

Comezaremos mesturando a manteiga derretida coa auga nunha cunca, a seguir, engadimos os ovos mailo anís e o sal.
 Onde vaiamos amasar, facemos un volcán coa fariña e alí envorcamos a mestura da cunca. Traballamos ben a masa. Unha vez rematado o traballo cortamos, coa man, a masa en anacos pequenos e estiramos estes coa axuda dun rolo (está ben rematar de estiralas coa man antes de poñelas na tixola, xa que canto máis finas, máis crocantes e saborosas).
 Fritímolas en aceite ben quente e poñémolas a escorrer de pé enrriba de papel absorbente ou papel de cociña.
 Unha vez todas fritidas e ben escorridas poñémolas nunha prata e salferimos azucre por riba.
  
                                QUE VOS SAIBAN!

SINXELA RECEITA DAS FILLOAS,PARA FACER COS VOSOS FILLOS/AS NO ENTROIDO.

INGREDENTES:
-200 g. de fariña.
-5 ou 6 ovos.
-2 vasos de leite.
-manteiga ou unto para a tixola.

Preparación:
Bátense tódolos ingredentes e obtemos un amoado bastante líquido. Se os ovos son moi grandes é mellor utilizar cinco e probar se o amoado que queda é o suficientemente líquido para que se estenda ben pola tixola e ademais calle ben.
Cocción:
As filloas prepararanse nunha tixola, preferiblemente das que son para as filloas porque teñen o bordo máis baixo e a filloa será máis fácil de voltear cando estea lista. Se non se dispón desta tixola ou ferro especial calquera tixola serve. Ponse ao lume e  úntase coa axuda dun pano de mesa mollado en aceite, para que non quede moito aceite na tixola e as filloas non salgan graxentas. Unha vez que a tixola estea ben quente bótase unha cucllerada do amoado nela e cóbrese o fondo da tixola coa mestura de modo que quede unha película moi delgada. As filloas a diferenza das panquecas ou tortitas son moi delgadas. Cando os bordos da filloa comecen a dourar se voltea e cocíñase polo outro lado. Colócase nun prato e apíanse unhas enriba das outras, así conservarán mellor a calor e quedarán máis suaves.
Consellos:
As filloas cocíñanse moi rápido polo que non debemos descoidar en ningún momento a tixola e debemos controlar o lume para que non as queime.
Se queres filloas doces podes botar un pouco de azucre na mestura ou salferir azucre enriba da filloa acabada de facer.
QUE FAME! ÍMOLAS FACER AGORA MESMO.
BO PROVEITO.
  PICOLINDO,PERECHO E MARICRUZ.

venres, 18 de febreiro de 2011

OS NENOS/AS DE 4 ANOS PREPARAN O SEU DISFRACE.







MOITÍSIMO,MOITÍSIMO TRABALLO,CASE UN MES E MEDIO QUE LEVO MIRANDO COMO TRABALLAN ESTES NENOS/AS E A PROFE MARICRUZ, CON ALGUNHA QUE OUTRA AXUDIÑA.AGORA A ESPERAR QUE NON CHOVA,PARA GOZAR DO ENTROIDO.
Bicos,PERECHO.
ESQUECÍASEME!
A PROFE MARICRUZ DIXO QUE SE NON ATOPADES O XERSEI  E OS PETERPÁNS
NEGROS,O DÍA DO PASARÚAS,PODEDES TRAER OS NENOS/AS CO  CHANDAL DO COLE,QUE TAMÉN VAI MOI BEN CO DISFRACE.

xoves, 17 de febreiro de 2011

CANTIGA "EL TREN DEL CARNAVAL"

O Entroido achégase!!
Preme a imaxe e ponte cantar!! 



TREN DE CARNAVAL

Chucu chu súbete al tren, chucu chu ven.
Chucu chu súbete al tren, tren del carnaval
En carnaval la gente se pasea,
Enseña sus disfraces y a bailar.
Y con los niños les pones una fiesta
Y todo el mundo canta en carnaval
Muévete, gira otra vez, que tu cuerpo aguanta
Saluda y vuelve a girar, déjate llevar.
Muévete, gira otra vez, que tu cuerpo aguanta
Saluda y vuelve a girar en el carnaval.
Chucu chu súbete al tren, chucu chu ven.
Chucu chu súbete al tren, tren del carnaval

mércores, 16 de febreiro de 2011

SILUETAS

 Os rapaces/as de 3º:

 Xa sabemos describir trazos físicos e psíquicos...!
 Xa sabemos usar o metro e a cinta métrica.!
 Para demostralo, medímonos e medimos as nosas siluetas,  describímonos e debuxámonos segundo os nosos trazos.
 Aquí tedes a proba:



Siluetas - presentacion imagenes

                                            A que o fixemos ben?

luns, 14 de febreiro de 2011

"Yo, TE AMO"

Hoxe, 14 de febreiro, traballamos o AMOR na aula dos nenos e nenas de 5 anos.
Para todas as persoas que sodes importantes para nós, agasallámosvos con este vídeo. Esperamos que vos guste!!
Contárnolo!! Escribide un comentario e publicarémolo!!


domingo, 13 de febreiro de 2011

venres, 11 de febreiro de 2011

TÓDOLOS DÍAS:14 DE FEBREIRO.

         O AMOR É O MOTOR QUE MOVE O MUNDO.
 AMOR A MAMÁ E A PAPÁ.
AMOR AOS AVÓS.
AMOR AOS COMPAÑEIROS/AS DA ESCOLA.
AMOR AOS PROFES.
AMOR AOS AMIGUIÑOS/AS DO PARQUE.
AMOR Á MIÑA MASCOTA E Á NATUREZA.
AMOR...

UNHA PELÍCULA DE AMOR.
                       
UNHA POESÍA DE AMOR.


                






       




ADIVIÑA CANTO TE QUERO. on PhotoPeach



MOITO AMOR PARA TODOS E NO MUNDO.
                      

UN MURO DE SOLIDARIEDADE NO ATLÁNTICO DIARIO.

PAZ 2.011
NO COLE "VIRXE DO ROCÍO"

-------------

 A FESTA DA PAZ, DO NOSO COLE ,QUEDOU REFLECTIDA,NON SÓ NAS NOSAS FOTOS E NO NOSO BLOGUE,SENON TAMÉN NA PRENSA LOCAL.
É BONITO QUE TODO O MUNDO SAIBA AS COUSAS TAN ESTUPENDAS QUE SE FAN NO NOSO COLE.
Se queredes mirar mellor a nova,premede nas fotos e a leredes ben.

                              PERECHO E  PICOLINDO.

UN CONTO DE AMOR.“Se busca un papá tan estupendo como mamá. Los que no lo sean que se queden en su casa”



martes, 8 de febreiro de 2011

Colaboración das familias dos nenos/as de 4 anos no Entroido 2011.

ESTIMADAS FAMILIAS:
ACHÉGASE O ENTROIDO E COMO OS  VOSOS RAPACES E RAPAZAS DISFRAZARANSE DE ESCAVADORAS...É MOI IMPORTANTE QUE  TENTEDES CONQUERIR, CUN  MES DE ANTELACIÓN:
  • UN XERSEI NEGRO DE   COLO ALTO, SE  É POSIBLE.
  • UNS PETER-PANS OU   LEGUINS NEGROS.
  • ZAPATOS OU BOTAS NEGRAS.
  • CANDO CHEGUE O DÍA DA FESTA,O NENO/A TEN QUE TRAER A CARA HIDRATADA DA CASA.
  • TRAER O PELO CEIBE,SEN  GOMAS,DIADEMAS...POIS POÑERASE ,NA AULA,UNHAS GOMIÑAS AMARELAS ÁS RAPAZAS.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E XA MIRADES QUE VOS AVISAMOS CON TEMPO SUFICIENTE PARA CONQUERIR ESTES PEQUENOS REQUISITOS.

UNHA APERTA AFECTUOSA DA PROFE MARICRUZ.

Gozade dun dos entroidos máis antigos de GALIZA:
                    O ENTROIDO DE LAZA.

domingo, 6 de febreiro de 2011

TRABALLAMOS NOS RECANTOS DO NOSO PROXECTO.

OS NENOS/AS DE 4 ANOS ESTAMOS A FACER UN PROXECTO SOBRE AS MÁQUINAS ,AS FERRAMENTAS E AS PERSOAS QUE TRABALLAN  NA CONSTRUCIÓN DO NOVO COLE.AQUÍ AMOSAMOS UNHA PRESENTACIÓN DE COMO TRABALLAMOS NUNS RECANTOS, NA NOSA AULA, PARA APRENDER SOBRE ESTE TEMA.


TRABALLAMOS NOS RECANTOS. on PhotoPeach


PERO ADEMAIS APRENDEMOS QUE O TRABALLO DE TÓDALAS PERSOAS QUE TRABALLAN NUNHA OBRA É MOI IMPORTANTE.
                       Perecho , Picolindo e Maricruz.

mércores, 2 de febreiro de 2011

A profe de Igualdade do Concello de Vigo visitounos como tódolos anos.

Como tódolos anos,a profe de igualdade fíxonos unha visita.Este ano en lugar de dúas profes, foi unha profe,MARA,que repite connosco.Mara explicounos cousas  como que hai diferentes familias,que todos temos que colaborar nas tarefas do fogar,que non existen xoguetes de nenos e de nenas ,que todos temos dereito a xogar coas cousas que queiramos,que as nenas poden xogar cos coches porque as mulleres conducen,que os rapaces poden facer ballet se lles gusta...porque non hai cousas de mulleres nin de homes por separado porque  no que somos diferentes é no sexo,en nada máis.

Mirade o que fixemos con Mara.A profe Maricruz fixo de Peky,fotografando todo o que fixemos.
Eu ,coma sempre,agochado para que ninguén me mirase ,pero moi ledo porque Mara estivo na nosa clase.
                               



                                      MOITAS GRAZAS, MARA.    
                                           
           OS NENOS/AS DE 4 ANOS,PERECHO ,PICOLINDO E MARICRUZ.