sábado, 30 de abril de 2011


A festa dos maios ten moita tradición na nosa comunidade. Pero sabemos algo da súa orixe?
Se queres saber máis preme no título, e se queres ver un video antigo dos maios preme na imaxe.
Bicos




venres, 29 de abril de 2011

OS NENOS/AS DE 4 ANOS CANTAN"VEN BAILAR CARMIÑA".

A QUE NON PENSÁBADES QUE CANTABAN, TOCABAN AS CUNCHAS TAN BEN E ESCOMENZABAN A LER?
É QUE SON UNS ARTISTAS!

Que son os Maios?

Este ano será o primeiro no que festexemos os Maios no noso cole. Esperamos que esta experiencia sexa o comezo dunha andaina...
Deixámosvos información sobre os Maios elaborada polo Cep. Ventín


mércores, 27 de abril de 2011

Visita de Teresa González Costa

Os rapaces e rapazas do 3º ciclo leron neste trimestre o libro "A filla do ladrón de bicicletas" de Teresa Gonzalez Costa. Gustoulles moito! Por iso a escritora veu ao cole falar con eles

Recibírona na biblioteca cunha exposicion de "Celeríferas" e un traballo sobre os personaxes do libro,que lle gustou moito.

Falaron con ela sobre o libro, os personaxes e as súas historias. Os alumn@s de 6º fixéronlle unha entrevista.
Contoulles moitísimas cousas e pasárono moi ben.
Aquí tedes unhas fotos de mostra.








domingo, 24 de abril de 2011

26 de Abril,DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO 2011:RAMÓN Mª ALLER ULLOA.



ESTE É RAMÓN Mª ALLER ULLOA,HOMENAXEADO ESTE ANO POLO SEU LABOR INVESTIGADOR, AUTODIDACTA E DOCENTE NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.QUEREDES SABER O QUE FIXO?POIS LEDE O TEXTO ATENTAMENTE E DECATARÉDESVOS QUE NON CONSEGUE AS COUSAS O QUE PODE SENON  QUEN QUERE E TRABALLA.


QUEREDES MIRAR A LÚA ,DENDE UN TELESCOPIO,COMO O FACÍA O NOSO CIENTÍFICO ILUSTRE? POIS PREMEDE AQUÍ.


HAI UN CRÁTER QUE LEVA O SEU NOME,"ALLER".

POR ESTA RAZÓN HAI UN GALEGO NA LÚA.

SE PASADES POR LALÍN(PONTEVEDRA) ,NALGUNHA OCASIÓN,NON VAIADES SÓ COMER COCIDO, SENON TAMÉN A VISITAR O OBSERVATORIO ASTRONÓMICO.

domingo, 17 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO 2011:ENTREGA DE PREMIOS ÓS LEMAS MÁIS VOTADOS.


 ENTREGÁRONSE OS PREMIOS ÓS LEMAS MÁIS VOTADOS POLOS NENOS/AS.
O LEMA GAÑADOR CONVERTIUSE NUN AUTOCOLANTE QUE,NESTE DÍA,OS NENOS/AS E PROFES LEVAMOS PEGADOS.
ALGÚNS TRABALLOS REXEITÁRONSE POR ESTAR FORA DE PRAZO OU POR ESTAR MOI MAL ELABORADOS.
ESPERAMOS QUE O CURSO QUE VEN PARTICIPEN MÁIS RAPACES.
TÓDOLOS PARTICIPANTES TIVERON UN AGASALLO.


sábado, 16 de abril de 2011

VISITOUNOS PEPE CARREIRO,O PAPÁ DOS BOLECHAS.

O XOVES VISITOUNOS  PEPE CARREIRO,O GRAN DEBUXANTE E ILUSTRADOR GALEGO.QUEREDES SABER ALGO SOBRE ÉL?

 

 

A SÚA DESTREZA CO LÁPIS,DEIXOUNOS ANONADADOS.

GRAZAS POR ADICARNOS UN POUQUIÑO DO TEU TEMPO,PEPE CARREIRO.

VOLVE PRONTO,PEPE,ESPERÁMOSTE NO CURSO QUE VEN!

AH!,E NON DEIXES DE DEBUXAR PERSONAXES TAN BONITIÑAS COMO CARMIÑA E MICHEL.
MOITOS BICOS,Picolindo.

mércores, 13 de abril de 2011

ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE.

HOXE...FESTA "ANIVERSARIOS 2º TRIMESTRE".
MIRADE QUE BEN O PASAMOS!


E POR SE QUEREDES SABER A HISTORIA DE CALIKÚN, O INVENTOR DOS FLOCOS DE MILLO...

venres, 8 de abril de 2011

EXPOSICIÓN ITINERANTE "ARTE NA AULA".


DURANTE TODA ESTA SEMANA A NOSA ESCOLA FOI SEDE DA EXPOSICIÓN ITINERANTE"ARTE NA AULA" NA QUE PUIDEMOS ,TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA,GOZAR DE OBRAS DE ARTE DE ARTISTAS MOI IMPORTANTES DE GRAN RECOÑECEMENTO NON SÓ NA NOSA GALIZA.

PARA TODOS AQUELES QUE NON PUIDERON VISITALA,AQUÍ TEDES UNHA PRESENTACIÓN DE FOTOGRAFÍAS PARA QUE GOZEDES DELA DENDE ESTE BLOGUE.


xoves, 7 de abril de 2011

Os nosos polbos Paul da Enseada de Bouzas.

Aproveitando que levamos un tempo a falar, na aula de 4 anos, da praia de San Miguel de Bouzas, dos moluscos da Ría e     aprendendo a tocar as cunchas de vieira coa profe Maricruz 
coa cantiga da historia de Carmiña e Michel..."Ven bailar Carmiña", fixemos unha pequena composición de polbos violetas. O violeta foi a cor estrela deste mes e as súas   variedades de lila e morado.
Con materiais de reciclaxe: tubos de papel hixiénico, boliñas deste papel e outros materais, recollidos pola profe e algúns nenos/as na enseada de Bouzas, fixemos este recunchiño da Ría.
Están supergraciosos.
Perecho máis eu fixemos uns para nós cando ninguén nos miraba.
Encántanme os polbos, como viven e o bonitiños que son, pero sobre todo á galega, á brasa e na empanada de millo, hi, hi, hi...
Comede moito polbo, pois regula a glucosa no sangue, ten moitas proteinas, non engorda e baixa a presión arterial, sen sal nin pemento picante, evidentemente.
                                    BICOS,Picolindo.


Aquí vos deixo a receita do polbo á galega.
Bo proveito!

venres, 1 de abril de 2011

A HISTORIA DE CARMIÑA E A RECONQUISTA DE VIGO.

VOU CONTARVOS UNHA HISTORIA QUE OS RAPACES DA PROFE MARICRUZ COÑECEN MOI BEN:"A HISTORIA DE CARMIÑA E MICHEL".
SEGURO QUE VOS ENCANTARÁ PORQUE PASOU DE VERDADE.


AH! NON VOS ESQUEZADES DE QUE ESTE DOMINGO É A FESTA DA "BRINCADEIRA" EN BOUZAS.
ÍMOLO PASAR XENIAL.
BICOS,PICOLINDO.



A RECONQUISTA E A BRINCADEIRA.