venres, 30 de marzo de 2012

TECNOLOXÍA OU METODOLOXÍA

INTERESANTE ESTE VIDEO QUE ATOPEI NAVEGANDO POLA REDE.



Con este video queremos evidenciar que a incorporación  TIC  ás nosas aulas require de estratexias metodolóxicas que vaian á par con  este  desafío.
O acceso á información  axúdanos  a acurtar a fenda cultural , e axuda,  a máis,  a expandir  o  capital  cultural dos nosos estudantes.
As nosas clases con TIC non poden ser igual que as nosas clases expositivas...


mércores, 28 de marzo de 2012

ROSCAS DE ANÍS, ROSCAS DE AMOR.

Como actividade final de trimestre, realizamos un obradoiro de cociña. Tendo en conta que non temos recursos materiais suficientes para facer Roscóns de Pascua, decidimos facer Roscas de anís que chamamos roscas de amor para dar por finalizado o mes do amor.


RECEITA:
  • Tres ovos.
  • Catro culleradas de auga.
  • Catro culleradas de aceite.
  • Catro culleradas de azucre.
  • Un sobre de fermento en po, tipo Royal.
  • Esencia de anís.
  • Fariña.
Se queredes ver como traballamos e gozamos co obradoiro mirade a seguinte presentación.






luns, 26 de marzo de 2012

FINALISTAS 31 EDICIÓN CONCURSO "QUE É UN REI PARA TI?"



Por quinto ano consecutivo temos dous finalistas no concurso 
Que é un rei para ti?. 
Son dous os traballos seleccionados polo FIES para representar ao noso centro en Santiago na fase autonómica do Concurso pero todos e cada un de vos, merecíades estar alí. 
Unha forte felicitación aos alumnos seleccionados e...
 SORTE
 na selección do gañador que estará representando á  nosa Comunidade en Madrid.

NORABOA!!!!
JULIO MOGIO MONROY5º EP




                                                                         

MIGUEL MARTÍNEZ NOVOA 6º EP

 



domingo, 25 de marzo de 2012

A VISITA SORPRESA DE ROMINA,A PROFE DE IGUALDADE DO CONCELLO DE VIGO,ÓS NENOS/AS DE 5 ANOS.

XA SABEDES QUE O NOSO CENTRO ESTÁ DENTRO DO PROGRAMA"CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE",DO CONCELLO DE VIGO,E QUE ROMINA,XA NOS FIXERA,ANTERIORMENTE OUTRA VISITIÑA.POIS ESTE VENRES DEUNOS UNHA GRAN SORPRESA.TRÓUXONOS UN CONTO MOI GUAI:"O MEU PAI É AMO DE CASA",GUSTOUNOS MOITÍSIMO.TAMÉN FIXEMOS UN XOGO PARA SABER DE QUE MANEIRA COLABORÁBAMOS NAS TAREFAS DO FOGAR E APRENDEUNOS UNHA CANCIÓN MOI CHULA.
ANTES DE QUE MIREDES O QUE FIXEMOS E O QUE APRENDIMOS,QUEREMOS QUE SAIBADES QUE ESTE TEMA É TRATADO CONSTANTEMENTE NAS NOSAS AULAS E QUE A VISITA DE ROMINA É UN REFORZO MOI POSITIVO PARA O NOSO LABOR ESCOLAR.
TAMÉN É IMPORTANTE QUE AS FAMILIAS VEXAN ESTE VÍDEO TAN INTERESANTE.
MÁIS QUE NADA PORQUE SE A COEDUCAIÓN SÓ SE FAI NAS AULAS E NON NAS NOSAS CASAS,DE POUCO VALE O ESFORZO DO PROFESORADO.
GUSTOUVOS?,POIS AGORA,PARA OS PROFES QUE LLES INTERESE REFORZAR ESTE TEMA,TANTO NA ED. INFANTÍL COMO NA ED. PRIMARIA,MIRADE ESTA UNIDADE DIDÁCTICA,TAN INTERESANTE,BASEADA TAMÉN NESTE CONTO,QUE FIXERON OS NOSOS COLEGAS ANDALUCES.PREMEDE NA FOTO.
E AGORA,OS NOSOS NENOS/AS DE PROTAGONISTAS,CANTANDO A CANCIÓN QUE LLES APRENDEU ROMINA.
CON TODOS VÓS...OS NENOS/AS DE 5 ANOS!
AGORA SE QUE PODEDES MIRAR O QUE TRABALLAMOS.
A CUESTIÓN NON É AXUDAR,MÁIS BEN "COLABORAR".

venres, 23 de marzo de 2012

IGUALDADE: COMPARTIR AS TAREFAS.





HOXE , NA AULA DE 4 ANOS,  RECIBIMOS POR SEGUNDA VEZ A VISITA DE ROMINA, QUE VEN DE PARTE DO DEPARTAMENTO DE IGUALDADE DO CONCELLO DE VIGO, PARA EXPLICARNOS MEDIANTE XOGOS E CONTOS  UNHAS COUSAS QUE SON MOI INTERESANTES: QUE   NON OLVIDEMOS   QUE HOMES E MULLERES   PODEMOS FACER AS MESMAS COUSAS E Q UE TODAS AS PERSOAS DA FAMILIA TEMOS QUE COLABORAR NAS TAREFAS DA CASA.


ESCOITAMOS CON MOITA ATENCIÓN.

COLABORAMOS PARA PEGAR AS FIGURAS NO PANEL.
PODEMOS AXUDAR A RECOLLER A NOSA HABITACIÓN.

TAMÉN PODEMOS COLABORAR POÑENDO OS CUBERTOS NA MESA.
OUTRA FORMA DE COLABORACIÓN É RECOLLER OS NOSOS XOGUETES.
AXUDAMOS  A GARDAR A COMPRA.
DEIXAMOS LIMPO O BAÑO.
LEVAMOS A ROUPA SUCIA AO SEU SITIO.
ASÍ, MAMÁ E PAPÁ TERÁN MÁIS TEMPO PARA ELES.
 E MÁIS TEMPO PARA LEVARNOS AO PARQUE E PARA PASEAR.
E PARA SENTARNOS NO SOFÁ E VER A TELE CON PAPÁ E MAMÁ, OU QUE NOS LEAN UN CONTO.


SI EU FGAGO ALGO, MAMÁ E PAPÁ SE  CANSARÁN  MENOS
E, SI TEMOS MASCOTA, TAMÑEN HAI QUE AXUDAR A SACALA A FACER AS SÚAS NECESIDADES.
GUSTOUNOS MOITO APRENDRE A COLABORAR NA CASA E AXUDAR Á FAMILIA.

QUÉ BONITO QUEDOO O PANEL DESPOIS DE COLABORAR EN TODO!
PROMETEMOS COLABORAR NAS TAREFAS DA CASA!!

 PARA REMATAR, CONTOUNOS A HISTORIA DA FAMILIA GÓMEZ  BASADO NO CONTO "O  LIBRO DOS PORCOS" ,  DE ANTHONY BROWNE..


Altamente recomendable para iniciar  aos lectores 
nunha educación baseada na igualdade, na 
colaboración e no concepto de familia. O autor válese 
dunha sinxela metáfora visual para explicar o seu 
obxectivo: no momento no que o aseo e as normas 
do fogar se descoidan, os protagonistas son 
representados non como persoas, senón como 
cochos. A figura do porco permite así reflexionar 
sobre os diferentes significados -literais ou figuradosdesta palabra tan simbólica: ser porco ou 
comportarse como tal.
ANTHONY BROWNE
ESTIVEMOS MOI ATENTOS.



View more PowerPoint from bibliobeade

SEGURIDADE VIAL

xoves, 22 de marzo de 2012

HOXE PRESENTAMOS UNHA NOVA COLECCIÓN NA BIBLIOTECA

 Consiste nunha serie de 10 contos clásicos acompañados dun CD en versión bilingüe (castelán e inglés). Esperamos que teña éxito!

UN CONTO ESPECIAL PARA A SEMANA DA PRENSA.

NA SEMANA DA PRENSA,ADEMÁIS DE ESTUDAR AS PARTES DUNHA NOVA,EXPLORAR DIFERENTES XORNAIS,TANTO EN PAPEL COMO DIXITAIS NO BLOGUE...,COMO SE FAI SEMPRE...,APROVEITAMOS QUE SILVIA TROUXERA Á ESCOLA UN LIBRO MOI INTERESANTE.UN CONTO TRADICIONAL,TRANSFORMADO DE TAL XEITO QUE A PRENSA,TEN TANTA INFLUENZA NO CONTO...,QUE TRASTOCA A TEMÁTICA DO MESMO.
APROVEITAMOS PARA FACER TÉCNICAS DE LECTURA.
OS NOSOS RAPACES SON TAL DE FACER AS PAUSAS NOS PUNTOS E AS COMAS,LER CUESTIÓNS E ADMIRACIÓNS.
ALGÚNS XA LEN COMO DE PRIMARIA.
FIXEMOS,POR PRIMEIRA VEZ,UN DIÁLOGO LIDO.
CARAPUCHIÑA VERMELLA FOI SILVIA,O LOBO FOI ADRIÁN E A NARRADORA DA HISTORIA FOI A PROFE MARICRUZ.
OS NENOS/AS ESTABAN ENCANTADOS/AS.
É IMPRESIONANTE,COMO NENOS/AS TAN PEQUENIÑOS,FAN UNHA LECTURA DE DIÁLOGOS,E NON SILABEANDO ,SENON LENDO MOI MOI BEN.
UN CONTO DE SEMPRE PARA A SEMANA DA PRENSA.  
FELICIDADES,NENOS/AS DE 6º DE ED. INFANTÍL!

martes, 20 de marzo de 2012

HOXE COMEZA A PRIMAVERA.


COMO SE ACHEGA A PRIMAVERA IMOS AGASALLARVOS CUN PAR DE CANTIGAS.

FELIZ DÍA DO PAI

 UN CONTO MOI ESPECIAL.

 A pequena protagonista de “Un papá a la medida”, sabe moi ben cales son as  virtudes da súa nai e descríbeas con ilusión, pero non estaría mal contar con alguén máis nese mundo cheo de felicidade.  Que tal un papá?…..


 DENDE A AULA DE 4 ANOS QUEREMOS ADICAR ESTE POEMA A TODOS OS PAIS DO MUNDO, PERO DUN XEITO ESPECIAL AOS PAIS D@S ALUMN@S DO NOSO COLE   
                                               FELICIDADES, PAPÁS  !!!







Y, CÓMO NO!!, VUESTR@S  HIJ@S OS DEDICAN ESTAS IMÁGENES LLENAS DE AMOR





















Sin título - presentacion imagen


HOMENAXE A UN PAI  QUE ASUMEU O PAPEL DE NAI.

NO  XORNAL ,FARO DE VIGO  DO 9 DE MARZO PUBLICOUSE UN ARTIGO NO QUE SE EXPLICABA  A ORIXE DA INSTAURACIÓN DESTA CELABRACIÓN. OCURREU NO ESTADO DE   WASHINGTON A PRINCIPIOS DO SÉCULO XX.
















domingo, 18 de marzo de 2012

2ª Xornada Intercolexios de Atletismo

O pasado venres 16 volvemos a participar nas xornadas de atletismo celebradas nas pistas municipais de Balaídos. Desta vez, a participación descendeu un pouco, pero a actuación dos nosos atletas foi igualmente boa. Aquí podedes ver algunhas imaxes da xornada:


xoves, 15 de marzo de 2012

Resultados da 1ª Xornada de Atletismo Intercolexios 2012

O pasado venres 9, varios compañeiros do noso centro participaron na 1ª Xornada de Atletismo celebrada en Balaídos.
Parabéns para todos os nosos atletas, que fixeron unha gran actuación, a pesar de que era a primeira vez que competían nunha pista de atletismo, como os maiores. 
En categoría Alevín, participaron Ángela, Luna e Uxío Conde de segundo curso, xunto con Gabriel, Yoel e Aimara de terceiro.
Na categoría Infantil, participaron Miguel e Eros de sexto.
Aquí podedes ver os resultados que acadaron.
Preme na ligazón:
RESULTADOS

Mañá venres 16 celébrase a segunda xornada, a ver se vos animades máis a participar!!!

mércores, 14 de marzo de 2012

A NOSA HORTA.

Un curso máis, o alumnado de educación primaria, dentro da programación de plástica, ponse mans á obra e traballa na horta escolar. A pasada semana limpamos e preparamos as rodas e ao longo desta semana plantaremos cebolas, tomates, repolos, amorodos, pementos, ... Aquí podedes ver que ben o pasamos.

venres, 9 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2.012.

O ANO PASADO,NA AULA DA PROFE MARICRUZ, ADICAMOS O DÍA DA MULLER TRABALLADORA Á FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO.ESTE ANO IMOS FACER MENCIÓN A UNHA MULLER QUE ABRIU CAMIÑOS INSOSPEITADOS PARA PODER CHEGAR A QUE HOXE NÓS ,AS MULLERES,POIDAMOS VOTAR EN ESPAÑA E EXERCER UN DEREITO FUNDAMENTAL:"O SUFRAXIO UNIVERSAL".
ESTA ESPECTACULAR MULLER FOI...
"CLARA CAMPOAMOR".
A CONTINUACIÓN  TEDES UN GRAN TRABALLO,DUNHA COMPAÑEIRA MESTRA, SOBRE A FIGURA DESTA MULLER .
É MÁIS AXEITADA PARA O TERCEIRO CICLO DE ED. PRIMARIA,PERO SEGURO QUE ÓS NOSOS NENOS/AS TAMÉN APRENDEN MOITAS COUSAS.
PREMEDE NA FOTO DE CLARA E...A APRENDER MOITAS COUSAS DUNHA MULLER EXEMPLAR.
E AGORA ,ACTIVIDADES PARA NENOS/AS DO 1º E 2º CICLO DE ED. PRIMARIA.
PREMEDE NO TRABALLO DA JUNTA DE ANDALUCÍA SOBRE CLARA.
E AGORA O TRABALLO QUE FIXERON OS NENOS/AS DE 5 ANOS ,COA PROFE MARICRUZ,SOBRE CLARA.
 GRAZAS,CLARA CAMPOAMOR!


FAI O QUEBRACABEZAS DE CLARA. XA SABES QUE PODER VARIAR O NÚMERO DE PEZAS PARA QUE POIDADES XOGAR TÓDALA FAMILIA.

xoves, 8 de marzo de 2012

HOXE CELÉBRASE O DÍA DA MULLER TRABALLADORA, E NO NOSO COLE , ONDE SOMOS MAIORIA APLASTANTE DE MULLERES, NON PODIAMOS DEIXAR DE ACHEGAR O NOSO GRAN DE AREA PARA SUMARNOS Á HOMENAXE A TODAS AS MULLERES
.



AQUÍ DEIXO ESTA PRESENTACIÓN SOBRE MULLERES IMPORTANTES AO LONGO DA HISTORIA.

COMO SABEDES,HOXE, DÍA 8 DE MARZO, É O DÍA DA MULLER TRABLLADORA -É DICIR, O DÍA DE TODAS AS MULLERES-. NA AULA DE 4 ANOS FIXEMOS UNHA PEQUENA HOMENAXE ÁS MULLERES, DÁNDOLLES  A PROIORIDADE ÁS NENAS Á HORA DA FILA, NO MOMENTO DE RECOLLER ELAS DESCANSABAN E ELES RECOLLÍAN... OS NENOS FORON MOI ATENTOS E CEDERON SIN  NINGÚN PROBLEMA. CLARO QUE, EN AGRADECEMENTO,  PARA ELES HABERÁ TAMÉN UN DÍA DE SER OS MÁIS IMPORTANTES!

BUSCAMOS EN REVISTAS IMAXES DE MULLERES QUE DESTACARAN POR ALGÚN MOTIVO E FIXEMOS UIN MURAL PARA RECORDAR ESTE DÍA.














mércores, 7 de marzo de 2012

Novo blogue do cole: A voz do Resío

Estreamos un novo blogue no cole, desta vez "A voz do Resío", un espazo adicado á lingua galega realizado polo Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do CEIP do Rocío.
Esperamos que sexa do voso agrado e interese!!
Podedes acceder desde a barra lateral dereita, onde figura o apartado "A miña listaxe de blogues", ou a través da seguinte ligazón:

A VOZ DO RESÍO

luns, 5 de marzo de 2012

ATLETISMO EN PISTA: HORARIOS

Na seguinte ligazón tedes os horarios da 1ª Xornada participativa de Atletismo en Pista, a celebrar este venres 9 de marzo. Aqueles que queirades participar, lembrade traer as vosas inscricións.

OLLO: O día da xornada deberedes estar na pista de atletismo de Balaídos 45 min antes do inicio da vosa proba.