Amosando publicacións coa etiqueta ANPA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANPA. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de marzo de 2026

CHEGOU O DÍA: OBRADOIRO DE ROBÓTICA EN FAMILIA CON ÓSCAR RODRÍGUEZ ROJO






Esta tarde, desenvolveuse un obradoiro de robótica en familia na escola. As familias tiveron tempo de anotarse no mesmo, e esperamos que lles gustase moito descubrir, e coñecer de primeira man os robots, e distintos elementos de traballo dos que dispomos na aula STEAM da escola.

Óscar comentoulle ás familias que a Robótica pode comezar moito antes de que aparezan os robots enriba da mesa. De feito, tentou explicar dende o primeiro momento que o máis relevante non é a tecnoloxía en si, senón a maneira de pensar que hai detrás dela. O chamado pensamento computacional é, en esencia, unha ferramenta para:

  • organizar ideas, 
  • resolver problemas e 
  • comprender o mundo de forma lóxica e estruturada. 

Nos nenos e nenas pequenas, esta capacidade comeza a desenvolverse a través de accións cotiás, aínda que non sexan conscientes diso.

 

Para introducir este concepto ás familias, resulta moi efectivo partir dunha situación próxima, como pode ser o proceso de lavar os dentes.  A medida que van enumerando accións:coller o cepillo,poñer a pasta,abrir a billa,cepillar,enxaugar,... vaise facendo evidente que están construíndo un algoritmo, é dicir, unha secuencia ordenada de instrucións

Que pasaría se esquecemos un paso?, e se cambiamos a orde? 
A partir destas preguntas, búscase que  as familias entendan que os erros tamén forman parte da aprendizaxe e que revisar e mellorar é moi importante. O mesmo acontece cando programamos.

Polo antedito, a través do xogo e a manipulación trabállase o pensamento computacional sen pantallas nin robots. Falou das tarxetas tipo Codi-Robi que permiten representar accións sinxelas como avanzar ou xirar, construíndo pequenas secuencias no chan. Os participantes poden propoñer camiños, resolver retos ou mesmo crear desafíos. Este tipo de actividades reforza a comprensión da secuenciación e da planificación, ao tempo que fomenta a colaboración.

Do mesmo xeito, os xogos de mesa basados en percorridos, micro robots ou temáticas como dinosaurios ou esquíos introducen a lóxica e a estratexia de maneira natural. A medida que xogan, a rapazada acompañados polas súas familias, van tomando decisións, anticipando consecuencias e adaptando as súas accións. 

 Cando finalmente se introducen os robots, a conexión xorde de forma natural. Todo o que se fixo ata ese momento cobra sentido: os robots non fan nada diferente, simplemente executan as instrucións que lles damos. Nesta fase, organizamos o grupo en pequenas estacións de traballo para que as familias rotaran e experimentaran con diferentes ferramentas.

PRIMEIRA ESTACIÓN: 

O Robot Earl2 permite unha primeira aproximación sinxela á programación, baseada en movementos básicos como avanzar ou xirar. As familias poden propoñer pequenos percorridos no chan e comprobar como o robot segue as instrucións paso a paso. 

 

SEGUNDA ESTACIÓN: 

 VinciBot introduce a programación mediante bloques físicos, o que facilita a comprensión visual das secuencias e permite empezar a xogar con ideas como a repetición, é un robot que debuxa con xeometría. 

 

TERCEIRA ESTACIÓN:

CODING SET, é un xogo moi interesante. O alumnado debe colocar bloques con instruccións: avanzar, xirar, repetir,... e colocalos nun taboleiro. Unha torre ou faro, le ese código e o robot executa a secuencia. É o mesmo que se facía na estación anterior coas tarxetas, pero agora é un robot o que responde ás nosas ordes. Non precisamos nin tablet, nin móbil nin computador.

 

 

CUARTA ESTACIÓN:Xogos que fomentan o pensamento computacional.

 

 

QUINTA ESTACIÓN:

Con Photon Robot IA, dáse un paso máis cara á programación visual a través dunha aplicación, na que se poden resolver retos progresivos e experimentar con decisións máis complexas. Aprendemos a manexar o Robot. Precisamos móbil, táblet ou computador.

 

A medida que as familias pasaron polas distintas estacións, foron gañando confianza e entendendo que, en realidade, están aplicando as mesmas ideas que se contaron previamente sen tecnoloxía. 

O remate do obradoiro caras de ledicia en alumnado e familias.

O profesorado xuntarase para  compartir impresións e facer unha pequena reflexión conxunta. Preguntar que foi o máis difícil,... A idea principal que debería quedar é que non se trata de aprender a programar robots, senón de desenvolver unha forma de pensar que lle será útil ao alumnado en moitos ámbitos da súa vida.


mércores, 29 de xaneiro de 2025

DANIEL NOVOA, COA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA.

 

Esta tarde tivemos a sorte de contar con Daniel Novoa nun faladoiro cos pais/nais do alumnado do centro. O faldoiro ( moi concurrido) versou sobre educación afectivo-emocional e sexual.
Resultou moi interesante e puidemos extraer aprendizaxes e conclusións realmente aplicables á relación cos nos@s fill@s e alumn@s.
 


Grazas a todas as familias que vos unistes, foi un pracer compartir este espazo de aprendizaxe e reflexión.

Agardámosvos na próxima  xornada para seguir gozando desta gran aventura. A vosa participación é clave para construir un futuro máis responsable e consciente.

Deixamos a continuación unhas pequenas recomendacións de lecturas emocionais e afectivo-sexuais das que dispomos na biblioteca da escola.


luns, 15 de abril de 2024

ESCOLA DE PAIS

 O pasado luns, a ANPA do Resío organizou un taller para familias do cole sobre "Riscos asociados ao uso da Internet aos que se expoñen os nosos fillos e fillas. Foi impartido pola Policía Nacional no marco do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros educativos. No taller, que foi moi interactivo con moitas preguntas e dúbidas por parte dos pais e nais asistentes, falouse da conveniencia ou non de que os nenos e nenas teñan teléfono móbil, cando deben poder usalo, como e que poden facer os pais e nais para lograr un uso óptimo da Internet por parte da rapazada; de como debemos acompañalos... Faláronnos do acoso por internet, do uso das RRSS dende idades temperás ou de como o 80% dos nenos e nenas menores de 10 anos en Europa teñen algún tipo de acceso á pornografía en internet.

O taller foi realmente ilustrativo para as familias, pois falaron e discutiron de temas que, sabendo da súa roblemática, foi didáctico e enriquecedor coñecer máis datos da man dun experto. 



 

martes, 9 de novembro de 2021

OBRADOIROS IGUALDADE

 Ao longo destas dúas semanas, o alumnado da escola gozará dun ciclo de actividades  de igualdade patrocinadas pola ANPA da escola e levadas a cabo polo gabinete da Psicóloga Andrea Sieiro Paz. Os técnicos implicados en Igualdade foron Abraham Herrero e Tereixa Paz.



O alumnado de infantil gozou dunha sesión de contacontos cunha duración aproximada dunha hora. Traballaron o conto Arturo e Clementina. Traballouse a prevención da violencia  e a necesidade de ter un trato adecuado e respectuoso entre persoas.

 

 

O alumnado de primaria gozou dun obradoiro de multixogos reunidos pola Igualdade. Estiveron dúas horas traballando a diversidade e a corresponsabilidade. 

 


O Equipo Docente agradece a colaboración da ANPA nesta actividade.

domingo, 10 de novembro de 2019

OBRADOIRO DE ECOPERCUSIÓN CON MATERIAIS DE REFUGALLO

O pasado venres  8, grazas á colaboración económica da ANPA da escola, tivemos a sorte de contar con Diddier, un percusionista que desenvolveu co alumnado do cuarto, quinto e sexto cursos de primaria, dous obradoiros de ECOPERCUSIÓN, con materiais de refugallo. Traballaron os ritmos, e dividíronse en planos sonoros. Tras o ensaio, os alumn@s, dirixidos por Diddier,  conformaron unha banda de percusión que  ofreceu, como  colofón,  unha actuación para  o resto do alumnado da escola. Isto é música!
Como explicar a actividade é complicado, subimos un par de gravacións coas actuacións.


venres, 4 de outubro de 2019

ANPA OS IRMANDIÑOS, EDUCANDO EN IGUALDADE

GRAZAS!
A ANPA da escola está a traballar a prol da igualdade. Os mestres agradecemos o apoio prestado e animamos a traballar deste xeito tan innovador. As familias deben reponder agora a esta fermosa iniciativa. Encántanos esta ESCOLA DE PAIS E NAIS!
 Este é o cartaz da charla do vindeiro martes día 15.
Animádevos a participar!
Máis información na seguinte ligazón


mércores, 23 de xaneiro de 2019

OBRADOIRO DE POPPING DANCE


Dany Boogz e Reche,  son os dous expertos bailaríns que visitaron a escola o pasado martes día 22 da man da ANPA e fixeron que os noso cativos gozasen dunha pequena exhibición.
Contaron que comezaron xogando ao futbol e sobre os dezaséis anos co programa Fama a bailar espertou neles unha paison que lle cambiou a vida. O que comezou sendo un hobbie converteuse no seu traballo. Comentaronlle aos cativos que todos os días gozan no momento de erguerse da cama porque sabe que van facer algo que lles gusta. Animaron aos rapaces a que sexan o que sexan, músicos, pintores, médicos, escultoras,... loiten por facer os seus soños unha realidade.








LOITA POLOS TEUS SOÑOS!

martes, 8 de marzo de 2016

8 de marzo DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Na escola, celebramos o día 8 de marzo cunha actividade moi especial.
A ANPA
 decidiu colaborar coa escola nesta data tan sinalada
 e, trouxo á escola
 a unhas rapazas
 que desenvolveron un contido tan importante coma este 
que levaba como títuto
 "PINTANDO PRINCESAS".
Participou todo o alumnado da escola,
 polo que os obradoiros,
 variaron en función 
da idade dos nenos.

venres, 26 de febreiro de 2016

CONTACONTOS GINA GINGER AND CHARLIE CHIVES



A tarde do venres 19 de febreiro grazas a Kids & Us Vigo gozamos do divertido cuentacOntos Gina Ginger and Charlie Chives.
Charlie e Gina son veciños, sempre se pelexan e gástanse bromas pesadas. Como poden facer as paces?
Grazas a tod@s l@s niñ@s pola súa entusiasta participación!

Aquí deixámosvos unhas imaxes:

luns, 2 de novembro de 2015

INAUGURACIÓN DO ANO PICOLÍMPICO

O presente curso escolar, celebraremos
        O ano Picolímpico,
polo que o pasado luns día 26 de outubro, aproveitando a celebración do DÍA DA BIBLIOTECA, os nenos e nenas da escola, axudados polos mestres e coa colaboración das familias festexamos por todo o alto cun acto de inauguración.
Picolindo chegou á escola a iso das 12:20 h. portando na súa man un facho. Viña camiñando dende Grecia e precisaba comezar unhas remudas co alumnado.
O recibiron os nenos e nenas de tres aniños, que recolleron o facho, e achegáronllo aos de catro anos, estes aos de cinco, e estes os de primeiro,.... e así ata chegar xunta os nenos e nenas de sexto que estaban convertidos nunha tribo helena. Déronlle a benvida e acompañaron a Picolindo na  presentación do evento.



Explicaron a tódolos presentes en que consistían os xogos olímpicos da antigüidade e cales eran os valores fundamentais,


O RESPECTO, A AMIZADE E A EXCELENCIA

estes xogos, teñen un lema, citius, altius, fortius que na nosa lingua significa algo como: máis rápido, máis alto, máis forte. Pois ben, os nosos xogos Picolímpicos tamén teñen un lema:


LER MÁIS, PENSAR MÁIS, SABER MÁIS
O alumnado recibe na pista á tribo helena representando a bandeira olímpica:
Os nenos de educación infantil mailas familias asistentes de branco, simbolizando o fondo da bandeira olímpica, os de primeiro formando o aro verde, os de segundo o amarelo, os de terceiro, o azul, os de cuarto o negro e os de quinto o vermello.

Escoitamos o himno olímpico, izouse a bandeira e deuse por inaugurado este ano Picolímpico coa colocación do facho no facheiro. O facheiro foi elaborado polas familias. Está  formado por tres pés, que simbolizan os tres piares da escola:
  • os nenos e nenas,
  • os mestres,
  • e as familias.
O facho ten nove lapas que simbolizan cada unha das aulas da escola. O facheiro permanecerá na entrada da escola durante todo o curso escolar.





Finalizado o acto, entregáronselle as medallas ao esforzo que farán ao longo do curso ao alumnado e repartíronse as mochilas viaxeiras que darán a coñecer moitos libros e materiais diferentes cos que conta a nosa biblioteca.















REMUDAS PICOLÍMPICAS


DISCURSO PICOLÍMPICO
O FACHO NO FACHEIRO
LER MAIS, PENSAR MAIS, SABER MAIS

domingo, 14 de xuño de 2015

FESTA FIN DE CURSO ANPA 2015

Tarde marabillosa
 onde os nenos e nenas da escola poideron disfrutar coas actividades que a asociación de pais e nais tiñan preparada.
Comezamos coas exhibicións do grupo de baile e de taekwondo.
 Logo foron os inchables e...
 finalmente a festa da escuma. 

TARDE MOI DIVERTIDA!!!

domingo, 15 de xuño de 2014

FESTA FIN DE CURSO 2014. ANPA OS IRMANDIÑOS.

GRAZAS ao gran traballo desenvolvido polos membros da ANPA, os nenos e nenas da escola gozaron dunha 
GRAN FESTA DE FIN DE CURSO.
Gran cantidade de crema solar, 
ilusión
e entusiasmo,
 foron os ingredientes fundamentais desta festa.

Agora toca esperar ao  vindeiro curso escolar.
MARABILLOSA XORNADA DE CONVIVENCIA
 NAS
 ILLAS CIES.


martes, 12 de xuño de 2012

MALIA A CHOIVA, FESTA RACHADA. A ANPA, OS IRMANDIÑOS, CELEBRA A SÚA FESTA ANUAL.

Que ben o pasaron os rapac@s!, Como bailaban!. En recompensa apareceu Bob Esponja. Se non puideches asistir, comproba o ben que o pasamos. Grazas, ANPA,  polo voso traballo e esforzo!.