Ao longo destas dúas semanas, o alumnado da escola gozará dun ciclo de actividades de igualdade patrocinadas pola ANPA da escola e levadas a cabo polo gabinete da Psicóloga Andrea Sieiro Paz. Os técnicos implicados en Igualdade foron Abraham Herrero e Tereixa Paz.
O alumnado de infantil gozou dunha sesión de contacontos cunha duración aproximada dunha hora. Traballaron o conto Arturo e Clementina. Traballouse a prevención da violencia e a necesidade de ter un trato adecuado e respectuoso entre persoas.
O alumnado de primaria gozou dun obradoiro de multixogos reunidos pola Igualdade. Estiveron dúas horas traballando a diversidade e a corresponsabilidade.
O Equipo Docente agradece a colaboración da ANPA nesta actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario