Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA MULLER TRABALLADORA. Amosar todas as publicacións

mércores, 8 de marzo de 2023

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Hoxe, no Resío, toda a escola viviu inmersa na celebración do Día da Muller.


A primeira hora da mañá chegou á escola o COMANDO IGUALDADE do IES ALEXANDRE BÓVEDA. Nesta actividade, os responsables do comando explicaron á rapazada o funcionamento da súa agrupación.

O Comando Igualdade visita a nosa escola para transmitir os seus valores de igualdade, equidade, empatía e responsabilidade para procurar un mundo máis xusto.En primeiro lugar fixeron unha presentación do que é o COMANDO IGUALDADE. Este é un club como pode ser o de lectura, o de xogos, os de manga,... Reúnense tódolos luns ao mediodía, quedan a comer no instituto pois, pola tarde teñen clase. Son como unha familia. Este club está formado polo alumnado pero tamén por algun mestre ou mestra. Neste tempo falan de temas de interese e preparan actividades para o 25N e para o 8M. Falouse do concepto feminismo, o reparto das tarefas domésticas na casa, fixeron xogos e indicaron que no noso centro poderían facer algo similar.

Os membros do Comando reciben formación en igualdade a través de distintos departamentos do Centro.

Rematou o acto cunha unha cantiga.


 

Logo do tempo de lecer, a actividade programada, viuse mermada polo mal tempo e non puidemos saír á horta a sementar. Iamos sementar leitugas, amorodos, tomates, pementos, cabaciñas,... A manipulación de materiais, a experimentación e o goce da terra e dos charcos queda para o primeiro día que faga bo, máis non sendo posible sementar na horta, creamos no ximnasio un bancal, un bancal máxico onde a rapazada sementou profesións e verbas de igualdade, demostrando que no Resío estamos comprometid@s coa promoción e fomento da igualdade entre homes e mulleres:  

 



SEMENTAMOS, 

 VERBAS DE IGUALDADE.

Complementamos o traballo cunha exposición de libros sobre esta conmemoración.

mércores, 2 de marzo de 2022

XOGAMOS COAS MULLERES DOS MURAIS DE VIGO

 Vigo, cidade de cor é unha iniciativa municipal que dende o ano 2015 transformou as medianeras da cidade con murais de artistas urbanos.

De todos estos murais, na escola seleccionamos os dedicados ás mulleres e creamos un xogo de corredor para infantil e outro para primaria.

A rapazada gozou moito con él e aprenderon moitas cousas.










luns, 8 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021

Hoxe, 8 de marzo, celebramos na escola o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Nas aulas, realizaronse moitas actividades.
Mostramos a levada a cabo co quinto e sexto curso de primaria.

venres, 10 de marzo de 2017

UNHA GRAN MULLER: ADA LOVELACE

Conmemorando o día da Muller, imos a coñecer a unha que fixo que a nosa vida goce do mundo da información. Ada Lovelace é a precursora dos computadores.


xoves, 7 de marzo de 2013

8 de marzo: DIA DAS MULLERES

Preme na imaxe e descubre moitísimos recursos
para conmemorar "O día das mulleres"
Grazas ao traballo do CPI Progreso
 

venres, 9 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2.012.

O ANO PASADO,NA AULA DA PROFE MARICRUZ, ADICAMOS O DÍA DA MULLER TRABALLADORA Á FIGURA DE ROSALÍA DE CASTRO.ESTE ANO IMOS FACER MENCIÓN A UNHA MULLER QUE ABRIU CAMIÑOS INSOSPEITADOS PARA PODER CHEGAR A QUE HOXE NÓS ,AS MULLERES,POIDAMOS VOTAR EN ESPAÑA E EXERCER UN DEREITO FUNDAMENTAL:"O SUFRAXIO UNIVERSAL".
ESTA ESPECTACULAR MULLER FOI...
"CLARA CAMPOAMOR".
A CONTINUACIÓN  TEDES UN GRAN TRABALLO,DUNHA COMPAÑEIRA MESTRA, SOBRE A FIGURA DESTA MULLER .
É MÁIS AXEITADA PARA O TERCEIRO CICLO DE ED. PRIMARIA,PERO SEGURO QUE ÓS NOSOS NENOS/AS TAMÉN APRENDEN MOITAS COUSAS.
PREMEDE NA FOTO DE CLARA E...A APRENDER MOITAS COUSAS DUNHA MULLER EXEMPLAR.
E AGORA ,ACTIVIDADES PARA NENOS/AS DO 1º E 2º CICLO DE ED. PRIMARIA.
PREMEDE NO TRABALLO DA JUNTA DE ANDALUCÍA SOBRE CLARA.
E AGORA O TRABALLO QUE FIXERON OS NENOS/AS DE 5 ANOS ,COA PROFE MARICRUZ,SOBRE CLARA.
 GRAZAS,CLARA CAMPOAMOR!


FAI O QUEBRACABEZAS DE CLARA. XA SABES QUE PODER VARIAR O NÚMERO DE PEZAS PARA QUE POIDADES XOGAR TÓDALA FAMILIA.

martes, 8 de marzo de 2011

8 DE MARZO:"DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA".




DENDE ESTE BLOGUE,EU,MARICRUZ,UNHA MULLER TRABALLADORA,QUERE RECORDARVOS QUE HOXE,8 DE MARZO,CELÉBRASE EN TODO O MUNDO "O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA" .POR ISTA RAZÓN POÑO Á VOSA DISPOSICIÓN ESTES ENLACES DE INTERESE,QUE NOS FALAN DA HISTORIA DESTE DÍA E ALGUNHAS COUSAS INTERESANTES QUE TODO O MUNDO DEBERÍA SABER,ADEMÁIS DE RECORDAR Á NOSA AMADA "ROSALÍA DE CASTRO".

AS MULLERES TRABALLARON,TRABALLAN E TRABALLARÁN SEMPRE DENTRO E FORA DA CASA,POLOS SEUS PRINCIPIOS,VALORES,DEREITOS E RECOÑECEMENTO,PORQUE SEMPRE,Ó LONGO DOS TEMPOS,LOITARON DURAMENTE POLO QUE AMARON:ÁS SÚAS FAMILIAS E Á SÚA TERRA.
Maricruz