xoves, 27 de decembro de 2012

O Apalpador | A canción e o baile

 Aquí tedes un vídeo do Apalpador e maila súa canción. 
A ver se a aprendedes e a cantamos todos á volta das vacacións...

          

domingo, 23 de decembro de 2012

FESTA DE NADAL 2012

O derradeiro día de escola foi especial.
Festexamos o Nadal cun programa de actividades pensado para que os nen@s puideran divertirse e sentir os costumes desta festa tan popular.
  Comezamos coa visita do Paxe Real para que todos os nen@s puideran entregar as súas cartas e contarlle en persoa os seus desexos para o vindeiro ano.
As 10 da mañá xuntámonos todos no ximnasio da escola para formar grupos mesturados con nen@s de tódalas idades dende 3 a 12 anos. Despois comezaron os obradoiros.
Obradoiros de maquillaxe
 Obradorios de contacontos
Obradoiros de panxoliñas
 Obradoiros de Bingo

Mira na presentación todas as imaxes
 

Despois da visita do Paxe Real e os obradoiros chegou o momento da tradicional CHOCOLATADA e AS BADALADAS que marcan o comezo do novo ano. Para rematar, bailamos e cantamos no ximnasio gozando dun fantástico día de festa!!
  
Vive connosco as 12 badaladas!!

Mira a presentación de imaxes e descubre como o festexamos!!
 

Felices festas!!
Vémonos o vindeiro martes 8 de xaneiro!!

martes, 18 de decembro de 2012

FEITIZOS E ESCONXUROS

Durante o mes de novembro emerxemos no mundo da maxia.
Moitos nen@s achegáronse a biblioteca e xogaron con conxuros e apócemas máxicas secretas.
Preme nos vídeos e escoita algún deles. Tamén podes lelos e practicalos!!   

xoves, 13 de decembro de 2012

TEMPO DE NADAL.

Chegadas estas datas, comeza o momento de decorar a nosa escola de Nadal. Comezabamos decorando os cristais dalgún corredor e dalgunha aula e continuamos facendo unha árbore de Nadal moi colorista. Sabedes onde está?. Esperamos que xa a atoparades. De tódolos xeitos e para os máis despistados, aquí vai unha foto. Quedou preciosa.

Na aula de plástica estivemos a facer uns debuxos para o CONCURSO ANUAL de POSTAIS de NADAL.
Os debuxos amosan a creatividade de cada nen@. A preselección foi difícil para os mestres encargados e agora chega o proceso democrático. Tódolos nen@s votarán polos tres debuxos que máis lle gustan correspondentes aos ciclos educativos nos que non están matriculados. Dezaseis son os debuxos elixidos, catro por nivel. Estes son os afortunados. 



 NORABOA RAPACES!. TODOS SODES GAÑADORES.


Mañá coñeceremos os catro nenos e nenas que terán a honra de ser os máis votados. Os seus debuxos servirán para  felicitar o Nadal ás familias da nosa comunidade educativa.


Por outra banda, nas aulas estase a traballar arreo no CALENDARIO ANUAL que recibiredes como agasallo de Nadal,

BOUZAS,

12 MESES, 12 LUGARES.

E... xa iredes descubrindo todo o que estamos a traballar para coñecer a vila de BOUZAS .

De momento, GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NA DECORACIÓN DAS CUNCHAS E ESTRELAS. 

O NOSO CABALEIRO DAS CUNCHAS XA ESTÁ ENGALANADO.

luns, 10 de decembro de 2012

Continuamos a traballar no noso proxecto anual "BOUZAS", polo que antes de facer un roteiro por Bouzas,  imos traballar diversos lugares significativos da vila onde se atopa situada a nosa escola. Tódolos nenos e nenas de primaria fixemos a nosa representación, con algún destes debuxos as profes farán a portada do noso calendario anual. Que vos parece?