HISTORIA DE PICOLINDO

 
Ola, amigos! Vouvos contar a miña historia para que entendades por que teño un peteiro tan grande e estou feito de lapis.

       Eu vivía nun estoxo e era un lapis normal e corrente, como os demais, coa diferenza  de que a min gustábame moitísimo darlle ao peteiro, Como lle pasa a moitos amigos meus deste colexio!

       E é que falar era o meu soño. É moi divertido comunicarse uns cos outros.

O meu problema era que só podía facelo escribindo e por iso, en canto podía, escapábame do estoxo e pintábao todo: libretas, libros, paredes, todo o que pillaba era bo para escribir, pintar, debuxar… facía verdadeiros picassos.

Pero entristecíame que o meu dono levara sempre as culpas do que eu facía, e recibira rifas e castigos.

       Eu quería ser alguén importante, non me conformaba con vivir no estoxo, e ademáis quedábame pouco tempo, pois cada vez que me afiaban facíame máis e máis pequeno. Tiña que facer algo!

       Entón recorrín ás Fadas dos contos que hai nos andeis e elas propuxéronme un trato:

 A cambio da miña punta, así xa nunca podería escribir  facendo trasnadas, daríanme un peteiro para falar!.  Aceptei encantado.

       Por iso, agora traballo na vosa biblioteca. E ando entre as páxinas dos libros ENCÁNTAME LER ! É case máis divertido ca falar, non sei, estou a pensar que …Ao mellor quero ser un conto…?

       Ben, espero que vos gustara a miña historia e espero vervos  a todos na BIBLIOTECA.

    (Historia creada pola familia de Alex e Paula Somoza para a imaxe da mascota da biblioteca, creada pola familia de Sira Costas. O nome da mascota foi inventado pola familia de Natalia Carreira)