martes, 31 de marzo de 2020

DÍAS DIFÍCILES, NEN@S FELICES

Os mestres e mestras do Resío gravan un video para dar ánimos e ledicia aos seus alumn@s e familiares.
Cantade e bailade con él, divertídevos cos vosos mestres que tanto vos botan en falta.
UTILIZAMOS A MÚSICA DE UXÍA LAMBONA, a canción "SINFONÍA DE UXÍA"

Día 16 # Na Casa


mércores, 25 de marzo de 2020

DIA 10 # Na Casa


OS MESTRES # Na Casa


Os mestres tamén estamos # Na Casa, traballamos # Na Casa. Enviamos tarefas, falamos con vós e coas vosas familias, e facemos xuntanzas telemáticas.
 Ademais de traballar, lemos os xornais, miramos pola fiestra, interesamonos pola nosa familia, axudamos aos nosos fill@s, preparamos o xantar, facemos exercicio na casa, saímos ao balcón a aplaudir todos os días as oito,...

 Un saúdo agarimoso para tod@s.
AUTORA: MAR RODRÍGUEZ MONTAÑA, ALUMNA DE 2º EP

domingo, 22 de marzo de 2020

xoves, 19 de marzo de 2020

MALABARES

Juan, o noso mestre de Educación Física, nos envía un video para iniciarse nos Malabares. A intención do mesmo é que vos iniciedes en familia, practiquedes nestes días tan longos e cando o teñades conseguido vos gravedes e enviedes un video con todos os exercicios realizados. Informavos que haberá premio para os dez primeiros.
 

DÍA 4 # Na Casa

xoves, 12 de marzo de 2020

RESÓLVESE O MISTERIO

Aló polo 31 de xaneiro, algo acontecía na AULA TIC, unha cinta indicaba que non podiamos pasar e un sinal de obras estaba colgado diante dela. Preguntamos a mestres e pais, pero ninguén nos contaba nada, só que había obras. 
 Alguén nos comentou que os computadores, cadeiras e mesas foran sacados da aula, e parecía verdade, pois todo estaba baixo as escaleiras de primaria.
 O profesorado dicíanos que eles estaban a estudar e a prepararse moito  para poder usar todas as cousas novas que estaban mercando para usar nese aula.
 E por fin chegou o día, na escola apareceron dúas persoas importantes; dunha unha banda, o inspector do cole D. Carlos Antuña,  doutra, o representante da empresa TELENET, D. Jose Pose, que doou á escola 10 robots, para completar o aula.

TEMOS UNHA FERMOSA 
AULA STEM
AGORA SO TEMOS QUE DISFRUTALA!
Nesta aula tamén dispomos dunha radio escolar que agardamos estrear en breve.
Seguiremos informando das novidades desta fermosa aula.


luns, 9 de marzo de 2020

CONCURSO DE RECOLLIDA DE PILAS PILABOT, QUEDAN POUCOS DÍAS

O concurso está a chegar ao seu fin, polo que pedimos que as familias colaboredes co noso proxecto eco-lóxico e traiades todas as pilase acumuladores portátiles  usados que teñades recopiladas pola casa. Considéranse pilas e acumuladores portátiles calquera pila, pila botón, acumulador ou batería que estea precintado, poida portarse coa man e non sexa industrial nin de automóbiles. Teñen esta tipoloxía as pilas botón e estándar e os acumuladores utilizados en calquera aparello presente nos fogares e as oficinas, tales como mandos a distancia, teléfonos móbiles, computadores portátiles, xoguetes eléctricos e electrónicos, ferramentas portátiles, etc.
 Nestes días virán pesar todas as recollidas nas últimas seis semanas.
Animádevos, podemos ser un dos centros gañadores!!!


 

mércores, 4 de marzo de 2020

NOVOS BOOKTUBERS

Co ano novo  Booktubers Novos , aquí van os correspondentes ao mes recén rematado, haberá que tomar nota e ver  de seguir os seus consellos lectores. 
Animáte e recomenda ti algún libro "saboroso".
As nais e pais, avós e avoas tamén poden participar recomendando libros para  adultos e/ou para os nen@s.