Amosando publicacións coa etiqueta ED. INFANTIL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ED. INFANTIL. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de marzo de 2026

AREPAS COA NAI DE ALBA E LUCÍA

 






Hoxe visitóunos a nai de Alba, Mariam, para explicarnos como se fan as arepas. Despois preparou a masa e fritiunas. Nós tamén axudamos un pouco amasando e facendo boliñas. Pasámolo moi ben e despois comímolas. 

 

Estaban boísimas!

 

luns, 16 de marzo de 2026

EXPERIMENTAMOS: O MILLO SALTARÍN

 

O experimento do millo bailarín!


Nun bote de vidro botamos auga, bicarbonato e uns grans de millo; logo añadimos vinagre e agardamos un pouquiño... 

A maxia apareceu! Os grans de millo comezaron a bailar dentro do bote


 

martes, 10 de marzo de 2026

INVESTIGAMOS E CREAMOS

Do interese pola planta do patio naceu esta proposta de vida práctica: lavado de follas.

 Logo xurdiu a necesidade de decorálas con témpera sólida, tamén pintaron as mans, o papel...

 








 

 

luns, 9 de marzo de 2026

CREAMOS COAS FORMAS

 Pintamos figuras xeométricas e formas nun papel, démoslle "pezas soltas" e comezou a combinación!

 





 
 

venres, 6 de marzo de 2026

DO GRAN Á FARIÑA

 Dun pan xurdiu a curiosidade, da curiosidade xurdiu este procesiño: moer grans de millo, observar o cambio, entender de xeito significativo o paso do gran á fariña, probar, cheirar e asustarnos un pouquiño cando o molinillo facía ruído.


 



 

 

mércores, 4 de marzo de 2026

FACENDO MASA NAI, DÍA 3 DE EXPERIMENTO

 Día 3 do experimento de Masa NAI.


Que sorpresa! Xa apareceron burbullas! Eso quere decir que a masa está fermentando. O seu cheiro é ácido e estamos moi emocionados/as seguindo ó proceso e observando ós cambios.
 
 

Hoxe toca retirar cunha culler un pouco da masa, e engadir a continuación 30 gramos de fariña integral e 30 mililitros de auga morna. Tapamos, e deixamos reposar 24 horas.


Seguirémosvos informando!

 

luns, 2 de marzo de 2026

OS EXPERTOS EN PANADERÍA FAN MASA NAI

 Na etapa de Educación Infantil decidimos xuntarnos para facer masa nai, mesturamos as crianzas das tres aulas en grupos e fixemos a receita.

Todos participamos, botamos nun tarro de vidro 30 gramos de fariña integral e 30 mililitros de auga morna, remexemos e colocamos unha marquiña no bote para observar cómo fermenta e sube o levedo.
Ademáis, na aula de 6° de infantil fixemos un seguimento 
Nós próximos días seguiremos dándolle moito agarimo a nosa masa nai! 🍞🥖🥨


sábado, 28 de febreiro de 2026

FACEMOS SILUETAS CON FARIÑA DE TRIGO




A única intención da proposta era facer siluetas con fariña de trigo e conseguímolo, pero despois acabamos saboreando, soprando, tocando... O momento máis interesante foi a aparicion do xogo simbólico cando comezaron a coidar aos animaliños e limparlle os restos de fariña cuns pinceis e moita delicadeza. 🌿🐴🥖

 

venres, 27 de febreiro de 2026

EXPERIMENTAMOS EN INFANTIL. CHOIVA DE CORES.

 
O que nos gustan a nós os experimentos! A semana pasada pediron unha proposta con cores e hoxe fixemos esta: escuma, auga e colorante alimenticio... Un minutiño e tachánnn!!! Chuvia de cores 💛💙❤️
 

 
A canela é unha opción moi interesante para traballar o olfato e o gusto. Falamos desta especia, da súa orixe, da forma de extracción... Ulimos, saboreamos... E puxemos en común as nosas sensacións.
 
 
 
Logo fixemos un pequeno experimento e observamos qué ocorre cando metemos un dedo nun vaso con auga e canela na superficie, quedaron asombrados cando o dedo saía completamente seco! 🌿
 

luns, 2 de febreiro de 2026

AS FAMILIAS NA ESCOLA, APRENDEMOS SOBRE O NOSO CORPO



Hoxe visitóunos Isabel, a nai de Isabel para explicarnos moitas cousas sobre o corpo, e os traballadores da saúde que coidan de nós. 
 
Pasámolo moi ben.
 Ao final obsequiounos cun moneco feito con materiais cos que traballa ela como fisioterapeuta.