Amosando publicacións coa etiqueta ESCOLA ECO-LÓXICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ESCOLA ECO-LÓXICA. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de maio de 2020

DÍA 68 #NaCasa, SOGAMA PUBLICITA O NOSO TRABALLO


 Hoxe SOGAMA, faise eco da nosa actividades. Grazas por contar con nós.

"Crea o teu maio con material de refugallo"


martes, 7 de abril de 2020

CONCURSO MASCOTA EN 3D

Este concurso chegou ao  fin. Grazas  familias pola ampla participación!!  Chegaron á escola 54 mascotas, todas elas  preciosas. Quedou demostrado que o material de refugallo da casa  serve para crear  nov@s compañeir@s de xogos. Nin falar dos nomes...a  cal máis orixinal (só se repite un).
Aquí a  grande exposición virtual,  prometida. Pero non  esquezades coidala ben, porque cando nos deixen voltar á escola teremos o 
O GRANDE ENCONTRO MASCOTEIRO  DO  RESÍO
       
      Tod@s os participantes tedes acadado moitos Pikeuros!




E para rematar, oito dos nos@s alumn@s demostran a súa competencia lingüística presentando a súa mascota. 
Grazas, polo voso traballo!, 
sodes estupend@s!


 

venres, 3 de abril de 2020

CONCURSO CREAR UNHA MASCOTA EN 3 D


Queridos nenos e nenas, este concurso está a chegar ao seu fin. Lembrade, o luns 6 de abril remata o prazo. Están a chegar unhas mascotas preciosas. O material de refugallo da casa está a servir para crear un nov@ compañeir@ de xogos. Lembrade que :

Unha mascota á que lle podamos poñer un nome e contar as nosas cousas, esas cousas que ao mellor non lle contamos a ninguén-
- Que quere dicir en 3 D? pois que non vale un debuxo ( que ten 2 D), ten que ser unha figura que se teña en pé , é dicir: con  altura , anchura e lonxitude
- E con que a construímos? Pois con materiais de refugallo que atopemos pola casa estes días : caixas, envoltorios, arames, botóns, lá, roupa vella …
- E de que tamaño? Do que queirades. A cousa é que sexa chula.
Mandade as fotos ou vídeos ( se é que se move) dende o luns 23 de marzo ata o luns 6 de abril .
Faremos unha gran exposición virtual no Blogue :” un pase de modelos ".
Coidádea moi ben , porque teredes que traela ao cole en canto botemos fora aos dichosos virus, será O GRAN ENCONTRO MASCOTEIRO  DO  RESÍO.
    Animádevos!    Participade!    
      Haberá Pikeurospara todos sobre todo para as mais votadas.

venres, 28 de febreiro de 2020

LIMPAMOS O MONTE: PARQUE FORESTAL MARUXENTO EN MATAMÁ

O alumnado do quinto curso de infantil, acompañado de todo o alumnado e profesorado de educación primaria viviron hoxe unha xornada moi especial no Parque Maruxento.


Entre todos e coa axuda do Colectivo Cultural Malaherba, fixemos unha limpeza de eucaliptos no monte forestal de Matamá e levamos a cabo a plantación de sobreiras, carballos e acivros.
Esta área recreativa de Matamá está a tan só dez quilómetros da nosa escola. Nela poidemos ver distintas árbores autóctonas, gozar dunhas fermosas vistas e merendar ao carón das mesas e barbacoas. 

Gozamos dunha xornada de bo tempo e contacto coa natureza. 
Querémos recuperar o noso monte!
E... ademáis,  pasámolo xenial!! 

venres, 21 de febreiro de 2020

PASARRÚAS DE ENTROIDO

Por fin chegou o día,... logo de moitos días de traballo tivo lugar o pasarrúas de entroido, un entroido moi especial pois no cruzamento da Rúa Marín con Tomás Paredes, incorporabanse ao noso desfile o alumnado e profesorado do centro San Francisco. Traballaron arreo para ir ataviados coas mellores galas, un entroido inclusivo moi ecolóxico. Unha fermosa experiencia que é a primeira pero seguro que non será a última. Moitos veciños aplaudindo ao noso paso e agardando na alameda. Fermosa  soleada mañá para a convivencia.

PREME NA IMAXE PARA GOZAR DE DISTINTOS MOMENTOS DO ENTROIDO



Tralo pasarrúas, xuizo do meco, degustación de sobremesas e... festa rachada.




Grazas a todos pola vosa colaboración.
En breve subimos máis cousas da festa de hoxe. Tede paciencia.

luns, 17 de febreiro de 2020

PROGRAMA DE ENTROIDO

Levamos tempo artellando os disfraces de entroido con material de refugallo, imos sorprendervos!.
Este ano ademáis vai ser un entroido inclusivo, pois nos acompañarán no pasarrúas os alumnos do centro de ensino C.E.E.P.R. San Francisco, que tamén están convidados a asistir ao xuízo do Meco e á posterior festa.




 

mércores, 12 de febreiro de 2020

NAIS CIENTÍFICAS QUE TRABALLAN EN PROL DO PLANETA



A nai de Antón, Sonia veu contarnos o que foi facer a Serra Leona hai unhas semanas. Amosounos onde está e como é a vida nesa zona: como son as casas, os alimentos, os seus costumes e as súas músicas. Sabiades que os nenos de Serra Leona son coma nós? So pensan en xogar e pasalo ben; aínda que eles xogan máis fóra da casa e en grandes grupos. E o que máis lles gusta é bailar!

Tamén falamos dos 17 obxectivos de desenvolvemento sostible para o 2030 e en particular do 7 e do relacionado coa súa labor en África: a enerxía sostible. O 86% da poboación de Serra Leona non ten acceso á enerxía. A organización coa que traballa (UNOPS) está a instalar placas solares para que poidan funcionar os 44 centros de saúde nas zonas rurais.
PREME NA IMAXE PARA VER FOTOGRAFÍAS DA ACTIVIDADE


luns, 10 de febreiro de 2020

OBRADOIRO O MAR NO CAMIÑO



Os nenos e nenas de 2º tivemos a sorte de disfrutar deste obradoiro da man da Fundación para a Pesca e o Marisqueo Fundamar. Primeiro escoitamos as aventuras de catro personaxes moi simpáticos que deciden facer o camiño de Santiago. Despois, por grupos fixemos unha actividade de papiroflexia dirixida por  MIMADRIÑA, (educadora social, recoñecida polos seus traballos de artesanía en origami) que poderedes visitar nun par de meses no M
PREME NA IMAXE PARA GOZAR DAS IMAXES DO OBRADOIRO
useo do Mar de Vigo.