luns, 30 de abril de 2012

OS MAIOS, FESTA POPULAR GALEGA.

Por segundo ano consecutivo,  celebramos na escola a festa dos Maios. Como sabedes é unha festa popular galega na que se celebra o comezo da primavera e na que se fai unha exaltación da natureza. En Galicia, os Maios celébranse os primeiros días do mes de maio.
Primeiro imos a ver un vídeo para aprender cousas da historia dos maios.




Temos que contar que foi un día de moito traballo no cole porque estivemos moi atarefados facendo o noso Maio e preparando todo para a actuación.
O programa desta xornada foi:
-De 9h a 11:30:
Confección de grilandas nas aulas e colocación do verde no maio.

 
-De 11:30h a 12:00h:
Tempo de lecer.
-De 12h a 12:30h:
Montaxe do maio.
 
Cantiga do maio co retrouso común e estrofas creadas nas aulas. 

 
-De 12:30h a 13:50h:
Visítannos uns gaiteiros e acompañannos no
baile das fitas,
 

na procesión e remate da festa co Himno Galego.

 
 ANGELA NOVOA BLANCO.



 Nestas presentacións queremos amosarvos como traballaron os vosos peques e non tan peques. Cremos que o esforzo tivo unha recompensa.

 GRAZAS FAMILIAS polas flores, fentos, fiúnchos, froitas,...


O DÍA DAS LETRAS GALEGAS DEDÍCASE A VALENTÍN PAZ ANDRADE.

Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a D. Valentín Paz Andrade. Este home estivo na nosa escola aló polo 1968, descubrindo o monolito dedicado a Concepción Arenal. Tentade adiviñar quen era.

ABRIL 1968.
Agora, coa seguinte actividade podedes aprender moitas cousas de Valentín grazas ao traballo do CEIP. CONDESA DE FENOSA.








Aquí tedes o traballo do CPI dos Dices de Rois.



 Actividades en liña do Seminario Galán.

Para saber máis,preme na seguinte imaxe:


venres, 27 de abril de 2012

O LIBRO

Un vídeo de animación sobre o mundo do libro.

DEBUXAMOS BICOS.

OS NENOS DO PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA DEBUXAN BICOS.

ANGELA NOVOA BLANCO

OS NENOS E NENAS DE SEGUNDO DEBUXAN COMO FOI O DÍA DO LIBRO.

Así é como o disfrutamos.


DIA DO LIBRO 2012. APADRIÑAMENTO LECTOR E ENTREGA DE AGASALLOS.

O pasado luns día 23, celebramos o DIA DO LIBRO coa actividade do apadriñamento lector. Os nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto leron aos seus afillados e afilladas o conto seleccionado na biblioteca días antes. Malia as inclemencias metereolóxicas a actividade desenvolveuse normalmente. Nos chanzos das escaleiras, nos recantos, nos baños, baixo unha mesa, ... calquera lugar foi o idóneo para ler en compañía. Todos se portaron estupendamente e como agasallo, os afillados e afilladas déronlles  aos padriños e madriñas unhas postais de agradecemento.
Rematada a lectura, o equipo de biblioteca encargouse de entregar os agasallos de participación nos concursos de autocolantes e de cartas de amor.
 Aquí podedes ver como se desenvolveu a actividade.

O MUSEO DO CONTO

 Só con ver a presentación de imaxes  podedes darvos conta do gran traballo das familias participantes e da calidade dos traballos. Non queda máis que dar as GRAZAS a todos pola vosa participación. Os vosos fillos e fillas están orgullosos dos seus traballos.



Grazas a todos pola vosa participación.

mércores, 25 de abril de 2012

Pequenos atletas do cole

O venres pasado, 20 de abril, celebrouse a final da Liga Intercolexios de atletismo, na que se clasificaran os nosos atletas: Lucas Esteves, Eros López, Miguel Martínez, Gabriel Pérez e Ángela Martínez.
Só o feito de clasificarse para a fase final pode ser considerado como un éxito, máxime cando foi a primeira participación nunhas probas de atletismo nas que participan rapaces de toda a bisbarra de Vigo.
Ademais, conseguimos unha medalla, en lanzamento de pelota, proba na que Gabri quedou de 3º.
Queremos rematar felicitando aos nosos deportistas, e animárvos a TOD@S a participar nos próximos eventos deportivos, como a Marathon de Coia, ou o Campionato de Natación que se van celebrar no próximo mes de maio.



martes, 24 de abril de 2012

PARA UN AMBIENTE LECTOR NA ESCOLA



23 de abril,  Día do Libro: día pensado para falar, ler, reflexionar e mesmo reformular ideas e actitudes  sobre o mundo do libro e a lectura .
Cando mellor que hoxe, para achegarvos o MANIFESTO PARA UN AMBIENTE DE LECTURA NA ESCOLA  asinado por, alomenos, 108 profesionais, relacionados desde diferentes ámbitos co mundo da lectura?

 Son doce puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía unha verdadeira reformulación da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas.




Vai dirixido a toda a ampla comunidade vencellada coa lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da educación...



 
 
Aquí aparecen  sinaturas coma as de Francesco Tonucci, Fina Casalderrey, Rosa Aneiros, Lucía Baquedano, Gustavo Martín Garzo, Antonio Rodríguez Almodóvar  ...e moitos profesionais máis.

                                   Estamos todos de acordo, entón?  Mans á obra !!!




luns, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO 2012


 ESTE ANO, OS NEN@S DE 4º,5º e 6º COMO XA SOMOS DOS MAIORES,  FOMOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTOR@S!!!!
Limos contos aos cativos para celebrar o día do libro. Todos estiveron moi atentos e gozaron das nosas lecturas...
podedes comprobalo mirando a presentación de fotos.






  Que divertido é ler!!!!
 Tamén nos gusta que nos lean.

SEGUIMOS TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS...


 Os rapaces e rapazas de atención educativa de 4º fixeron un traballo especial... seguen a traballar as emocións e reflectíronas en esculturas de plastilina.
Montaron unha exposición, que podedes visitar, na biblioteca.
Tamén podedes ver os traballos nesta presentación!






A que é un precioso traballo?
Son uns artistas!!!!

sábado, 21 de abril de 2012

CONTACONTOS NO VERBUM

A CONCELLERÍA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA ORGANIZA ESTE CONTACONTOS O DOMINGO 22 DE ABRIL, ÁS 18:.00 HORAS NO VERBUM (AVDA. SAMIL, 17) PARA PÚBLICO FAMILIAR.
ENTRADA DE BALDE.
APERTURA DE PORTAS ÁS 17:45 ATA COMPLETAR O AFORO LIMITADO A  120 PERSOAS.. EDADE MÍNIMA:  3 ANOS


xoves, 19 de abril de 2012

XA TEMOS OS PREMIADOS NO CONCURSO DE AUTOCOLANTES DÍA DO LIBRO 2012.

O día de onte foi un día moi democrático no CEIP VIRXE DO ROCÍO. Os nenos e nenas de Educación Infantil 5 anos e tódolos de Primaria votaron o debuxo que máis lles gustou. Este foi o resultado.


PREMIOS DIA LIBRO 12 - diapositivas

Gañador e polo tanto primeiro premio, Miguel Martínez  Novoa. 6º E.P. con  41 votos.
Subcampioa, e polo tanto segundo premio, Lucía Comesaña Carballo. 6º E.P. con 21 votos.
Terceiro premio, Angela Martínez Novoa, 2º E.P. con 16 votos.

PARABÉNS A TODOS !!!!!!

Un conto de AMOR

Dentro do noso MAR DE EMOCIÓNS os nenos de 2º de Educación Primaria interpretan no seguinte video unha historia de amor cantada que se titula "O crocodilo namórase".

Gozádea!!!

mércores, 18 de abril de 2012

ESTAMOS EMOCIONADOS, MOI, MOI EMOCIONADOS!

POR QUE? POIS PORQUE O NOSO HUMILDE BLOGUE,"O RECANTO DE PERECHO E MARICRUZ", FOI ADMITIDO PARA PARTICIPAR NOS PRESTIXIOSOS 
"PREMIOS ESPIRAL DE EDUBLOG 2012".
AS FAMILIAS DA NOSA AULA E MOITOS COMPAÑEIROS/AS DE PROFESIÓN ,QUE SON VISITANTES DO NOSO BLOGUE E O UTILIZAN COMO FERRAMENTA DE TRABALLO NAS SÚAS AULAS, ANIMARON Á PROFE MARICRUZ, QUE NON FAI O SEU BLOGUE PARA OBTER NINGÚN MÉRITO, SENON PARA OS OBXECTIVOS QUE TODOS VÓS SABEDES E QUE ESTÁN NO ENCABEZADO DO NOSO BLOGUE, A QUE SE PRESENTASE NO CERTAME.
GRAZAS A EDUBLOG POR ELIXIR O NOSO TRABALLO.
AÍNDA QUE NON GAÑEMOS NADA, O FEITO DE SER ELIXIDOS COMO CANDIDATOS  EMOCIÓNANOS ENORMEMENTE E ESE XA É UN GRAN PREMIO PARA NÓS.
MIRADE QUE CONTENTOS ESTÁN OS NOSOS PROTAGONISTAS!

AQUÍ TEDES A LIGAZÓN  NA QUE ESTÁ PUBLICADA NA REDE A NOSA CANDIDATURA.
PREMEDE NO LOGO DOS PREMIOS PARA MIRALA.
E SE CHE GUSTA O NOSO BLOGUE PREME NA IMAXE PARA FACER O TEU COMENTARIO.
MOITAS GRAZAS AOS NENOS/AS DE 5 ANOS,QUE FIXERON POSIBLE QUE A PROFE MARICRUZ E AS SÚAS FAMILIAS COLABORARAN NUN SOÑO COMÚN, UTILIZANDO ESTA FERMOSA FERRAMENTA QUE É O NOSO BLOGUE:
UNHA EDUCACIÓN INTEGRAL NA CASA E NA ESCOLA.
ESTÁS A TE ESQUECER DE MÍN!, PERECHO, O VOSO AMIGO.
EU TAMÉN AXUDEI MOITO Á PROFE E PICOLINDO TAMÉN.
GRAZAS A MOITAS COUSAS QUE EU FIXEN OS NENOS/AS APRENDERON A SOÑAR, IMAXINAR, APRECIAR A NATUREZA...
EU TAMÉN AXUDEI,GHI,GHI,GHI!
TES RAZÓN.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLA TUA MAXIA .
QUERÉMOSTE,PERECHO!
PARA NÓS,QUE ESTAMOS A TRABALLAR ESTE ANO, COMO PROXECTO DE CENTRO,
AS EMOCIÓNS...É EMOCIONANTE.

O Vigo que puido ser

Aquí vos presentamos un interesante vídeo da arquitectura perdida na nosa cidade durante as últimas décadas e o aspecto que tería hoxe en día no seu emprazamento orixinal.


martes, 17 de abril de 2012

GONZALO MOURE NO CEIP DO ROCIO

O xoves pasado tivemos a sorte de gozar coa presenza de Gonzalo Moure no colexio.
Mirade e escoitade os nosos comentarios !!


luns, 16 de abril de 2012

16 de abril, Día Mundial contra a escravitude infantil

Hoxe luns 16 de abril conmemórase o día contra a Escravitude Infantil, unha triste realidade que afecta a máis de 400 millóns de rapaces de 4 a 14 anos en todo o mundo.


domingo, 15 de abril de 2012

PREPARAMONOS PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO 2012

Aproxímase de novo o DÍA DO LIBRO  e con este motivo queremos animarvos a participar na actividade
 MUSEO DE CONTO.
Cada FAMILIA, ESCOLLE o CONTO que máis lle gusta e fai un traballo manual que represente ese conto.
Xa temos preparada a sala do museo, gustavos?

ANIMÁDEVOS, os vosos fillos e fillas sentiranse orgullosos de mirar o traballo familiar en compañía dos seus amigos e amigas.



  Nen@s, cando queirades vos retratamos e vos convertiremos na nosa serea lectora. Aquí tedes aos primeiros. Están guapos!!!


 

  




Agora imos falar dos AUTOCOLANTES.


 
LEMBRA:
Cando te presentes a un concurso debes ler detidamente as bases, debes esforzarte por facelo o mellor posible,
e debes procurar que a presentación sexa a adecuada.
A vindeira semana poderedes votar aos oito mellores, previamente seleccionados polo profesorado.

Ademáis:
  • No autocolante debía aparecer DÍA DO LIBRO 2012.
  • Debe estar escrito en lingua galega.
  • O teu nome debe estar na parte traseira do debuxo.
  • Non podes ter faltas ortográficas.
  • A presentación debe ser limpa e clara, non se admiten tachóns, borróns, manchas de comida,...
  • Debe estar ben coloreado. As cousas feitas ás presas non quedan bonitas.
  • Todo traballo feito con cariño e ilusión sae ben. 
  • E lembra, cando o debuxo está ben perfilado luce moito máis.
Aquí podedes ver tódolos traballos presentados. 

AUTOCOLANTES12 - foto montaje

A participación no concurso foi elevada, aínda que algúns autocolantes foron descalificados.

 Son  chulos?
 Ide escollendo o voso favorito!!!!

venres, 13 de abril de 2012

A BOLA DOS BOS SENTIMENTOS E EMOCIÓNS.

O MÉRCORES, PARA NÓS FOI UN DÍA MOI ESPECIAL ! PERECHO E A PROFE MARICRUZ TROUXERON UNHA BOLA MÁXICA, A BOLA  DAS BOAS EMOCIÓNS E DOS BÓS SENTIMENTOS.! A PROFE TIVO QUE IR BUSCALA Á BOUZA,ONDE VIVE PERECHO. AS FADAS,OS TRASNOS,OS DUENDES...E TÓDOLOS HABITANTES MÁXICOS DA BOUZA,CONCENTRARON AS SÚAS ENERXIAS POSITIVAS NESTA MARAVILLOSA BOLA. FOI UN POUCO COMPLICADO TRAELA Á ESCOLA,PERO A PROFE CONSEGUÍUNO.
É MOI GRANDE PORQUE ESTÁ CHEA DE TODAS AS 

COUSAS BOAS DO MUNDO: LEDICIA,FELICIDADE, BONDADE, ESPERANZA, ILUSIÓN,SOLIDARIEDADE...  SÓ TES QUE POÑER AS TÚAS MÁNS SOBRE ELA, OU POÑERTE MOI PRETO DELA,DESEXAR COUSAS BOAS CON MOITA FORZA E...ZAS!!! XA ESTÁS CHEO DE TÓDOLO BO QUE DESEXACHES.  
MOITAS GRAZAS, BOLA MÁXICA, POR AXUDARNOS A SER MILLORES!

AQUÍ NOS PODEDES VER  RECIBINDO OS PODERES DA BOLA DAS BOAS EMOCIÓNS.
MOITAS GRAZAS ,PERECHO.
QUERÉMOSTE,MOITÍSIMO!!
A BOLA NON É SÓ PARA NÓS,OS NENOS/AS DE 5 ANOS.
TÓDOLOS RAPACES DA ESCOLA  PODEN,COA SÚA PROFE,PROBAR OS PODERES DA BOLA.
DE FEITO,OS RAPACES DA PROFE ROSA EMOCIONÁRONSE MOITÍSIMO CON ELA.
PODEDES MIRALOS EN "O RECANTO DE ROLIÑA",O SEU BLOGUE.
PODEDES ACCEDER A ÉL DENDE ESTE BLOGUE E MIRAR AS SÚAS FOTOS.

martes, 10 de abril de 2012

Visita de Luis Ferreiro

O venres 30 de marzo recibimos na nosa escola a visita de Luis Ferreiro, o fillo máis vello do escritor Celso Emilio Ferreiro. Os rapaces do 2º e 3º ciclo puidemos coñecer de primeira man algunhas das anécdotas da vida deste autor celanovés, do que neste ano se celebran os 100 anos do seu nacemento. Algún dos segredos que Luis nos contou é que a data real na que naceu o seu pai foi o 4 de xaneiro, pero en todos os libros e artigos se menciona o 6 de xaneiro pois esa foi a data "oficial" na que o inscribiron no rexistro de Celanova.

No blogue "A voz do Resío" atoparedes máis información relacionada con Celso Emilio Ferreiro, así como as actividades que traballamos arredor deste autor. 

venres, 6 de abril de 2012

APROXÍMASE O DÍA DO LIBRO.

PREME NA IMAXE

PARTICIPA NO CONCURSO DE AUTOCOLANTES!
O PRAZO REMATA O VENRES 13.
ANÍMATE!!!

mércores, 4 de abril de 2012

MINGOTE





Wordle: MINGOTE
   
Hoxe faleceu o humorista Antonio Mingote, un dos grandes intelectuais españois do século  XX. Debuxante, humorista, escritor e académico da lingua. Era un mestre da liña e da cor. Ilustrou  carteis, decorados, vestimentas, azulexos, carteis publicitarios,...

Entre os seus libros de viñetas destacamos:
  • Soltera y madre en la vida;  
  • Pierna creciente, falda menguante;  
  • Hasta que el matrimonio nos separe (1955-1976);  
  • Pequeño planeta (1957); 
  • Historia de Madrid (1961);  
  • Historia del traje (1963); 
  • Hombre solo (1970 y 1988);
  •  Este señor de negro (1975);  
  • Hombre atómico (1976);  
  • Al cielo iremos los de siempre (1985);  
  • Solo pobres (1995); 
  • El Mus (1995) y 
  • Mingote, punto y aparte.
  • Unha das súas obras máis importantes foi a serie de ilustracións para   El Quijote, no 2005 con motivo do cuarto centenario da publicación da obra de Miguel de Cervantes. Tardou dous años en completala.

Recibiu moitos títulos e distincións.

ONTE CELEBROUSE O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

 Onte, celebrouse o Día do Libro Infantil e Xuvenil, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen. Isto acontece dende 1967.

luns, 2 de abril de 2012

TRABALLIÑOS DE PRIMAVERA DOS NENOS/AS DE 5 ANOS.

NOS CURSOS ANTERIORES APRENDIMOS O QUE ERA UNHA PLANTA, AS SÚAS PARTES, FUNCIÓNS..., FIXEMOS UNHA PLANTACIÓN DE LENTELLAS, MEDIMOS O SEU CRECEMENTO, E MOITAS COUSAS MÁIS. NESTE CURSO QUIXEMOS CENTRARNOS NA POLINIZACIÓN E OS INSECTOS QUE INTERVEÑEN NELA, A REPRODUCIÓN E O PASO DA FLOR A FROITO. PARA OS RAPACES FOI APAIXOANTE DESCOBRIR QUE UNHA FROITA FOI PRIMEIRO UNHA FLOR. COMO XA NON TEMOS A NOSA PRECIOSA AMEXEIRA DO PATIO, PORQUE AS OBRAS DO COLE NOVO REMATARON COA SÚA VIDA... NON PODEMOS MIRAR A MILAGRE, EN DIRECTO, COMO NOUTROS ANOS.ASÍ QUE, A TRAVÉS DE VÍDEOS ,APRENDIMOS O PROCESO. APRENDIMOS A GRANDE IMPORTANCIA DOS INSECTOS COMO A ABELLA, A BOLBORETA E AS MOSCAS NO PROCESO DE POLINIZACIÓN.
COA NOSA AMIGA, A "ABELLA MAYA", APRENDIMOS MOITAS COUSAS SOBRE ESTE TEMA.
SE QUEREDES MIRAR O CAPÍTULO FAVORITO DOS VOSOS FILLOS/AS, PREMEDE NA FOTO DE MAYA.
FIXEMOS TAMÉN ALGÚNS TRABALLIÑOS PLÁSTICOS, TANTO DE XEITO  INDIVIDUAL COMO COLECTIVO NA NOSA AULA E NA AULA TIC.
MIRADE QUE CHULOS!.

AS DEGUSTACIÓNS DE FROITOS COMO AMORODOS, LARANXAS E MANDARINAS CASEIRAS, TRAIDAS DUNHA FINCA QUE ESTÁ EN ARBO, AO CARÓN DO RÍO MIÑO, E QUE NON LEVAN NINGÚN TIPO DE SUBSTANCIAS QUÍMICAS, FOI UNHA DAS EXPERIENCIS MÁIS DOCES DESTA PRIMAVERA.
TAMÉN, COMO XA SOMOS MAIORES, COLABORAMOS NA HORTA ESCOLAR DOS DE ED. PRIMARIA, PLANTANDO CABACIÑAS, LEITUGAS DAS NORMAIS E DAS RIZADAS MORADAS. HOUBO UNHA PEQUENA PLANTA PARA CADA UN DE NÓS.
PASÁMOLO FENOMENAL, SOBRE TODO CANDO AS REGAMOS, POIS QUERIAMOS MOLLAR Á PROFE MARICRUZ, COA MANGUEIRA, PERO COMO ESTABA LONXE FACENDO AS FOTOS, NON PUIDEMOS DUCHALA, HI,HI..., RIMOS MOITÍSIMO.
TEMOS QUE DAR AS GRAZAS Á PROFE ÁNGELA POLA SÚA AXUDA NESTA FERMOSÍSIMA EXPERIENCIA.
MIRADE COMO O FIXEMOS.
DURANTE ESTAS VACACIÓNS, PODEDES FACER UN CURIOSO EXPERIMENTO,COS VOSOS FILLOS/AS, NA CASA. NÓS XA O FIXEMOS CON CARAVEIS BRANCOS CANDO ESTABAMOS  EN TRES ANOS, E OS PUXEMOS DE COR AZUL.
NÓS NON UTILIZAMOS ACUARELAS, SENON PIGMENTOS ALIMENTARIOS QUE SE VENDEN NAS HERBORISTERIAS, E SON INOCUOS, TANTO PARA AS PLANTAS COMO PARA OS NENOS/AS.
GOZADE DESTAS VACACIÓNS PERO...COIDADO CO SOL,QUE É UN POUCO TRAICIONEIRO NESTA ÉPOCA, COA POLE OS ALÉRXICOS, E A VER SE CHOVE UN POUQUIÑO POLO NOSO BEN E O DAS PLANTAS.
A AUGA É SUPERIMPORTANTE PARA TÓDOLOS SERES VIVOS.