O pasado luns día 23, celebramos o DIA DO LIBRO coa actividade do apadriñamento lector. Os nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto leron aos seus afillados e afilladas o conto seleccionado na biblioteca días antes. Malia as inclemencias metereolóxicas a actividade desenvolveuse normalmente. Nos chanzos das escaleiras, nos recantos, nos baños, baixo unha mesa, ... calquera lugar foi o idóneo para ler en compañía. Todos se portaron estupendamente e como agasallo, os afillados e afilladas déronlles aos padriños e madriñas unhas postais de agradecemento.
Rematada a lectura, o equipo de biblioteca encargouse de entregar os agasallos de participación nos concursos de autocolantes e de cartas de amor.
Aquí podedes ver como se desenvolveu a actividade.
O MUSEO DO CONTO
Só con ver a presentación de imaxes podedes darvos conta do gran traballo das familias participantes e da calidade dos traballos. Non queda máis que dar as GRAZAS a todos pola vosa participación. Os vosos fillos e fillas están orgullosos dos seus traballos.
Grazas a todos pola vosa participación.
Estupendo traballo dos pais/nais e fantástica exposición!!!
ResponderEliminar