Unha actividade para para aprender xuntos, sensibilizar e expresar as nosas ideas.
Amosando publicacións coa etiqueta CONMEMORACIÓNS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONMEMORACIÓNS b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 10 de marzo de 2022
8 de marzo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
luns, 26 de novembro de 2018
25 de santos
Dende a escola sumámonos a tódalas as iniciativas para reivindicar que se tomen medidas que conduzan a eliminar a violencia de xénero dunha vez. Nas aulas o alumando conmemorou esta data realizando distintas tarefas, entre as que se atopa a busca de expresións artísticas ou monumentos dedicados a mulleres e reflexionar sobre o que representan.
luns, 27 de novembro de 2017
DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
TIRA DE LUIS DAVILA DO FARO DE VIGO
O pasado mércores, o alumnado de quinto e sexto curso de primaria tiveron unha charla informativa na sala de usos múltiples da escola para conmemorar o Día Mundial contra a violencia de xénero.
Esta charla impartiuna a Policía Nacional dentro do PLAN DIRECTOR PARA A
CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE DOS CENTROS EDUCATIVOS E A SÚA
CONTORNA.
GRAZAS!
luns, 25 de febreiro de 2013
DÍA DE ROSALIA DE CASTRO
Aquí tedes unha pequena colleita de libros poemas e cousas da súa vida . Premede nas imaxes .
Glogster compartido polo equipo da biblioteca do Ceip Nosa Señora das Dores de Forcarei.
O 24 de febreiro,aniversario de seu nacemento, é o Día de Rosalía de Castro, por iso a Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega e a Universisade de Vigo, en colaboración coa Asociación dos Gaiteiros Galegos acordaron celebrar o Día cunha interpretación masiva da Alborada de Rosalía en máis de 50 lugares do país.
Durante o ano haberá diferentes actividades ao longo de todo o país, pois moitas outras institucións, como a AELG ou o Consello da Cultura Galega, ademais de múltiples asociacións e concellos, celebran múltiples actos en memoria dos 150 anos de Cantares Gallegos.
O 24 de febreiro,aniversario de seu nacemento, é o Día de Rosalía de Castro, por iso a Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega e a Universisade de Vigo, en colaboración coa Asociación dos Gaiteiros Galegos acordaron celebrar o Día cunha interpretación masiva da Alborada de Rosalía en máis de 50 lugares do país.
luns, 11 de febreiro de 2013
O ENTROIDO 2013 DO ROCÍO.
Benqueridas familias, un ano máis levamos a cabo na nosa escola a celebración do ENTROIDO. Durante máis de tres semanas estivemos traballando "a todo tren" para poder deseñar os disfraces cos que os nosos alumnos e alumnas desfilaron o pasado venres.
Esta é unha das celebracións sinaladas no currículo para que os vosos fillos e fillas coñezan as principais festas e tradicións da nosa comunidade. Nenos, nenas, mestres, mestras, pais, nais, avós e avoas colaboraron para que esta festa fora unha nova ocasión na que todos nos xuntasemos e con moito esforzo, e coa colaboración de todos gozaramos con todas e cada unha das actividades realizadas.
- O Meco mecón, deu ordes ao longo de toda a semana, e conseguíu que todos e todas obedeceramos.
- Tivemos OBRADOIROS DE ORELLAS E FILLOAS. A totalidade do alumnado de educación primaria gozou dun obradoiro de cociña na sesión de expresión plástica esta semana. Pasáronno fenomenal.
OBRADOIRO DE FILLOAS.
- Desfilamos ata a Alameda de Suarez Llanos. Ao chegar comemos pan con chocolate para recuperar forzas.
- GRAZAS ,QUIQUE, POR ACOMPAÑARNOS COA MEGAFONÍA, ESTABAS GUAPÍSIMO CON ESE DISFRACE.
OS MÁIS PEQUENOS DISFRAZARONSE DE BOUCENSES, ERAN OS OESTRYNMIOS.
OS DE CATRO ANOS ERAN OS POLBOS DO MAR DE BOUZAS.
OS DE CINCO ANOS ÍAN DE FOGUETES, LEMBRANDO AOS TRADICIONAIS FOGOS DE BOUZAS.
OS DE PRIMEIRO ERAN OS FALUCHOS.
OS DE SEGUNDO, CABALEIROS DAS CUNCHAS.
EN TERCEIRO REPRESENTABAN A TRABALLADORES DO MAR: REDEIRAS E MARIÑEIROS.
OS DE CUARTO, MEDUSAS.
OS DE QUINTO, MÚSICOS DA BANDA O SON DE BOUZAS.
E OS DE SEXTO, PIRATAS DE BOUZAS.
Grazas á POLICÍA MUNICIPAL por acompañarnos no traxecto, e tamén aos pais e nais colaboradores.
- Xa de volta na escola fixemos o xuizo do Meco. Colaboraron os nenos e nenas do 6º curso de Educación Primaria. Estiveron fastásticos!
- Finalmente, degustamos orellas, filloas, flores,... produtos típicos da nosa terra. GRAZAS PAIS E NAIS COLABORADORES.
luns, 30 de abril de 2012
OS MAIOS, FESTA POPULAR GALEGA.
Por segundo ano consecutivo, celebramos na escola a festa dos Maios. Como sabedes é unha festa popular galega na que se celebra o comezo da primavera e na que se fai unha exaltación da natureza. En Galicia, os Maios celébranse os primeiros días do mes de maio.
na procesión e remate da festa co Himno Galego.
ANGELA NOVOA BLANCO.
Primeiro imos a ver un vídeo para aprender cousas da historia dos maios.
Temos que contar que foi un día de moito traballo no cole porque estivemos moi atarefados facendo o noso Maio e preparando todo para a actuación.
O programa desta xornada foi:
-De 9h a 11:30:
Confección de grilandas nas aulas e colocación do verde no maio.
-De 11:30h a 12:00h:
Tempo de lecer.
-De 12h a 12:30h:
Montaxe do maio.
Cantiga do maio co retrouso común e estrofas creadas nas aulas.
-De 12:30h a 13:50h:
Visítannos uns gaiteiros e acompañannos no
baile das fitas,
na procesión e remate da festa co Himno Galego.
ANGELA NOVOA BLANCO.
Nestas presentacións queremos amosarvos como traballaron os vosos peques e non tan peques. Cremos que o esforzo tivo unha recompensa.
GRAZAS FAMILIAS polas flores, fentos, fiúnchos, froitas,...
luns, 16 de abril de 2012
16 de abril, Día Mundial contra a escravitude infantil
Hoxe luns 16 de abril conmemórase o día contra a Escravitude Infantil, unha triste realidade que afecta a máis de 400 millóns de rapaces de 4 a 14 anos en todo o mundo.
martes, 20 de marzo de 2012
FELIZ DÍA DO PAI
UN CONTO MOI ESPECIAL.
DENDE A AULA DE 4 ANOS QUEREMOS ADICAR ESTE POEMA A TODOS OS PAIS DO MUNDO, PERO DUN XEITO ESPECIAL AOS PAIS D@S ALUMN@S DO NOSO COLE
FELICIDADES, PAPÁS !!!
Sin título - presentacion imagen
HOMENAXE A UN PAI QUE ASUMEU O PAPEL DE NAI.
NO XORNAL ,FARO DE VIGO DO 9 DE MARZO PUBLICOUSE UN ARTIGO NO QUE SE EXPLICABA A ORIXE DA INSTAURACIÓN DESTA CELABRACIÓN. OCURREU NO ESTADO DE WASHINGTON A PRINCIPIOS DO SÉCULO XX.
A pequena
protagonista de “Un papá
a la medida”, sabe moi ben cales son as virtudes da súa nai e descríbeas con ilusión, pero non estaría mal contar con alguén máis nese mundo cheo de
felicidade. Que tal un papá?…..DENDE A AULA DE 4 ANOS QUEREMOS ADICAR ESTE POEMA A TODOS OS PAIS DO MUNDO, PERO DUN XEITO ESPECIAL AOS PAIS D@S ALUMN@S DO NOSO COLE
FELICIDADES, PAPÁS !!!
Y, CÓMO NO!!, VUESTR@S HIJ@S OS DEDICAN ESTAS IMÁGENES LLENAS DE AMOR
Sin título - presentacion imagen
HOMENAXE A UN PAI QUE ASUMEU O PAPEL DE NAI.
NO XORNAL ,FARO DE VIGO DO 9 DE MARZO PUBLICOUSE UN ARTIGO NO QUE SE EXPLICABA A ORIXE DA INSTAURACIÓN DESTA CELABRACIÓN. OCURREU NO ESTADO DE WASHINGTON A PRINCIPIOS DO SÉCULO XX.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


