Amosando publicacións coa etiqueta ILUSTRADORES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ILUSTRADORES. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de xaneiro de 2026

30 DE XANEIRO, DÍA DA ILUSTRACIÓN

 


Hoxe, 30 de xaneiro, ademáis de celebrarse  o Día da Paz e a Non Violencia, celébrase o DÍA DA ILUSTRACIÓN. Coa intención de non solapar datas, na escola buscamos crear entre tódolos membros da comunidade educativa unha mostra/exposición.  As nosas avoas levan dando cor á nosa infancia dende hai moitos séculos a través de ilustracións feitas con fíos e agullas: cobertores, xerseis, bufandas, manteis ou panos de mesa,... están ilustrados con motivos previamente pensados, calculados matematicamente e debuxados con patróns para que queden proporcionados. Seguro que todas e todos temos algún exemplo por casa. Gustaríanos poder compartilos nunha exposición que terá lugar dende o día 5 ata o 12 de febreiro polo que se pide ás familias que traian as pezas feitas a man antes do día 4.
Grazas pola vosa axuda.

Deixamos aquí o cartaz da Xunta dedicado a Siro, autor homenaxeado este 2026.


 

xoves, 9 de maio de 2024

HOXE VISITANOS... ANDREA GARCÍA MARTÍNEZ

 

Hoxe tivemos outra fermosa visita: Andrea García Martínez veu falarnos do seu primeiro libro "Animais fantásticos de aldea" da Ed. Xerais. Contounos que o escribiu e ilustrou ela todiño no tempo da Covid. Unha gran escritora, ilustradora e estudante de Deseño de interiores que aos seus 24 anos ten moito por ensinarnos. 

Falamos dos seus protagonistas, animais e humanos, e doutros que poderían ter aparecido na historia. 


Antes de dedicarnos os libros, debuxou algún deles.

Grazas, Andrea. Xa nos tarda a seguinte aventura. 







 

luns, 8 de maio de 2017

JACOBO FERNANDEZ SERRANO NA ESCOLA

O debuxante e ilustrador, pintor e autor de banda deseñada, JACOBO FERNÁNDEZ, visitou o pasado venres día 5 a nosa escola. Este artista vigués, estivo acompañado polo alumnado do primeiro e segundo curso de educación primaria que son seguidores das súas creacións. Encántalles entre outras, MARCOPOLA.
Os nenos estiveron todos moi atentos ao que lles contaba e como despedida fíxo unha dedicatoria personalizada para cada un dos nosos libros, e tamén fixo unha no libro de visitas da escola. Quedou moi bonita!

Grazas Jacobo, por ensinarnos tantas cousas!



mércores, 1 de maio de 2013

EN ABRIL, LIBROS MIL.

Benqueridas famillias, o mes que hoxe remata, ABRIL, é o mes dos libros e como  noutros cursos, neste período do ano temos un maior número de actividades ao redor do LIBRO e o seu mundo. Entre outras cousas...

  • Concurso de creación e ilustración de LENDAS DE AMOR.

  • Visita da autora e ilustradora VIOLETA MONREAL.

     

  • Recitación e agasallo de poesías entre os membros da comunidade escolar.

  • 4º Concurso de deseño dun Autocolante no que o lema foi ." DÍA DO LIBRO 2013" encadrado en BOUZAS. 

    Actividade de madriñas e padriños lectores e lectoras. Os nenos maiores len un conto aos máis cativos da escola.

  • Visita do contacontos profesional IGNACIO VILARIÑO. 

     

  • Visita do autor de poesía, narrativa e xornalismo FRAN ALONSO, posuidor de diversos premios literarios coma a distinción do White Ravens de " A casa de luna", o Premio Neira Vilas ao mellor libro do ano "A araña e máis eu", o premio Rañolas de poesía ao seu libro "Cidades" e tantos outros...

     

     


  • Visita de ANXO FARIÑA , ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís, posuidor do Premio Merlín 2011 pola súa novela "A chave da Atlántida", autor, entre outras obras da afamada serie dos Megatoxos.

     

E como abril resultou moi curto deixamos adiadas para o mes de maio as seguintes actividades:

    • Visita da mascota que máis fans ten no colexio: PUPI. Animación a cargo de MANUEL SOLLA que tamén fará unha animación sobre o libro "De chico a chica".

    • Conferencias dos "Expertos na VILA DE BOUZAS nas que cada curso explica a súa maneira ao resto do colexio o aspecto de BOUZAS no que é especialista.

mércores, 27 de febreiro de 2013

MAÑÁ VISITARÁ A NOSA ESCOLA, VIOLETA MONREAL.

Os nenos e nenas do primeiro e segundo ciclo de educacion primaria terán a sorte de poder gozar coa gran ilustradora e autora de relatos Violeta Monreal.

Espero que poidades ver en directo, como das súas mans saen unha gran cantidade de obras artísticas utilizando a súa gran destreza e imaxinación. 



Violeta Monreal, naceu en Oviedo, licenciouse en Belas Artes e escomezou a súa carreira como ilustradora. Viaxou a Nueva York onde colaborou coa  ONU na
ilustración de varios proxectos. Dende entón se publican
constantemente libros coas súas imáxes nas principais editoriais españolas.


Este e o noso traballo previo a súa visita.