Como continuación á campaña de bádminton que realizou o club RACHAPLUMAS no noso centro o pasado mes de decembro, vaise disputar unha liga escolar de bádminton, na que poden participar todos os alumnos de 3º a 6º da Educación Primaria que o desexen.
Esta competición desenvolveráse unha vez ao mes, comezando o domingo 25 de febreiro, no Pavillón Municipal da ETEA (Avda. Marina Española, s/n, TEIS-Vigo).
Para poderen
participar deben encher o impreso de
autorización que se adxunta, envialo por ecorreo a
cbrachaplumas@yahoo.es
e entregar o orixinal o primeiro día da competición na que
participen. Este impreso é imprescindible para poder participar e tramitar o seguro deportivo. O custo desta actividade é 0,00 €
e o único que teñen que traer á instalación é roupa deportiva
e raqueta, se a teñen.
O calendario de xornadas é o seguinte:
- Domingo 25 de
febreiro de 2018.
- Domingo 18 de marzo de 2018.
- Domingo 22 de abril de 2018.
- Domingo 13 de maio de 2018.
- Domingo 20 de maio de 2018 (Remate)
Pódese participar nunha, varias ou
todas as xornadas.
- Horario:de 09:30 h. a 14:30 h.
- A derradeira xornada é posible que se xogue todo o día.