PAGINA

martes, 30 de xaneiro de 2018

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ NO RESÍO

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA
 Hoxe martes 30 de xaneiro celebramos o día da Paz. Durante esta semana cada clase coloreou bonecos con mensaxes de paz que tiñan que ver co respecto ás persoas, respecto á naturaleza, as emocións e os sentimentos ou palabras de paz.
Hoxe os empregamos para facer unha cadea de persoas e mensaxes. Os alumnos/as de 6º de primaria recitaron unhas poesías de paz.  


POESÍAS DE PAZ

mércores, 24 de xaneiro de 2018

Liga Escolar de Bádminton

Como continuación á campaña de bádminton que realizou o club RACHAPLUMAS no noso centro o pasado mes de decembro, vaise disputar unha liga escolar de bádminton, na que poden participar todos os alumnos de 3º a 6º da Educación Primaria que o desexen.
Esta competición desenvolveráse unha vez ao mes, comezando o domingo 25 de febreiro, no Pavillón Municipal da ETEA (Avda. Marina Española, s/n, TEIS-Vigo).
Para poderen participar deben encher o impreso de autorización que se adxunta, envialo por ecorreo a cbrachaplumas@yahoo.es e entregar o orixinal o primeiro día da competición na que participen. Este impreso é imprescindible para poder participar e tramitar o seguro deportivo. O custo desta actividade é 0,00 € e o único que teñen que traer á instalación é roupa deportiva e raqueta, se a teñen.

AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPAR (Hai que enviala antes do 9 DE FEBREIRO)  

O calendario de xornadas é o seguinte:

        - Domingo 25 de febreiro de 2018.

        - Domingo 18 de marzo de 2018.

        - Domingo 22 de abril de 2018.

        - Domingo 13 de maio de 2018.

        - Domingo 20 de maio de 2018 (Remate)

  Pódese participar nunha, varias ou todas as xornadas.

    - Horario:de 09:30 h. a 14:30 h.

        - A derradeira xornada é posible que se xogue todo o día. 


martes, 23 de xaneiro de 2018

Campionato Provincial de Campo a Través

Finalmente, a nosa escola tan só puido enviar unha representante ao Campionato Provincial de Campo a Través, Olyvia Fernández de 5º de Ed. Primaria, quen realizou unha extraordinaria carreira na que se mediu coas mellores corredoras da provincia de Pontevedra. O resultado foi máis que satisfactorio, xa que competía con xente que se dedica ao atletismo desde hai anos, adestrando varios días á semana. Foi unha grande alegría que a nosa compañeira Olyvia se clasificase no 12º posto da carreira. Unha grande experiencia para a nosa compañeira, que de certo terá os seus froitos en futuros eventos deportivos. 
Parabéns e un enorme aplauso para ela!!!



xoves, 18 de xaneiro de 2018

Xornada de Loita Olímpica

Onte 17 de xaneiro os rapaces e raparigas de 4º de Ed. Primaria fomos ao CUVI  realizar unha xornada de Loita Olímpica. Alí practicamos diversos xogos, xa traballados nas aulas de Ed. Física, nos que nos medimos cos nenos doutros centros cos que compartimos esta actividade: CEIP A Dobrada, CEIP Carballal e o CEIP Sobreira. Foi unha xornada moi intensa, pasámolo xenial!!!

mércores, 17 de xaneiro de 2018

OS BOOKTUBERS DE XANEIRO

Esta iniciativa, que propón Picolindo, fascina a nenos e nenas. É un xeito ameno de compartir os seus gustos lectores entre a comunidade educativa. Gonzalo, o noso mestre de audición e linguaxe, colabora coa nosa mascota e nas súas gravacións difunde as paixóns lectoras do  noso alumnado.
Os booktubers de xaneiro son... !



Campionato Provincial de Campo a Través

Tras a participación do noso centro no Cross Zonal de Zamáns, no mes de novembro, varios dos nosos alumnos conseguiron a clasificación para o Campionato Provincial de Campo a Través, que terá lugar o próximo martes 23 en Portas (Caldas de Reis).

Parabéns para os nosos atletas:
ALEJANDRO FERNÁNDEZ LABAJO (Benxamín Masculino)
OLYVIA FERNÁNDEZ LIM (Alevín Feminino)
NOA GROBA COMESAÑA (Infantil Feminino)

BO TRABALLO RAPACES!!!! 


martes, 9 de xaneiro de 2018

@S BOOKTUBERS EN DECEMBRO

Hoxe presentamos o segundo vídeo do mes de decembro. 

O vindeiro luns 15 de xaneiro volveremos a xuntarnos para gravar mais recomendacións. Achégate a biblioteca e ven contarnos a túa lectura recomendada!!