xoves, 30 de maio de 2024
mércores, 29 de maio de 2024
PASAPALABRA
Pasapalabra primeiro ciclo |
Pasapalabra segundo ciclo Pasapalabra terceiro ciclo
Presentadores |
Gañadores |
Segundos clasificados |
HOXE VISÍTANOS... DAVÍD RODRÍGUEZ
Hoxe as nenas e nenos de1º e 2º de Primaria, recibimos a visita de David Rodríguez, autor e ilustrador de profesión. Tivemos unha divertida sesión de animación coa lectura de "Superavoa".
SOMOS COMPETENTES
SOMOS COMPETENTES é un Proxecto no que se propuxeron diferentes traballos para comprobar a competencia no fogar do alumnado:
- Limpeza de baños.
- Cociñamos unha tortilla de patacas.
- Do cesto da roupa sucia ao armario.
- Coidamos as mascotas.
- Arranxamos estragos.
- Entendemos as facturas.
martes, 28 de maio de 2024
A HORTA DA ESCOLA, FAI REALIDADE O TEMA DO PDI ANUAL: UN PLANETA CHEO DE VIDA
Chegado o mes de febreiro, e ata o verán, o alumnado mailo profesorado da escola traballa na horta escolar. Esta é unha ferramenta educativa moi valiosa que ofrece múltiples beneficios para o alumnado, especialmente para os máis cativos. Estes beneficios non só están relacionados coa aprendizaxe académica, senón tamén co desenvolvemento persoal e social dos nenos e nenas, promovendo a conciencia ambiental e o respecto pola natureza.
Hoxe, contamos na escola con alumnos e alumnas que pensan que as leitugas medran no supermercado, polo que ademáis de fomentar hábitos alimentarios saudables e concienciar sobre a orixe dos alimentos co traballo na horta melloramos as habilidades motoras finas e grosas a través do traballo manual na horta. Tocar a terra, é un esforzo para moitos dos cativos, outros gozan da actividade.
O coidado da horta non so se fai cando temos que preparar o bancal, senón que conleva responsabilidade na distribución de tarefas e no coidado da mesma no día a día. O alumnado ten que organizarse en grupos para limpar, regar, e finalmente facer a recolleita.
- Partes das plantas: raíz, talo, follas, flores e froitos.
- Ciclo de vida das plantas: semente, xerminación, crecemento, floración e produción de froitos.
- Tipos de plantas e hortalizas: diferencias entre unhas plantas e outras.
- A importancia do solo e dos seus nutrientes.
- O ciclo da auga e a súa relevancia no crecemento das plantas.
- Insectos e outros organismos beneficiosos para a horta.
- Identificación de diferentes tipos de froitas e verduras.
- Medición e rexistro de datos: altura das plantas, cantidade de auga utilizada, etc.
- Conteo de sementes e plantas...
luns, 27 de maio de 2024
HOTEL PARA BICHOS
Este curso que estamos a traballar e coñecer un pouquiño o Planeta Terra, temos unha curiosidade especial por tódolos seres que o habitamos. Como os insectos son moitísimos, queremos coñecelos , identificalos e respectalos. Sabemos o importante que son nos ecosistemas. Teñen un papel moi importante na polinización, na descomposición e como alimento doutros animais.
A profe Susana co seu pai, construíron un hotel para bichos. Nós enchemos cada un dos cuartos dese hotel; un hotel que conta con nove cuartos, nove, como os cursos da escola. Xuntos, en equipo completamos este proxecto para poder coñecer tipos de bichos, nomealos e recoñecelos como ás xoaniñas, os caracois, as abellas,...
Tamén identificamos os materiais necesarios para a súa construción, paus, piñas, canas, palla,...
Xa queda pouco tempo para que instalemos o noso hotel no seu espazo, e, dende xa, imos observalo para coñecer moitas cousas sobre el.
O vindeiro curso observaremos e rexistraremos o comportamento dos insectos e cando chegue o inverno, os bichos terán un refuxio onde vivir e reproducirse.
Nós tamén nos beneficiaremos pois axudarannos a controlar o pulgón das nosas árbores froiteiras.
domingo, 26 de maio de 2024
COÑECEMOS E TRABALLAMOS COA IMPRESORA 3D
Ao longo de varias sesións de traballo, co alumnado do quinto e sexto curso de primaria fixemos unha introdución á impresión 3D. O alumnado comprobou en directo, que non sempre os nosos deseños saen ben, unhas veces polo comportamento caprichoso da máquina e outras por erros no deseño.
Fíxose unha pequena explicación sobre a impresión 3D, falamos do que é, como funciona e para que se utiliza, visualizamos un vídeo breve sobre a impresión 3D, e dimos a coñecer o programa Thingiverse.
Buscamos e seleccionamos diferentes deseños para imprimir na aula. Como exemplo estes colgantes en forma de pomba da paz, que se fixeron con motivo desa data.
Colgantes Día da Paz |
O interesante estaba por vir, a presentación do programa Tinkercad, foi un éxito. Aprendemos os conceptos básicos e ferramentas de deseño, e logo fixemos o rexistro da clase, para que cada neno tivera o seu usuario de aula para poder crear un obxecto sinxelo. Comezamos creando un chaveiro personalizado. Primeiro fixemos un bosquexo en papel, e logo deseñamos no programa e finalmente exportamos o deseño .stl, a un lápiz de memoria para que a mestra puidese imprimilos.
Chaveiro Personalizado |
Chaveiro personalizado |
Este non foi o único proxecto, tamén deseñamos marcapáxinas con motivo do día do libro, trofeos para os mellores lectores e lectoras e incluso tentamos facer o deseño da moeda oficial da biblioteca: o Pikeuro.
Mascota da escola |
Mascota da escola |
Mascota da escola |
Moeda oficial da escola |
Medallas lectoras |
Medalla lectora |
Trofeo lector |
Preparamos e imprimimos case tódolos deseños, para repasalos e reflexionar sobre o traballo levado a cabo. Moitos traballos quedaron moi ben, outros son susceptibles de mellora. Esta é a verdadeira avaliación do traballo realizado.
Marcapáxinas |
Mascota da escola |
Niños de paxaros |
Marcapáxinas |
Marcapáxinas |
Pombas Día da Paz |
Este é un traballo que fomenta o traballo en equipo e en colaboración entre o alumnado, permite o intercambio de ideas e busca a resolución de problemas de xeito conxunto. O alumnado desenvolve habilidades tecnolóxicas e creativas, utilizan os conceptos matemáticos de volume e traballan en proxectos divertidos.
O último proxecto deste curso foi crear un trofeo para os máximos lectores da biblioteca escolar. O trofeo gañador foi o de Valeria, e quedou así de bonito.
Tamén aprenderon a ter paciencia pois, a impresión destas e outras cousas, leva moito tempo.
venres, 24 de maio de 2024
O VIOLÍN DE LUISA
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, e tendo en conta a faceta musical de Luisa Villalta, dende a biblioteca, proponse na sesión Steam, un proxecto no que o alumnado traballando en equipos colaborativos, sexa quen de facer un violín sonoro.
Os obxectivos da actividade consistían en aprender a usar a placa Makey Makey, comprender os seus principios e conceptos básicos de circuítos eléctricos e desenvolver habilidades de programación elemental utilizando Scratch. Nesta actividade promovemos o traballo en equipo, a colaboración entre o alumnado e a resolución de problemas.
Ao chegar á aula, presentamos o Makey Makey e explicamos de xeito sinxelo aos rapaces que é e como funciona.
A continuación facilitamosl a cada equipo encadernadores, fío condutor e o Makey Makey para que cortaran e montaran o violín, colocando de xeito axeitado os fíos condutores.
Logo do anterior, queda facer a Conexión do Makey Makey ao computador do alumnado e facer a conexión dos fíos condutores á placa mediante as pinzas crocodilo e comprobar a condutividade e o funcionamento do circuíto.
Unha vez comprobado, so queda facer a través do Scratch a programación para que cada corda soe cunha nota distinta, ou que cada corda soe como un instrumento diferente,...
Só queda que a rapazada faga as probas e axustes necesarios para mostrar aos demais os seus violíns sonoros e que nos expliquen como avalían o traballo desenvolvido.
Queda claro que Luisa Villalta foi unha escusa para desenvolver un proxecto que combina tecnoloxía, creatividade e programación.
Aproveitamos a ocasión para ensinarlles a condutividade do corpo humano. Probamos a tocar co Makey Makey, o Scratch mailo noso corpo.
Foi unha experiencia marabillosa!