O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe
como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera.
Os entroidos máis famosos de Galiza son os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo ...
O ENTROIDO EN VIGO.
OS MERDEIROS.
Os nenos e nenas de sexto de primaria, decidiron representar o entroido vigués a través da figura do MERDEIRO.
O merdeiro é un personaxe do entroido vigués
de caracter popular. Este personaxe prohibiuse a través dun bando municipal na década dos
20, por ser uns personaxes escatolóxicos.
Esta figura aparece no Berbés e
plasma a rivalidade existente entre a xente do mar e a do campo. Os
mariñeiros burlábanse dos agricultores, que baixaban ao porto na
busca de vísceras de peixe e algas para abonar os seus campos. Coa
chegada do entroido, os mariñeiros, disfrazados de MERDEIROS, ían polas
rúas do Casco Vello tirando tripas de peixe podre e molestando a todas
aquelas persoas que paseaban polas mesmas. A figura do Merdeiro reaparece na nosa cidade aló polo ano 2006. O Merdeiro dedícase a berrar, insultar, correr e brincar polas rúas tentando asustar á xente e golpeala coa súa vasoira.
"Os merdeiros, a recuperación", é un documental de Breixo Parcero e Vanessa Rodríguez.
AS PANTALLAS DE XINZO .
Os nenos e nenas de quinto de primaria, decidiron disfrazarse este ano de PANTALLAS. Este é o traxe típico do entroido de Xinzo. As Pantallas levan camisa e pantalón brancos, capa, pañoleta, polainas e zapatos negros. Levan posto un faxín, do que colgan unhas campaíñas.
O elemento principal do disfraz son as vexigas que son golpeadas entre sí.
A pantalla, faise dunha soa peza, ten cara de diaño. A parte de arriba adórnase con motivos astrais.
A súa función é vixilar que ninguén pasee polas rúas sen disfrace. A quen "pillen", terá que convidar a unha rolda de viño, de non ser así, será perseguido e levado en brazos ata o bar máis próximo para pagarlle uns viños ás pantallas.
A pesares de non levar as vexigas, os nenos e nenas de quinto estaban guapísimos.
O ENTROIDO EN VERÍN.
OS CIGARRÓNS.
O CIGARRÓN é o personaxe central do entroido en Verín. O traxe pesa arredor de 25 kg. Non é sinxelo de levar xa que as chocas pesan moitísimo. A carauta é de madeira e se prolonga cunha especie de mitra de metal cun debuxo dun animal.
O traxe está composto por unha camisa branca, unha garavata e unha chaleco curto atado con fitas de tres cores.
Levan unha faixa vermella enrolada á cintura. Enriba da faixa levan colgadas as chocas que polo seu peso dificultan o movemento.
Para poder levar este traxe, hai que estar moi en forma e para vestirse fai falla que te axuden outras persoas.
O traxe é moi parecido ao do Peliqueiro.Este curso tivemos a gran sorte de contar con catro cigarróns de verdade, pois o pai de Tristán, alumno do segundo curso de Educación Primaria, viu á escola acompañado polo seu irmá, e dous amigos e completaron o noso pasarrúas. Grazas, grazas e grazas. Contamos convosco o vindeiro curso.
Xunto a eles, os nenos e nenas do cuarto curso, desfilaron cos seus marabillosos traxes. Metros e metros de goma azulona utilizaron para facer os volantes, latas e latas de bebidas refrescantes, para convertilas en chocas, e... moita ilusión para facer un disfrace que deleitou a pais, nais e veciños de Bouzas.
Nesta diapositiva podedes comprobar se é certo o que vos conto.
O ENTROIDO NA ALDEA DE BUXÁN.
O BOLO (OURENSE).
Nos puchos, dos nenos de terceiro, vese a decoración feita cunhas
bonecas e fitas de varias cores. É a típica máscara de
Buxán. Estas máscaras chaman moito a atención, polo pucho adornado con papeis de cores e fitas brillantes.
Levan camisa branca e
gravata.
Cúbrense cun mantón.
O pantalón tamén é vistoso.
Nas mans levan luvas e nunha
delas unha caxata ou espada, na outra levan un saquiño de
fariña. As botas son negras con
polainas.
A máscara é moi bonita como
se pode ver nestas fotografías. É ademais rechamante e orixinal.
OS LABARDEIROS
NO ENTROIDO
DE MUGARES, (TOÉN)
Labardeiros é o disfrace elixido pola aula de primeiro de educación primaria.
Os traxes son moi vistosos. Os labardeiros van vestidos de branco e na súa camisa e nos pantalóns levan como adorno flores de cores variadas.
O pantalón vai ata debaixo do xeonllo adobiado de cores variadas.
A faciana lévana tapada cunha tea en forma de rede.
Levan posto un pucho con flores e fitas de cores.
O pasado venres enchemos de cor as rúas de Bouzas. Nas imaxes podedes gozar co noso pasarrúas.
O ENTROIDO DE SARREAUS,
OS VERGALLEIROS
O Vergalleiro é o disfrace típico de Sarreaus. O traxe vai composto dunha camisa branca , un pantalón branco con tres fitas entrelazadas en cor verde, negra e vermella. Ademais leva un chaleco de feltro negro e polainas tamén negras con pompóns en vermello que van dende os xeonllos ata os pés. Tamén levan unha faixa de cor vermella con pompóns negros nos extremos. Levan na faixa unhas chocas que lles fan facer ruído alá por onde vaían.
A súa cara é sorrinte.
Os nenos e nenas de segundo de primaria disfrazaronse destes personaxes. No pasarrúas chamaron a atención dos viandantes.
Grazas familias!!
Sen vós non sería posible que todo fose tan perfecto.
Grazas
familias por acompañarnos no pasarúas por Bouzas!!
Grazas por participar connosco e trasmitir a toda as
persoas da nosa contorna a importancia das nosas festas!!
Grazas por gozar cos vosos fillos desta festa tan tradicional!
Viva o ENTROIDO!!