venres, 29 de outubro de 2021

MEDO E SAMAÍN

 Esta semana estivemos a traballar nas aulas a emoción do medo. O medo, é un sentimento que nos fai pensar que algo negativo pode acontecer, danos sensación de perigo,... Ante o medo non todos respondemos do mesmo xeito,... Podemos ter medo ás alturas, aos espazos pechados, a quedar sós,...

 

Aprender a identificar as emocións é moi importante para coñecernos mellor a nós mesmos.

Hoxe xogamos co medo.

Tiramos fotografías disfrazados.

Prendimos as cabazas.

Fixemos un desfile de Samaín.

Pasámolo, xenial!

Premede na ligazón para gozar coas imaxes do día de hoxe.





 

 

MICRORRELATOS DE MEDO

PRIMEIRO PREMIO VIDEO RELATO. 

FAMILIA ENRÍQUEZ RODRÍGUEZ

TÍTULO: O SMARTPHONE
 
 
 
 
 

SEGUNDO PREMIO VIDEO RELATO. 

FAMILIA RIAL RODRÍGUEZ

TÍTULO: O PROXECTO DA BRUXA DO RESÍO
 

 
 

TERCEIRO PREMIO VIDEO RELATO. 

FAMILIA TRIGO RODRÍGUEZ

TÍTULO: NOITE DE SAMAÍN



ACCÉSIT VIDEO RELATO. 

FAMILIA BARCIA FUENTES

TÍTULO:O ARMARIO

 
 
 

ACCÉSIT VIDEO RELATO. 

FAMILIA PORTABALES FERNÁNDEZ

TÍTULO: OS MUÑECOS DE XELA


 

ACCÉSIT VIDEO RELATO. 

FAMILIA RODRÍGUEZ PEQUEÑO

TÍTULO: AXUDA  


PRIMEIRO PREMIO AUDIOS. 

FAMILIA REY FERNÁNDEZ

TÍTULO: A NENA DESOBEDIENTE
 

martes, 26 de outubro de 2021

CORRELINGUA

Hoxe martes 26 de outono no Auditorio Municipal o alumnado do quinto e sexto cursos de primaria participaron nun espectáculo protagonizado por :

  • Isabel Risco
  • Cé Orquestra Fantasma
  • Os John Deeres (2º no Cantalingua), 
Outros cursos seguiron a emisión en directo:    https://youtu.be/eP9kaLaeyKo



Aproveitaron esta saída para coñecer as murallas do castelo do Penso no O Castro, parque coas mellores vistas da nosa cidade. Este monte é onde se asentaron os primeiros poboadores. As vivendas castrexas, que datan  dos séculos III e I a.C., achegaron ao alumnado á arqueoloxía. 





Fixeron o traxecto a pé, o que lles custou un pouquiño pero descubriron, as enormes áncoras que lembran a Batalla de Rande.




 

luns, 25 de outubro de 2021

SAMAÍN 2021

 

Cando as bruxas asoman polas portas, eso quere dicir que o Samaín se achéga!. Preparade a vestimenta para o venres. Ese será día de festa.

DÍA DA BIBLIOTECA 2021

 Hoxe celebramos na escola o DÍA DAS BIBLIOTECAS que como cada ano e dende o 1997, conmemorase o 24 de outono. A edición deste ano ten o lema:


“Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”
 
quere indicar que "as bibliotecas son espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos".
As bibliotecas escolares son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. 
Na escola, fixemos un acto ás 12.20h. Concentrámonos todos no patio de educación infantil, e Picolindo, a nosa mascota fixo entrega dos carnets de biblioteca ao novo alumnado, cun tríptico explicativo do funcionamento da mesma. Aos máis cativos lles entregou a carpeta de usuario e ás aulas entregoulles ás mochilas viaxeitas. Aproveitou a ocasión para amosarnos a nova MOCHILA VIGUESA, que levaremos nuns días para casa e nos amosou os materiais dos que disporemos.
Para rematar o acto, lembroulle á rapazada que a biblioteca está aberta todos os días, agás o martes, de 4 a 6 h. e lles amosou o contido da mesma na que atoparán moitas sorpresas.

Na seguinte ligazón poderedes acceder ás imaxes do evento.

Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración.  
 

 

 
 



 


 

xoves, 21 de outubro de 2021

Exposición de cabazas na escola do Resío


Animamos a todas as familias a participaren na nosa tradicional Exposición de cabazas de Samaín. A partir do luns 25, podedes traer as vosas creacións terroríficas feitas con cabazas, coas que espantaremos os malos espíritos da nosa escola. Con elas faremos unha exposición no noso "túnel do terror". 

Se nos fixestes nunca unha cabaza de Samaín, só tedes que seguir estas instrucións: 

1- Escolle unha cabaza segundo as túas preferencias: alongada, redonda, grande, mediana... Recomendámosvos que non escollades unha cabza demasiado grande nin pequena, pois son máis difíciles de traballar. Máis que a súa forma, o importante é que comprobedes que non é demasiado dura para traballar con ela. 

2- Coa axuda dun adulto, fai un burato pola parte superior da cabaza, (onde está o rabo). Faino con coidado, para que poidas usar de tampa a parte pola que furaches a cabaza. Ten que ser un burato suficientemente amplo para poder obrar por dentro da cabaza con facilidade. 

3- Cunha culler grande, baleira o interior da cabaza (podes gardar as sementes para a primavera). Ten conta de deixala ben limpa, pero con coidado de non furar as paredes da cabaza. 

4- Fai o teu deseño cun lapis sobre a cabaza. Bótalle imaxinación!! Ponlle ollos, nariz, un sorriso monstruoso...Tamén podes buscar modelos que te inspiren en Internet. 

5- Coa axuda dun adulto, vai facendo buratos sobre o deseño que fixeches en lapis na túa cabaza. 

6- Podes complementala co que se che ocorra, para que a túa sexa a cabaza máis fashion de toda a exposición. 

7- Trae á escola a túa cabaza cun papeliño no que figuren o teu nome e curso. 

A TRABALLAR!! 

O venres 29 deberedes levar de volta a vosa cabaza, para que vos acompañe ao longo da festividade do Samaín. 

 


luns, 18 de outubro de 2021

IV Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio


Este ano as familias volven ter a gran oportunidade de gañar o gran premio que damos, pero non é tan faciliño e, hai que facer un microrrelato que trate dunha historia de medo, ou tamén pode ser unha historia de misterio. Recordade que a temática terá que ser o Samaín. 
As diferentes CATEGORÍAS nas que poden participar os vosos relatos son: 
- ALUMNO/A: Aquí dentro encerraremos os relatos que estean feitos exclusivamente polos monstros máis pequeniños que temos nesta escola, ¡os nenos e nenas de todos os cursos! 
- FAMILIAS: Esta vez encerraremos nesta categoría os relatos que estean feitos polos alumnos e tamén polos pais e nais. 
 
NORMAS para os relatos: 
1- Estes grandes e fabulosos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega. 
2- O tema ten que ser de medo ou de misterio. 
3- Deben de durar como moito 1 minuto e medio. 
4- Poden realizarse nas modalidades de Audio e de Video
5- Cando xa teñades os microrrelatos feitos, tedes que envialos por unha destas canles: 
· E mail: juanlf@colexiorocio.com 
· WhatsApp da nosa escola 658715569 
· Traer á escola nun Pen drive 
6- Non vos olvidedes de que o último momento no que se pode entregar é no día 25 de outubro ás 23:59h
 
O día 29 de outubro revelaremos a resposta da pregunta que toda a escola estarase preguntando: quen gañou? cales foron os relatos finalistas?. 
Os creadores dos microrrelatos gañadores levaranse ás súas casas uns premios realmente fantásticos, terribles e arrepiantes. 
Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo moito en conta os seguintes criterios: 
-A corrección idiomática 
-Os efectos especiais 
-A participación do alumnado 
-A entonación 
-A estrutura: inicio, nó, e desenlace. 
 
O RESULTADO FOI MARABILLOSO!
SEGUIDE A LIGAZÓN!
 
<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 50.00%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1600" height="800" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5b05778d8e3d5745a6a46d5c" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div> <div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 50.00%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe frameborder="0" width="1600" height="800" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/5b05778d8e3d5745a6a46d5c" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

sábado, 2 de outubro de 2021

PICOLINDO CONVÍDANOS A SÚA CASA. A BIBLIO ABRE DE NOVO.

Ola a todxs!, a miña casa está aberta de novo. Por sorte parece que o Covid, nos permite abrir as portas cumplindo o protocolo.
Rapaces, xa podedes  vir e gozar de todos os recursos que aquí teño.

Lémbrovos que o virus aínda non marchou temos que ser moi estritos coas normas do PROTOCOLO e non despistarnos.