mércores, 30 de novembro de 2011

Chegou o CULTURGAL

Esta fin de semana celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra o Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, que conta cunha ampla programación infantil, con moitas actuacións e actividades para nenos. Na seguinte ligazón atoparedes toda a información deste evento. PREME NA IMAXE:

domingo, 27 de novembro de 2011

TEÑO MORRIÑA...

OS NENOS/AS DE 5 ANOS,COMO EN ANOS ANTERIORES,PREPARARON A SÚA PÁXINA DO CALENDARIO DE NADAL.
LEMBRADES?
É O CALENDARIO QUE A ESCOLA AGASALLA ÁS FAMILIAS CANDO CHEGA O NADAL.
POIS ESTE ANO ,OS RAPACES DA PROFE MARICRUZ ,TRABALLANDO O TEMA ESTRELA DESTE CURSO"UN MAR DE EMOCIÓNS",ELEXIRON "A MORRIÑA",UNHA EMOCIÓN DIFÍCIL DE EXPRESAR GRÁFICAMENTE.
AÍNDA ASÍ TENTÁMOLO E,DESPOIS DE TRABALLAR NA AULA ESTA EMOCIÓN,O RESULTADO É ESTE...
PARA SABER O PROCESO DE ELABORACIÓN E COMO TABALLAMOS ESTA EMOCIÓN,MIRADE ESTA MONTAXE.

AS FOTOS E OS DOCUMENTOS ,QUE NOS SERVIRON DE BASE PARA TRABALLAR ESTA EMOCIÓN ,ESTÁN INCLUIDOS NESTE MARAVILLOSO TRABALLO QUE NOS GOSTARÍA QUE TIVESEN TODAS AS FAMILIAS NOS SEUS FOGARES.




non

debemos

esquecer

que

NÓS,OS GALEGOS E GALEGAS,NOUTROS TEMPOS E AGORA,TAMÉN FOMOS E SOMOS...





emigrantes

xoves, 24 de novembro de 2011

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro ten lugar o  
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Deíxovos uns enlaces para entender a importancia da reflexión sobre esta temática.








mércores, 23 de novembro de 2011

ELABORACIÓN DE PASTA DENTÍFRICA

Esta semana, os rapaces do 2º Ciclo de Primaria, aprendemos a facer pasta dentífrica.
Sorprendeunos comprobar que é un proceso moi sinxelo, xa que se pode facer pasta dental con ingredientes moi comúns nas nosas casas.
Ademais, aprendemos unha chea de vocabulario en galego relacionado con todos estes produtos.



domingo, 20 de novembro de 2011

UN NOVO BLOGUE NA ESCOLA.

A partires do día de hoxe,  tedes unha ligazón ao novo blogue da aula de plástica. Chámase PINTATIC, e nel podedes descubrir a cantidade de actividades plásticas que levamos a cabo na aula. A partires deste momento non se porá ningún contido de plástica no blogue de Picolindo agás que teña que ver con algúnha tarefa do proxecto de centro, UN MAR DE EMOCIÓNS. Espero a vosa visita e os vosos comentarios. A mestra de plástica.

xoves, 17 de novembro de 2011

O noso MAGOSTO

Toda festa require unha preparación.
Queres ver como fixemos A NOSA CASTAÑEIRA e organizamos o día? 
(Lembra darlle ao altofalante para poder gozar da música)





Para ver como o pasamos todos os nen@s da escola mira as seguintes imaxes!!




OS PREPARATIVOS PARA O NOSO MAGOSTO 2011.

A pan e a cousas saborosas...

 Aquí tedes un vídeo estupendo feito polos nenos e nenas dun CPI de Cea




A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.




A que teñen razón? 
             A lingua é o alimento da  nosa cultura

xoves, 10 de novembro de 2011

Os superheroes de 4 anos

Os nenos e nenas de infantil convertímonos  en SUPERHEROES. Queremos desde hoxe axudar a todas as persoas e animais que necesiten da nosa axuda.

mércores, 9 de novembro de 2011

UN CONTACONTOS MOI RELAXANTE.

SERGIO E GRETA, DA FUNDACIÓN DEVI, FIXERON UN CONTACONTOS  MOI RELAXANTE.
INTRODUCÍNDONOS, CUN CONTO MARABILLOSO, "A HISTORIA DO ARCO DA VELLA FELÍZ",
NUN MUNDO CHEO DE SENSACIÓNS RELAXANTES E HARMONIOSAS.

GRAZAS A SERGIO  E A GRETA, A RAPAZA-BOLBORETA.


TÓDALA EDUCACIÓN INFANTÍL PUIDO GOZAR DA MAXIA DE SERGIO E GRETA.
GRAZAS AOS DOUS.
AGORA, AS MELLORES FOTOS DO CONTACONTOS.



martes, 8 de novembro de 2011

a maxia dos contos

 Hoxe tivemos a visita dos  contacontos Sergio e Greta e pasámolo moi, moi ben!

Vivimos a maxia dos contos axudando a Sergio e Greta a eliminar a tormenta para  atopar o sol, SOPLANDO E SOPLANDO
 AULA DE 4 ANOS


Aula de 4 anos

domingo, 6 de novembro de 2011

O MEDO

Como xa sabedes, este ano falamos de EMOCIÓNS. 
E comezamos polo-------------
MEDO



Foi emocionante aprender que o MEDO pode axudarnos en moitas situacións e que ademáis SEMPRE pasa



Aprendemos do medo coa música, cos contos e libros da biblioteca, coas obras de arte como "El grito" de Munch e coas Tics, investigando na rede, buscando imaxes, vídeos...
Mira este, vaite sorprender!!




Cada emoción é presentada por PICOLINDO cunha historia que nos axudará a coñecer mellor ao noso amigo. 
Atrévete a ler a historia de medo de PICOLINDO!!




Dedicado para vós