Esta fin de semana celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra o Culturgal, a feira das industrias culturais galegas, que conta cunha ampla programación infantil, con moitas actuacións e actividades para nenos. Na seguinte ligazón atoparedes toda a información deste evento. PREME NA IMAXE:
PAGINA
▼
mércores, 30 de novembro de 2011
domingo, 27 de novembro de 2011
TEÑO MORRIÑA...
OS NENOS/AS DE 5 ANOS,COMO EN ANOS ANTERIORES,PREPARARON A SÚA PÁXINA DO CALENDARIO DE NADAL.
LEMBRADES?
É O CALENDARIO QUE A ESCOLA AGASALLA ÁS FAMILIAS CANDO CHEGA O NADAL.
POIS ESTE ANO ,OS RAPACES DA PROFE MARICRUZ ,TRABALLANDO O TEMA ESTRELA DESTE CURSO"UN MAR DE EMOCIÓNS",ELEXIRON "A MORRIÑA",UNHA EMOCIÓN DIFÍCIL DE EXPRESAR GRÁFICAMENTE.
AÍNDA ASÍ TENTÁMOLO E,DESPOIS DE TRABALLAR NA AULA ESTA EMOCIÓN,O RESULTADO É ESTE...
PARA SABER O PROCESO DE ELABORACIÓN E COMO TABALLAMOS ESTA EMOCIÓN,MIRADE ESTA MONTAXE.
AS FOTOS E OS DOCUMENTOS ,QUE NOS SERVIRON DE BASE PARA TRABALLAR ESTA EMOCIÓN ,ESTÁN INCLUIDOS NESTE MARAVILLOSO TRABALLO QUE NOS GOSTARÍA QUE TIVESEN TODAS AS FAMILIAS NOS SEUS FOGARES.
xoves, 24 de novembro de 2011
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro ten lugar o
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Deíxovos uns enlaces para entender a importancia da reflexión sobre esta temática.
mércores, 23 de novembro de 2011
ELABORACIÓN DE PASTA DENTÍFRICA
Esta semana, os rapaces do 2º Ciclo de Primaria, aprendemos a facer pasta dentífrica.
Sorprendeunos comprobar que é un proceso moi sinxelo, xa que se pode facer pasta dental con ingredientes moi comúns nas nosas casas.
Ademais, aprendemos unha chea de vocabulario en galego relacionado con todos estes produtos.
Sorprendeunos comprobar que é un proceso moi sinxelo, xa que se pode facer pasta dental con ingredientes moi comúns nas nosas casas.
Ademais, aprendemos unha chea de vocabulario en galego relacionado con todos estes produtos.
domingo, 20 de novembro de 2011
UN NOVO BLOGUE NA ESCOLA.
A partires do día de hoxe, tedes unha ligazón ao novo blogue da aula de plástica. Chámase PINTATIC, e nel podedes descubrir a cantidade de actividades plásticas que levamos a cabo na aula. A partires deste momento non se porá ningún contido de plástica no blogue de Picolindo agás que teña que ver con algúnha tarefa do proxecto de centro, UN MAR DE EMOCIÓNS. Espero a vosa visita e os vosos comentarios. A mestra de plástica.
venres, 18 de novembro de 2011
xoves, 17 de novembro de 2011
O noso MAGOSTO
Toda festa require unha preparación.
Queres ver como fixemos A NOSA CASTAÑEIRA e organizamos o día?
(Lembra darlle ao altofalante para poder gozar da música)
A pan e a cousas saborosas...
Aquí tedes un vídeo estupendo feito polos nenos e nenas dun CPI de Cea
A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.
A que teñen razón?
A lingua é o alimento da nosa cultura
A lingua é o alimento da nosa cultura
xoves, 10 de novembro de 2011
Os superheroes de 4 anos
Os nenos e nenas de infantil convertímonos en SUPERHEROES. Queremos desde hoxe axudar a todas as persoas e animais que necesiten da nosa axuda.
mércores, 9 de novembro de 2011
UN CONTACONTOS MOI RELAXANTE.
SERGIO E GRETA, DA FUNDACIÓN DEVI, FIXERON UN CONTACONTOS MOI RELAXANTE.
INTRODUCÍNDONOS, CUN CONTO MARABILLOSO, "A HISTORIA DO ARCO DA VELLA FELÍZ",
GRAZAS A SERGIO E A GRETA, A RAPAZA-BOLBORETA.
TÓDALA EDUCACIÓN INFANTÍL PUIDO GOZAR DA MAXIA DE SERGIO E GRETA.
GRAZAS AOS DOUS.
AGORA, AS MELLORES FOTOS DO CONTACONTOS.
martes, 8 de novembro de 2011
a maxia dos contos
Hoxe tivemos a visita dos contacontos Sergio e Greta e pasámolo moi, moi ben!
Vivimos a maxia dos contos axudando a Sergio e Greta a eliminar a tormenta para atopar o sol, SOPLANDO E SOPLANDO
AULA DE 4 ANOS
Aula de 4 anos
Vivimos a maxia dos contos axudando a Sergio e Greta a eliminar a tormenta para atopar o sol, SOPLANDO E SOPLANDO
AULA DE 4 ANOS
Aula de 4 anos
domingo, 6 de novembro de 2011
O MEDO
Foi emocionante aprender que o MEDO pode axudarnos en moitas situacións e que ademáis SEMPRE pasa.
Aprendemos do medo coa música, cos contos e libros da biblioteca, coas obras de arte como "El grito" de Munch e coas Tics, investigando na rede, buscando imaxes, vídeos...
Mira este, vaite sorprender!!
Dedicado para vós