O ATLETA MÁIS FAMOSO É...
Estimadas familias, levamos moitos días traballando na aula de plástica e tentando do mellor xeito converter a famosa escultura do
DISCÓBOLO DE MIRÓN
nunha obra pictórica.
Parece que nos saíu ben. Os mestres felicítannos e algún que outro pai que xa subiu a visitala, tamén.
PAPIS E MAMÍS, AVÓS E AVOAS,
ESTADES CONVIDADOS!!!
SUBIDE AO PRIMEIRO ANDAR,
xusto no vestíbulo da aula de inglés,
E APRECIADE E VALORADE
A NOSA OBRA!!!
O Discóbolo é unha das esculturas máis famosas e representativas da Antigüedade.O Discóbolo é obra de Mirón de Eleuteras, un escultor grego que
viviu no século V antes do nacemento de Cristo. Mirón esculpiu o Discóbolo no
ano 450 a. de C. O artista quixo plasmar esforzo e movemento, cousa moi
novedosa nese tempo, xa que ata o momento, as esculturas gregas eran como
bloques, moi ríxidas.