sábado, 27 de febreiro de 2021

Coñece O RESIO.XORNADAS PORTAS ABERTAS 2021

Benvidos ao Resío!

 

Benqueridas familias, achégase o momento de decidir en que centro queredes matricular aos vosos fillos e fillas.

Dendo o Resío, informamos que neste curso a pandemia fai que non poidamos desenvolver as tradicionais xornadas de portas abertas.

O seguinte video preparouse  con moita ilusión,  para que poidades coñecer as instalacións.

xoves, 18 de febreiro de 2021

QUE É O AMOR PARA TÍ?

O alumnado do sexto curso de primaria,explícanos que é para eles o amor e nos fan unha recomendación de lectura de amor.

 



 https://padlet.com/annobla/aerw91fkmynnw01h


 PREME NA IMAXE

Monicreques 7

A familia de  Leire López faiese amiga de Carapuchiña. Moitas grazas.

mércores, 17 de febreiro de 2021

martes, 16 de febreiro de 2021

POESÍAS DE PAZ

 Durante a última semana de Xaneiro as nenas e os nenos de 1º a 4º participaron voluntariamente no creación e no recitado de poesías de PAZ  que despois eles mesmos grabaron.

Aquí tedes o resultado:

Hecho con Padlet

venres, 12 de febreiro de 2021

ENTROIDO EN TEMPO DE PANDEMIA

Por fín chegou o ENTROIDO, unha festa tradicional e divertida que tivemos o gusto de celebrar. 
Para levala a cabo, por mor da COVID-19, tivemos que modificar moitas das cousas que faciamos en anos anteriores. Cumprindo o protocolo establecido e coidando todas as medidas de seguridade que necesita o momento actual, renunciando ao pasarrúas na nosa vila de Bouzas, seguimos contando coas familias que colaboraron na montaxe dunha  fermosa pasarela, na que dende os máis cativos ata os maiores desfilaron engalanados cos seus fermosos disfraces. 
O día acompañou, e nun día capicúa, 12-02-2021, no que brillou o sol, as cores do entroido invadiron a escola.
O día transcurriú rápido e logo do traballo nas aulas, baixamos ao patio de infantil onde sacamos as tradicionais fotografías de grupo. 
4º EI: NIN BOS NIN MALOS, LOBO FEROZ. 
 



5º EI: OS FEITICEIR@S DOS CONTOS: MEIGAS. 
 
6º EI: ANIMAIS DE CONTO 
 

1º EP: LUGARES DE CONTO 
 
2º EP: OS PRINCIPES E AS PRNCESAS DOS CONTOS 
 


3º EP:OS IMAXINARIOS DOS CONTOS: FADAS, ELFOS, SEREAS, ALICORNIOS E DRAGÓNS 
 
4º EP: APÓCEMA MÁXICA.
5º EP MONIFATES DE CONTO 

 

6º EI MONICREQUES DE LENDA 

 

Tivo lugar o xuizo do Meco, o Sr. OGROVIRUS,  ao que rifamos e castigamos por todo o que nos fixo subrir ao longo da semana. A sentenza foi clara, ducha de viricida, máscara e vacina.


Nós gozamos moito da festa e esperamos que os rapaces chegasen a casa cun gran sorriso neste día tan especial.

 https://photos.app.goo.gl/B2R9qmMP3PZ2ZPfa8

Viva o entroido! 

Nos acompañaron no desfile as seguintes cancións:

  • La brujita tapita. Hernández
  • Los animales. Canciones indantiles, baile mini disco Django Music&Publishing, 
  • Nun castelo, TIC TAC TOC PABLO DÍAZ
  • Suéltalo, sueltalo,... de Frozen y Bidibi badibi bu de la Cenicienta,
  • Cuéntame un cuento de Celtas Cortos,
  • Savage love, de Jason Derulo
  • Guerreira do Arco da vella de GRAMOLA GOMINOLA
  • O Trasno de Pablo Díaz.

 https://youtu.be/RLWfBoM3tg0


 

 



xoves, 11 de febreiro de 2021

11 DE FEBREIRO DIA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe queremos visibilizar a todas as mulleres que ao longo da historia do mundo teñen traballado na ciencia pero que parecían invisibles. Entra nesta actividade, participa, xoga e toma nota: ao mellor dentro dun tempo algunha de vos estades nunha lista así. Quen sabe?
Gustouche ? Escribe aquí abaixo nos comentarios (ou ao correo da biblioteca : biblioteca@colexiorocio.com) o teu nome contando cales son as 5 mulleres científicas ou inventoras que máis te interesaron e por que. Recibirás un PIKEURO por cada unha!!!

luns, 8 de febreiro de 2021

Os mandadiños do meco. Martes 9.

Monicreques na casa 4

Quenda da familia BARCIA FUENTES. 

SODES UNS ARTISTAS DE CONTO!

Monicreques na casa 5

A familia Bellido Varela, con Carapuchiña.
 Grazas.
 

#MonicrequesNaCasa(3)

A familia Abelleira sorpréndenos con CARAPUCHIÑA 2.0. Moitísimas grazas!, sodes uns artistas!.

#MonicrequesNaCasa(2)

Chega a quenda da FAMILIA CASTRO GARCÍA, que bonita representación, moitísimas grazas!.

#MonicrequesNaCasa

Chegan as primeiras produccións de  #MonicrequesNaCasa. Fenomenal a creatividade das familias.

Comezamos coa familia ALONSO RODRÍGUEZ.

GRAZAS!

venres, 5 de febreiro de 2021

OGROVIRUS, O MECO DO RESÍO

 Parece mentira pero,... xa é tempo de Entroido. O tempo pasa e xa estamos preparados para gozar desta festa tan tradicional.

Hoxe apareceu un monstro na escola, verde, e moi feo, uns pensan que é un moco, outros que é o COVID-19, outros... O certo e que é un vilán, un vilán dos contos, é un OGRO. 

Todos teñen razón, é o...

OGROVIRUS 

Hoxe xa comezou a facer das súas, e deunos un mandadiño, aquí o tedes, en tempo de pandemia temos que facer unha retransmisión, non podemos xuntarnos, polo tanto, temos un MECO virtual. 

 https://youtu.be/COtJBkqI9rk



 

 


 

xoves, 4 de febreiro de 2021

UN SER DOUTRO PLANETA CHEGOU Á ESCOLA

 De quen será este ollo?


De quen será este nariz?

 



De quen é esta boca?

 



Será do lobo do conto de carapuchiña?

NON, É O MECO, O SR. OGROVIRUS.


 

mércores, 3 de febreiro de 2021

MOCHILAS CONTISTAS

 Familias, por fin saen da escola as...

 MOCHILAS CONTISTAS!

Este curso costounos moito montar a mochila, e temos que agradecer enormemente á ANPA  a fabricación duns fermosos teatriños para que en familia deixedes voar a vosa imaxinación e crear fermosas historias para gozar delas na escola.

Esperamos as vosas creacións!