domingo, 27 de decembro de 2020

DESCUBRIMOS A GIANNI RODARI

 Ola , familias !

Supoño que despois destes días solleiros, tivestes tempo de dar uns paseíños por Bouzas e por Navia e atopastes os Carteis do Xogo :  Descubrimos a Rodari que están situados en diferentes lugares das dúas parroquias.


Se queredes xogar, seguide estes pasos:

- Saíde da casa cun móbil e a Carta de Xogo co plano dos lugares onde hai cartel.( Bouzas e Navia). 


- Cando atopedes algún deles, tomade nota do número que ten ese cartel e lede o código QR co móbil que vos levará a un vídeo.

- Veredes un vídeo de nenas e nenos do colexio falando sobre un conto de Rodari , a cada cartel correspondelle un vídeo distinto . Hai 14.

- Mirade na parte de atrás da Carta de Xogo onde aparecen os libros, relaciona o que contan no vídeo con algún dos contos .

-Entrade aquí no blogue e escribide abaixo en Comentarios as respostas : número de cartel co título do conto . 

Non esquezades poñer o voso nome !!!

Non é necesario encontrar os 14 , pero cantos máis mellor, mais Pikeuros conseguiredes. Podedes entrar a comentar cantas veces queirades. Os comentarios non se farán públicos ata rematado o xogo á volta das vacacións.

Felices paseos !,

 Felices contos ! 

e ....    

 BO NADAL!




mércores, 23 de decembro de 2020

AGASALLO DE NADAL

 Unha fermosa árbore colaborativa, para a porta de entrada da escola. Grazas familias pola vosa colaboración para elaborar entre todos unha fermosa ÁRBORE DE NADAL.

 


Con ela mailos debuxos do alumnado, seleccionados tras un proceso totalmente democrático, unha agarimosa POSTAL DE NADAL.

 






martes, 22 de decembro de 2020

FESTIVAL DE NADAL

 Benqueridas familias, chegou o día, hoxe, por primeira vez, e por mor dunha pandemia mundial, temos que facer un FESTIVAL DE NADAL VIRTUAL.
 O alumnado nas aulas estivo a preparar con moito agarimo o seu agasallo de Nadal, unha marabillosa actuación que foi gravada nestes días para presentar hoxe ás 10.30h. e poder gozar con él en todas as aulas de xeito simultáneo.
 
 
Aquí vos deixamos a ligazón as fotografías do evento. 
 
PREME NA IMAXE

 
Grazas por toda a vosa colaboración e paciencia neste trimestre tan "especial"

BO NADAL!