Amosando publicacións coa etiqueta DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de novembro de 2024

25 DE SANTOS, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Grazas familias pola vosa colaboración nesta fermosa actividade   familia-escola.

Por unha banda, dicir que a  decoración das mans foi marabillosa, e a árbore de repulsa contra calquera acto violento quedou estupendo.

 

Logo, que dicir das grabacións. Este é o video conxunto de repulsa contra a violencia.

Hoxe, na escola, o alumnado de sexto representou o conto "Vivan las uñas de colores".


 

Logo todos os nenos e nenas, mestres e mestras pintaron as unllas. Esto si que foi unha gran sorpresa para todos!


 





luns, 25 de novembro de 2019

CONMEMORACIÓN DUN DÍA INTERNACIONAL

Hoxe na escola, tivo lugar un pequeno acto para conmemorar o Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller (establecido pola ONU o 17 de  nadal do 1999). Xuntámonos todos no patio de infantil, para escoitar un pequeno texto lido polo alumnado de 6º  de primaria; era  o retrouso da canción "Ella" de Bebe.

"Hoxe descubrirás que o mundo é só para ti.
Que ninguén pode facerte dano.
Hoxe vas comprender que o medo pódese romper dunha soa portada.
Hoxe vas facer rir.
Porque os teus ollos cansáronse de ser pranto"

Ao tempo que soaba a canción, o alumnado colgou dunha árbore seca da horta, lazos morados como símbolo reivindicativo e  como xeito de expresar o apoio á igualdade de dereitos a nivel social e laboral. Ó uso da cor morada como símbolo da loita feminista, adoptouse a partires do 1908, cando se comezou a usar en defensa do voto feminino.

luns, 27 de novembro de 2017

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



TIRA DE LUIS DAVILA DO FARO DE VIGO

O pasado mércores, o alumnado de quinto e sexto curso de primaria tiveron unha charla informativa na sala de usos múltiples da escola para conmemorar o Día Mundial contra a violencia de xénero. Esta charla impartiuna a Policía Nacional dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA  DA SEGURIDADE DOS CENTROS EDUCATIVOS E A SÚA CONTORNA.
GRAZAS!