Coa chegada do outono entramos no tempo do Samaín. Como en cursos pasados, as familias estades a traer cabazas decoradas na casa con aspecto de caveira. Lembrade que mañá remata o prazo de entrega de cabazas que formarán parte do noso...
TUNEL DO MEDO
Este venres, o alumnado poderá vir disfrazado con motivos desta festividade.
Como nos últimos cursos escolares, o día da festa do SAMAÍN, nenos e nenas de sexto curso de primaria tocan unha canción ao resto dos nenos de primaria e posteriormente fanno no túnel do medo.
A FESTA DO SAMAÍN chega de novo a nosa escola. Esta festividade, esquecida durante un tempo, recobra nos últimos anos a súa importancia, dende que nas escolas se conmemora. Esta festividade, era descrita como un encontro cos espiritos dos defuntos que tiñan autorización para camiñar entre os vivos nas datas do 31 de outono e o 1 de santos.
Na escola traballase moito esta data. Para celebrar o Samaín, hoxe xoves 29 de outono, fixemos unha festa de medo. Na festa houbo esqueletos, vampiros, zombies, bruxas,...
As nenas e nenos de 4º de Primaria fixemos tamén un videoclip, que podedes ver a continuación: A familia de Angel Gándara, de terceiro de primaria, fixo esta montaxe. Paga a pena vela malia que ten algúns erros lingüísticos.
Grazas a tódalas familias por colaborar. Sen o voso traballo esta exposición de cabazas para dar vida ao noso tunel do medo non sería posible. Na escola dase moita importancia á superación dos medos. Na biblioteca organizouse una exposición de contos que falan do medo. Contos tan interesantes como, FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS (editorial OQO).
Agora unhas curtas que vos van gustar.
Tamén podedes ver esta canción en portugués. Hai algunha cousa que non entendas?
O alumnado do quinto e sexto curso de educación primaria asistiron ao Auditorio NovaCaixaGalicia para gozar do espectáculo musical "Invención a cargo de Odaiko Percussion Group.